Plagio

Nesta entrada e totalmente relacionado co coñecemento aberto, coas novas tecnoloxías e coa forma na que aprendemos a través delas, gustaríame tratar o fenómeno do plaxio, xa comentado nas sesión de clase.

Como xa expresei noutra entrada, a educación aberta, o coñecemento aberto e os software libres son conceptos que, actualmente, están moi presentes nos análises de problemáticas, discursos e reflexións no tocante á innovación educativa, a tecnoloxía educativa e a educación en xeral. Unha destas problemáticas é o plaxio, un tema que se coloca sobre a mesa do debate no ámbito, sobre todo, educativo, debido á falta de información e formación nas novas xeracións sobre o tratamento e manexo da información, en xeral, e da información exposta nas redes de maneira aberta, en concreto.

Segundo a RAE plaxiar é “copiar una idea o una obra literaria, artística o científica de otro autor, presentándola como si fuera propia”.

O plaxio, como se sabe, non é un tema alleo á realidade actual senón que, todo o contrario, este fenómeno foi aumentando converténdose nunha conduta frecuente e normalizada entre a sociedade grazas ás novas tecnoloxías e a masiva información dispoñible en diversas plataformas dixitais. Sen embargo, esta conducta xa ten a súa propia lei de penalización na cal se define como un delito contra a propiedade intelectual, delito especificado nos artigos 270, 271 e 272 do Código Penal.

Para concretar un pouco máis sobre a penalización que ten como consecuencia o plaxio podemos dicir que estas dependen do ámbito no que se produzan pero, con respecto ao que nos interesa a nós, no ámbito educativo pódense clasificar como unha falta leve, grave ou moi grave  podendo ter, entre outras moitas consecuencias, o suspenso directo dunha materia.

Ben certo é que o plaxio é un fenómeno moi investigado e discutido, sobre o que se ten moita información, sobre o que existen moitas definicións, sobre as súas consecuencias, etc, pero sobre o que todo iso non reúne as condicións, ata o momento, para combatelo totalmente xa que a dificultade de detéctalo segue estando presente a pesar do avance das novas tecnoloxías que xa constrúen aplicacións para detéctalo.

Como conclusión gustaríame expresar que, como se sabe, a tecnoloxía avanza de maneira vertixinosa tanto de maneira positiva como negativa, dependendo do emprego que se faga das novas tecnoloxías. Sen embargo, con respecto á temática “Plaxio”, a tecnoloxía brindou a oportunidade de detectar esta conducta a través de aplicacións, moitas delas xa de balde, que axudan a localizalos, polo menos, os feitos a través das redes.

Educar as novas xeracións nos dereitos de autor, no emprego correcto das novas tecnoloxías e no correcto tratamento e emprego da masiva información existente en Internet é un gran paso que debemos dar para derrotar estas conductas negativas. Sen embargo, unha vez máis, penso que é esencial a boa formación, principalmente, dos docentes que actúan e educan ás novas xeracións no que respecta ao ámbito tecnolóxico xa que, as novas tecnoloxías, o uso das mesmas e masiva información existente son fenómenos que están inundando a sociedade, en xeral, e a sociedade educativa, en particular.

Referencias Bibliográficas:

Ley orgánica 10/1995 de 23 de noviembre. Código Penal (Capítulo XI,  Artículos 270 a 272).

Temiño, I. (2009) El plagio en la era de las nuevas tecnologías. Icade: Revista cuatrimestral de las Facultades de Derecho y Ciencias Económicas y Empresariales. Nº 78, pp. 177-192.

 

    • Irene A
      Irene A

      Hola Lucía. Me ha gustado mucho tu entrada, me parece que expones de una forma muy clara lo que es el plagio y lo que supone que una persona lo cometa. Estoy de acuerdo con lo que dices, y añado que, a pesar de ser un tema tan investigado y discutido, no deja de ser algo que pasamos por alto a menudo y no comprendemos en sus totalidad lo que supone plagiar a otra persona.

      Destaco tu concusión, sobretodo cuando escribes que educar a las nuevas generaciones en esta materia es fundamental, y que está en las manos de los educadores y educadoras hacer comprender a los jóvenes la importancia de la propiedad intelectual y del correcto uso de la tecnología. Que tengamos acceso a los conocimientos no quiere decir que no debamos dar crédito a quienes lo merecen. 

    últimos comentarios