Como mellorar o futuro partindo do presente

O pasado martes 4 de febreiro nomeamos un autor importante para a tecnoloxía da educación, Ben Williamson. Este escritor fálanos da importancia que exercen as novas tecnoloxías na educación, tanto no momento actual como nunha perspectiva futura. A frase que captou a miña atención foi a seguinte: “aprendemos en calquera momento e en calquera lugar. A escola debe estar relacionada co que ocorre no mundo”.
Seguido disto, comecei a pensar: se o contexto actual está marcado pola tecnoloxía, e dende a nosa perspectiva máis estreitamente polas redes sociais, como podemos aproveitar estas para unha mellor formación? É posible que nos acerquen certas oportunidades para traballar competencias e técnicas que non se poden desenvolver doutro modo?
Resultado de imagen de tecnologia educativa y futuro
Neste post voume centrar nas redes sociais como espazo de formación para o profesorado. Sen embargo, isto non quere dicir que estes axentes sexan os verdadeiros protagonistas, senón que a formación destes será unha ferramenta para incrementar o protagonismo dos verdadeiros axentes da educación, o alumnado.
 
En toda a nosa vida académica fomos partícipes de plataformas como aulas virtuais, blogs, webs de búsqueda de información, etc. No eido máis persoal, á vez que nos ensinaban a empregar estas ferramentas, comezamos a facer un uso habitual das chamadas redes sociais.
A Real Academia Española entende por rede social o que se di a continuación: “servizo da sociedade da información que ofrece aos usuarios unha plataforma de comunicación a través de internet para que estes xeren un perfil cos seus
datos persoais, facilitando a creación de comunidades con base en criterios comúns e permitindo a comunicación entre os seus usuarios, de modo que poden interactuar mediante mensaxes, compartir información, imaxes ou vídeos, permitindo que estas publicacións sexan accesibles de forma inmediata por todos os usuarios do seu grupo”.
 
Se ben é certo que esta definición engloba un gran espectro, o autor Manuel Area (2008) divídeas nunha tipoloxía máis concreta, abaixo aparece o enlace onde podedes ler esta clasificación e comentar se estades dacordo ou do contrario, se proporiades outra distinta.
Se o noso presente, e todo indica que futuro próximo, está marcado por esta nova revolución da tecnoloxía, debemos sacarlle o máximo partido e utilidade. Un dos primeiros aspectos a destacar é a posibilidade de compartir coñecemento, aprendendo de maneira cooperativa e colaborativa. Deste modo créase un espazo onde ao profesorado lle resulte máis doado comunicarse e fortalecer un vínculo entre eles que teña unha meta común: mellorar a educación dos seus discentes. O feito de dispoñer dun coñecemento público e accesible facilita e motiva a crear un clima de participación. Asemade, axuda a comunicar as experiencias persoais e individuais que poden resultar
de utilidade para o colectivo. Destacar que a importancia desta formación non reside tanto na colectividade se non na colaboración, debido a que todos os membros deben traballar de maneira cooperativa para mellorar a calidade da educación.
 
Formar ao profesorado mediante esta metodoloxía implica que á súa vez se traslade ao seu alumnado. Isto trae vantaxes como labrar a competencia do traballo autónomo, darlle maior protagonismo ao alumnado dun xeito individual, fomentar a creatividade e desenvolver unha capacidade crítica entre outras.
 
En suma, non se debe perder de vista nunca o contexto no que nos atopamos e máis cando se trata de educación. Este marcará as pautas das necesidades da sociedade e por iso debemos formar aos formadores seguindo esa análise do ambiente no que está a vivir a sociedade actual. Deste xeito, das necesidades deben saír novas oportunidades que axuden na aprendizaxe do alumnado, xa que estes son a inversión do futuro.
 
 
Referencias bibliográficas:
Area, M. (2008). Las redes sociales en Internet como espacios para la formación del
profesorado. Razón y palabra,13(63).
Pazo, A. J. (2018). Avril Loveless y Ben Williamson (2017). Nuevas identidades de
aprendizaje en la era digital. Revista de Investigación en Educación,16 (2), 197-201.
Real Academia Española (2019). Diccionario del Español Jurídico. Consejo General del
Poder Judicial.
    • Diego Lomba Hermo
      Diego Lomba Hermo

      Boas Mencía! Estou moi de acordo coa túa entrada porque creo que hoxe en día pódese aprender case todo o que os curriculums establecen para as diferentes etapas escolares botando unha ollada ao que temos arredor e empregando todas as ferramentas que o momento no que vivimos nos ofrece, e a través das cales podemos convertirnos en persoas autónomas na procura de información, coñecementos e aprendizaxes que van a ir cambiando e cambiandonos a nós mesmos á vez, ata convertirnos en cidadáns máis conscientes do que tempos nas nosas máns e dos seus usos.

      Para chegar a iso, os usos e as oportunidades que ofrecen as TIC´s deben ser promovidas tamén polo profesorado buscando a integración da tecnoloxía nas aulas tanto para axudar a formación dos estudantes como tamén para propiciar que o propio profesorado se vaia formando á vez que nós e así poidan perfeccionar a súa praxis docente para coa sociedade e as futuras xeracións as que eles e nós imos educar.

      • Mencía Ponte Castiñeiras
        Mencía Ponte Castiñeiras

        Totalmente dacordo Diego,  ademais as TICs teñen multitude de vantaxes como a facilidade para contactar co profesorado, por exemplo mediante o correo electrónico; permite avaliar a efectividade e das actividades empregadas polo profesorado mediante enquisas para mellorar o funcionamento das clases e axuda a reducir o consumo de papel, xa que se poden empregar plataformas virtuais ou outras metodoloxías.