Tecnoloxía e educación: amigos ou inimigos?

Para comezar este nova aventura, igual que comezamos as clases expositivas, farei unha pequena reflexión sobre o uso das novas tecnoloxías nas aulas.

É evidente que hoxe en día a tecnoloxía está presente en todos os ámbitos e situacións da nosa vida cotiá, polo que non sorprende que exista debate sobre se son útiles e necesarias ou contraproducentes no contexto aula.

Un dos argumentos que se utilizan para rexeitar o uso das tecnoloxías nas aulas é que pode crear desigualdades, xa que non todos os centros se poden permitir un aumento nas inversións de recursos tecnolóxicos. A súa vez, non todas as familias contan co nivel económico necesario para ter acceso a dispositivos electrónicos e a internet (por non falar das familias numerosas, que podería ser inviable), polo que habería nenos que tivesen máis dificultades que outros. Outro dos argumentos máis utilizados é a falta de formación en competencia dixital do profesorado, sobre todo dos que teñen mais antigüidade, así como que os recursos electrónicos poden fallar ou promover o ciberacoso.

Pese a todo isto, considero necesario defender o uso das tecnoloxías na aula polos seguintes motivos. Por un lado, permiten facer as clases máis dinámicas e expoñer os contidos de forma visual e entretida, polo que o alumnado estará máis atento, así como tamén permiten unha formación continua. Permiten acceso directo á gran cantidade de información, de maneira que o alumnado adquirirá competencias en búsqueda, selección e creación de contidos. Ademais,  é innegable (como dixen antes) que a tecnoloxía forma parte das nosas vidas, e que mellor sitio para aprender a facer un bo uso delas que mediante a educación?

Para poder facer un bo uso delas, primeiro debemos actualizar ao profesorado para que teñan as competencias necesarias para facerlle fronte a esta situación e para que poidan solucionar calquera dúbida do alumnado. Algo a ter en conta é que se debe fomentar o uso das tecnoloxías na aula, pero non obrigar a utilizala na casa, pois debemos entender que non todas as familias teñen os mesmos recursos.

Ademais, paréceme importante  destacar que o uso das tecnoloxías na aula debe levar implícito certos valores e normas (Que debe fomentar a educación) como respectar os dereitos de autor, e respectar a todo o mundo: debemos facerlle entender dende pequenos que as tecnoloxías se teñen usar de forma responsable e, en ningún caso, para meterse con ninguén

Por último, debemos entender que é un recurso no que debemos apoiarnos, é dicir, a metodoloxía empregada non debe basearse só na tecnoloxía, pero si debe apoiarse nela e utilizala de xeito responsable e eficaz. Así que, eu téñoo claro, a tecnoloxía e a educación deberían ser amigos.

Que opinas ti sobre isto? Abusamos das novas tecnoloxías nas aulas? Deberían ser amigos ou inimigos? Espero que vos gustase o post, léovos nos comentarios.

 

 

Referencias bibliográficas

Aliaga, F., & Bartolomé, A. (2006). El impacto de las nuevas tecnologías en educación. T. Escudero y A. Correa. Investigación en Innovación Educativa. Madrid: La Muralla, 55-88.

Martín-Laborda, R. (2005). Las nuevas tecnologías en la educación. Madrid: Fundación AUNA, p4.

    • Diego Cerviño Cerviño
      Diego Cerviño Cerviño

      Gustoume moito a túa entrada, Paula. Está claro que este debate que presentas está de ''moda'' dende xa hai uns anos. Persoalmente teño a mesma posición ca ti: a tecnoloxía debería estar integrada na educación, xa que esta aporta moitas máis vantaxes que desvantaxes, pero sempre en cando esta integración se realice dun xeito eficaz e educando baixo as bases do respecto e da igualdade.

    últimos comentarios