Blog.1. É posible hoxe aprenden sen tecnoloxía?

Actualmente a tecnoloxía forma parte da nosa vida, é raro que durante as 24horas que ten o día non fagamos uso dela, para informarnos do que acontece no mundo, para buscar información ou simplemente para saber que tal lle foi o día a unha amiga.

Actualmente vivimos nunha sociedade que queiramos ou non está ligada a tecnoloxía, ben sexa polo noso traballo, o ocio, a economía,... Por esta razón é importante ligar o noso aprendizaxe coa tecnoloxía pero, é posible aprender sen tecnoloxía?

Dende o meu punto de vista, si é posible aprender e ensinar sen o uso das tecnoloxías.

Non nos temos que ir moi lonxe para demostralo, as nosas avoas e avós aprenderon sen facer uso dela, pero é evidente que co paso dos anos o modelo educativo foi cambiando. A forma na que nos educaron non é a mesma a como educaron aos nosos avós nin como educaremos nós as novas xeracións, os tempos cambian e consigo a forma de aprender.

É por iso que vexo significativo o uso das TIC no ámbito educativo, xa que é evidente a influencia destas no desenvolvemento da infancia, das formas de aprender, de relacionarse, e de construír significados e valores sobre o mundo que nos rodea e para a concesión disto é esencial un profesorado convenientemente formado, cunha gran autonomía e criterio profesional. Pero tamén escolas con bos equipamentos; así como currículos actualizados, flexibles e capaces de conectar coas necesidades do alumnado.

Resulta difícil negar a influencia das tecnoloxías da información e da comunicación na configuración do mundo actual, aínda que non sempre sexa positiva para todos os individuos e grupos.

En xeral son moitas as vantaxes que rodean as novas tecnoloxías xa que fomentan a creatividade, o fácil aceso a información, o desenvolvemento da autonomía persoas e brinda flexibilidade e capacidade de adaptación, pero, o uso descontrolado destas pode ser prexudicial para a nosa saúde, vida social e co noso entorno, por iso é moi importante realizar un bo uso delas sen sobre pasar os límites.   

En definitiva, a tecnoloxía é un instrumento que nos obriga a renovarnos cada día e aprender un pouco máis, así como na evolución, dende o inicio do mundo, fúmonos adaptando para sobrevivir.

 

Referencias bibliográficas

Adell, J. (2018). Más allá del instrumentalismo en tecnología educativa. En J. Gimeno (Ed.), Cambiar los contenidos, cambiar la educación. Madrid: Morata

Burbules, N. &. Gallister,Th. (2001). Riesgos y promesas de las nuevas tecnologías de la información. Barcelona: Granica

 

 

    • Adela Abeijón Villanueva
      Adela Abeijón Villanueva

      Estoy muy de acuerdo con esta entrada de tu blog. Yo también creo que es posible aprender sin tecnologías pero también es cierto que es necesaria la formación permanente e ir avanzando a medida que nuestra sociedad lo hace.

      • Andrea Gil Miguéns
        Andrea Gil Miguéns

        Tu entrada es muy interesante, creo que si es posible aprender sin tecnologías pero es algo que no podemos evitar ya que están en nuestro día a día. Debemos de buscar el equilibrio entre ambas metodologías y potenciar sus beneficios.

        • Rocío Ramos Lamela
          Rocío Ramos Lamela

          Moitas gracias polos vosos comentarios Adela e Andrea é moi interesante ver que compartimos o mesmo punto de vista respecto da integración da tecnoloxía na educación. Un saúdo :)