BLOG 1. ¿Es posible hoy aprender sin tecnología? Propuestas de formación con tecnología. ¿Por qué y para qué? ¿Con que enfoque de la formación y de la tecnología?

Na sociedade actual estamos nun punto álxido de evolución e cambio en todos os ámbitos da vida cotiá e sobre todo na educación coa incorporación das novas tecnoloxías e o uso que se fan das mesmas, o que non quere dicir que sempre se fagan de maneira correcta (aspecto importante a tratar á hora de introducirnos nas tecnoloxías). Un verdadeiro uso da tecnoloxía pódenos facilitar ferramentas, recursos, metodoloxías máis dinámicas, enriquecedoras e innovadoras, ademáis de novas formas de construir e transmitir  novas aprendizaxes e posteriormente potencialas.

"El uso de las computadoras y de los distintos desarrollos vinculados a las tecnologías digitales de la información y la comunicación han sido presentados no sólo como las herramientas por excelencia para la mejora de la educación, sino como factor de modernización de los sistemas educativos". (Sáncho J, 2006).  Hoxe en día, vivimos rodeados de tecnoloxía e prácticamente a empregamos para todo na nosa vida diaria, xa sexa para comunicarnos, para buscar información, subir fotos e vídeos ou simplemente compartir puntos de vista nas distintas redes sociais. O uso da tecnoloxía implántase cada vez máis nas aulas xa sexan a través dos profesores/as, por exemplo para realizar a clase coa axuda dun ordenador e un proxector, ou o alumnado dispoñendo de ordenadores ou tablets individuais a través das cales poden realizar actividades relacionadas co temario e supervisadas polos tutores; pero aínda se podería dicir que falta un camino longo por percorrer neste sentido. 

En xeral, son moitas as ventaxas que nos achegan as tecnoloxías xa que che permiten ampliar canles de comunicación, realizar estudos a distancia, o aceso a información por medios dixitais, actividades interactivas para fortalecer a aprendizaxe e tamén para desenvolver unha autonomía persoal, pero, o seu uso pode ser unha arma de dobre filo xa que así como poder ser todo ventaxas tamén ocorren inconvenientes mediante un uso continuado e sen descanso o que pode producir problemas de saúde, sociais, etc. Dito isto, considero que sería a día de hoxe imposible aprender sen o uso da tecnoloxía xa que estamos situados nun punto onde sería imposible volver as costumes de antes sen a existencia da mesma. 

https://i2.wp.com/www.revistanuve.com/wp-content/uploads/2018/09/Educaci%C3%B3n-y-TIC.jpg?resize=710%2C424&ssl=1 

En canto as propostas de formación coa tecnoloxía é imprescindible que a comunidade educativa esté aberta as innovacións tecnolóxicas e as achegas de novas prácticas nas aulas relacionadas coas TIC grazas as cales poden potenciar non só os coñecementos do alumnado e abrir novas portas cara o futuro senón que tamén pódese paliar o uso tradicional e non motivador das prácticas empregadas pola maioría do profesorado achegando cambios nas aulas e nas súas metodoloxías de traballo, polo que tamén éstes/as teñen que ter actitudes de compromiso co cambio. Ao mencionar á comunidade educativa por suposto non só entran en xogo os profesores/as e demáis educadores senón que tamén os pais e as nais xogan un papel importante á hora da súa colaboración e implicación na introdución das tecnoloxías na educación dos seus fillos/as.

Nesta mesma liña, informeime a través dun estudo da Universidade de Jaén sobre a importancia das TIC nos colexios e a formación que falta nos docentes,  ademáis dos aspectos que cita o alumnado sobre os recursos (Perea, 2014).

  • Os recursos informáticos son insuficientes nas aulas.
  • Manexan ferramentas básicas coma copiar e pegar pero afirman que necesitarían mellorar no uso da web e do software educativo, por exemplo.
  • Por outra parte pensan que deben de interacionar máis coas tics e que deben de manter unha práctica reflexiva para unha mellor inclusión das tecnoloxías.
  • Con respecto ao uso pedagóxico das tics na aula, os suxeitos aclaran que os recuersos tecnolóxicos favorecen a motivación dos alumnos para o proceso de ensinanza-aprendizaxe
  • Os docentes deben estar formados correctamente para eses recursos xa que ten moita importancia nos recursos tecnolóxicos para o desenvolvemento posterior do alumnado.

A través destes puntos podemos comprobar que este patrón de falta de formación docente en canto ao uso e implantación das novas tecnoloxías nas aulas e de recursos imprescindibles para o desenvolvemento das TIC repítese en moitos colexios e institucións educativas polo que é imprescindible concienciar á sociedade de que o seu uso é primordial á hora de levar a cabo unha educación moderna e con miras cara ó futuro, baseada nunha metodoloxía onde o alumnado desenvolva de maneira interactiva, crítica e creativa todo o seu potencial .

Por último, con respecto ao enfoque da formación e da tecnoloxía temos que ter en conta que o uso das tecnoloxías teñen pros pero tamén contras tanto na educación como no día a día como mencionabamos ao principio. A utilización da información que adoptamos a través de distintas bases de datos poden ser unha forma de aumentar os nosos coñecementos e actualízalos pero tamén poden transmitirnos información errónea do tema que desexamos tratar. En definitiva, é imprescindible formar á sociedade e sobre todo na educación dende abaixo nun uso correcto da tecnoloxía para obter non só dita competencia no uso das TIC a cal é importante hoxe en día para desempeñar calquer traballo senón para seguir formando a persoas cada vez máis preparadas e con máis información sobre distintos temas da sociedade.

 

Referencias Bibliográficas:

Sancho, J.(2006). De tecnologías de la información y la comunicación a recursos educativos. En Juana Sancho (coord..) Tecnologías para transformar la educación. Madrid. Akal. Pags. 15-49 

Perea, A. (2014). Importancia de los recursos tecnológicos en el aula, formación de los docentes y manejo de las herramientas tecnológicas (trabajo Fin de Grado). Universidad de Jaén.

 

 

 

 

 

 

    • Miriam Otero Aguete
      Miriam Otero Aguete

      Ola Raquel! 

      Coincido contigo en que é primordial educar nun bo uso dos recursos tecnolóxicos, posto que estas ferramentas poden ser moi útiles e proveitosas se se saben empregar correctamente. Paréceme moi interesante o que apuntas sobre a motivación do alumnado, posto que, como ben dis, empregar metodoloxías pouco estimualantes é algo bastante extendido entre o profesorado, polo que sería necesario facer cambios nas metodoloxías de traballo incluindo, por exemplo, as TIC. 
       
      Por último, tamén me gustaría incidir sobre o papel fundamental que ten a formación docente para o emprego das tecnoloxías na aula, xa que o profesorado é un pilar fundamental para transmitir un coñecemento adecuado sobre o bo uso da tecnoloxía.