A verdade nas túas mans: FACT CHEKING!

    Nazaret
    Por Nazaret Comentarios (3)

    Para esta última entrada, gustaríame falarvos de algo que, aínda que non surxira na temática da aula, considero moi importante á par que interesante. A idea de comentar isto, xurdiu coa última clase interactiva: a experiencia do SCAPE ROOM, no cal, seguindo as pistas proporcionadas, deberíamos salvar á nosa mestra que se atopaba nunha prisión. Unha das actividades que tiñamos que realizar para continuar e poder saír vitoriosos, consistía en curar unha noticia, a cal estaba plagada de datos erróneos. Isto, non é un caso illado, xa que, sen darnos conta case o 99% das veces, estamos a asumir cifras e cantidades de certas cousas que se atopan ben lonxe da realidade. Por que sucede isto? Pois, baixo o meu punto de vista, considero que vivimos nunha sociedade infectada polo xerme do exceso de información incorrecta, que nos ve como monicreques, os cales dirixe cara os camiños que ela desexa e crea en nós ideas preestablecidas polos que xestionan toda a información que consumimos. Se queren facer ver que o tabaco é malo, amosarán unha cifra (máis ou menos real) que nos deixe realmente asustados, se, pola contra, ese medio de publicidade saca algún beneficio por parte das tabaqueiras...SORPRESA! fumar non é tan malo, ata igual nos fan crer que é peor saír a andar. Todo isto crea persoas que parecen máis ben robots, dirixidos sempre por alguén superior. Pero isto, pouco a pouco e coa loita de todos, vai ir cambiando. Polo de agora, se non estás convencida/o ao 100% do que che din, eu douche unha alternativa!!

     

    Estou a falar do fenómemo  “fact cheking”, unha ferramenta que nace co obxectivo de revisar e comprobar como certas todas as declaracións públicas, ou para verificar as cifras e datos que se establecen nelas e mesmo en publicacións como as noticias dun xornal. Spinsanity, é a primeira plataforma que se dedicou a isto, e nace nos Estados Unidos no ano 2001, da man de tres estudantes recién graduados que procedían a presentar o proxecto que elaboraran. A súa intención era facer fronte á crecente retórica da política.

     

    O fact-cheking ten como obxectivo principal contribuír na esixencia de que os responsables políticos (principalmente), sexan responsables da información que transmiten á cidadanía e a necesidade de que melloren a calidade da mesma. Estamos a falar dunha iniciativa que se encontra en auxe e que deixa situacións como a de que, según o xornal El País, o 64% dos estadounidendes, recurriron a esta técnica para comprobar os discursos políticos nas ultimas elecións. Polo tanto, vemos como a tecnoloxía neste momento xoga como unha “rede de escape” á realidade que nos presentan a través de, por exemplo, as fake news.

     

    Actualmente, se estamos interesados na realización da verificación da información, podemos facelo dende diferentes páxinas, como Malditobulo (https://maldita.es/), Newtral (https://www.newtral.es/),FactCheckExplorer (https://toolbox.google.com/factcheck/explorer) ou AFP Factual (https://factual.afp.com/).

     

    Espero que vos guste esta última entrada e que disfrutedes lendo e, sobretodo, coñecendo a verdade!.

     

     

     

     

    REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS:

     

    Fink, K., & Schudson, M, (2014). The rise of contextual journalism, 1950s-2000s. Journalism: Theory, Practice & Criticism, 15(1), 3-20. DOI: https://doi.org/10.1177/1464884913479015

     

    ‘Fact Checking’ o la moda de la comprobación de datos políticos | Internacional | EL PAÍS. (s. f.). Recuperado 28 de mayo de 2019, de https://elpais.com/internacional/2012/10/17/actualidad/1350495934_440838.html

      • Paula Vilar
        Paula Vilar

        ¡Hola, Nazaret! Me ha parecido muy interesante tu entrada y con ella he podido aprender un nuevo concepto: el fact checking. Es cierto que a día de hoy estamos saturados de información, debido a todos los medios existentes, y que es muy difícil saber que fuentes mientes y cuales dicen la verdad. Por eso creo que es muy importante esta herramienta, para poder verificar las noticias que leemos y para poder asumir unos datos cien por cien fidedignos.

        • Ana Karina Obaya
          Ana Karina Obaya

          ¡Hola Naza!

          Muchas gracias por tu última entrada, me ha parecido muy interesante y coincido al 100% con ella. El tema de la información en Internet es algo que casi todo el mundo nos la creemos a la primera, como nosotros ese día en el Escaperoom jajajaja. Es por eso, que tener en nuestra mano hoy en día esas plataformas para intentar evitar esto es un gran avance para que se nos deje de ver como "monicreques" como dices tú y para comprobar que todas las informaciones que tenemos a nuestro alcance son ciertas.

          Un saludo!!

          • Nazaret
            Nazaret

            Moitas grazas ás dúas por comentar, alégrome de que vos gustara!! (:

          últimos comentarios