Software libre: posible "antes e despois" no mundo?

    Nazaret
    Por Nazaret

    Ola outra vez a todos!

     

    Volvo por aquí logo dunhas semanas un pouco intensas cos exames, pero xa volvo estar ao 100% para dedicarme ás miñas (últimas) entradas. Hoxe non vou falar de algo novo (ou, para algúns, quizás si!), xa que é un tema que abordamos e foi explicado na aula: o software libre. Unha vez que o escoitamos parece que é algo que algunha vez escoitamos, nos quedou na cabeza, mais non sabemos como nin por que. Pois, para comezar, partiremos dunha definición que, como alumnos de tecnoloxía e usuarios da mesma, debemos coñecer: que é un software? En relación coas miles de definicións atopadas en internet, entendemos que un software é un conxunto de programas e tarefas que permiten á nosa computadora realizar unha serie de actividades establecidas. Parece que agora o imos entendendo mellor, non? Pois indaguemos un pouco máis! Que se pode entender por “programa”? Un programa é o conxunto de instrucións que se lle dan ao aparello electrónico para que leve a cabo, como ben dixen antes, un traballo que se lle encomenda. Estas “pautas” aparecen escritas nun linguaxe que podamos entender as persoas, como pode ser, por exemplo: Pascal, Virtual Basic... para logo poder ser cambiado a un linguaxe “obxecto” ou “de máquina” o cal será interpretado pola computadora. A este proceso denomínaselle: proceso de compilación.

    Existen “dous tipos” de software, os cales se diferencian en función da liberdade que lle dean aos seus usuarios para tratar con el. Que quere dicir isto? Pois ben, por unha parte, podemos falar de software privado, o cal, como é de supoñer, impide aos seus usuarios o acceso ó código fuente (é dicir, os pasos que debe seguir o aparello para poder conseguir a tarefa que se lle plantexa) do programa que se está a empregar. Aquí, sen ir máis lonxe, podemos atopar o caso dos antivirus que, de seguro, temos todos instalados. Por outra parte, falamos do software libre, o cal nos queda moito máis claro unha vez que presentamos o anterior. Este último, caracterízase por darlle ao usuario a posibilidade de saber como se creou o programa que está manipulando. Aquí temos o exemplo do coñecidísimo Open Office.

     

    Que supón ou implica entón isto? De que xeito considerei correcto relacionalo con esta entrada da materia TECNOLOXÍA EDUCATIVA? Se nos poñemos a pensar na existencia destes dous softwares, e na continua evolución do uso da tecnoloxía en todos os ámbitos da nosa vida, podemos plantexarnos a seguinte cuestión: que pasaría se comezásemos a empregar programas na aula que facilitan enormemente a capacidade de comprender a teoría e de asentala pero, resulta que son de software privado? Pois estaríamos ante unha decisión tan importante e esencial como: pagamos X cantidade de diñeiro (supón que sería en todos os ordenadores de, practicamente, calquera sociedade mundial) polas licencias para conseguilo, xa que se non sería “pirata”; ou pechamos a porta á innovación nas aulas? Se a resposta fora a primeira, realmente a nosa sociedade quere ou pode permitilo economicamente?.

    É  por todo isto, polo que considero unha opción moi positiva a existencia de software libres, xa que non só estaríamos poñendo en disposición de toda a poboación un produto determinado, sen exención por nivel económico, se non que estaríamos ofrecendo confianza e participación á sociedade, o cal provocaría que calquera persoa con uns coñecementos básicos e unhas grandes ideas, podería melloralo e adaptalo, cada vez máis, ás necesidades de todo o mundo.  Sen dúbida isto pode ser o máis perigoso, polo que se tería que comezar a fomentar e convencer da necesidade da bondade social, que evite O aumento de este tipo de programas non elimina a existencia de software privados, pero si dá marxe á decisión de empregalos ou non. Ademais, e para rematar, se nos poñemos a analizar o ben propio (o cal, por desgracia, soe ser o que máis nos importa), vemos como ao mercar un ordenador sen sistema operativo instalado, o prezo redúcese considerablemente; podendo instalalo nós gratuitamente (Ubuntu, por exemplo).

     

    E vós, que opinades?

     




     

    REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS:

     

    Chamorro, M. (2008). Caleidoscopio, revista oficial del CEP Jaén, 1, 76-79.

    Bravo, F. (2008). Revista Ciencia UNEMI, 1 (1), 26-29.

     

    últimos comentarios