Blog 1: O meu recuncho ou mellor dito o meu PLE

Ola!! Encantada de dar comezo ao meu blog espero poder compartir opinións cos meus compañeiros.

O meu recuncho ou mellor dito o meu PLE, termo que descoñecía e se non me confundo moitos dos meus compañeiros e compañeiras comparten conmigo dito descoñecemento, con este novo concepto comezou a nosa segunda interactiva, dende que nos embarcamos nesta materia todo está sendo moi novedoso para nos, ou polo menos para min si o é.

Como ía dicindo o Personal Learning Environment (PLE), é un novo descubrimento, pero logo da explicación da profesora e de diversos documentos que puiden ler, cheguei a entender que é, e para que nos resultaría útil na nosa vida cotiá.

Unha definición que se axusta perfectamente ao termo e que resulta fácil de comprender, é  a que recolectei de Adell e Catañeda (2013) ¨ Conjunto de herramientas, fuentes de información, fuentes de información, conexiones y actividades que cada persona utiliza de forma asidua para aprender¨.

Despois de entender que significaban estas siglas, percateime de que o meu PLE e terriblemente pobre, xa que está composto polas ferramentas básicas que todo o mundo utiliza, pero grazas a esta interactiva quedoume claro que temos que ir máis alá, é dicir non conformarnos co primeiro documento que atopamos, e sobre todo e moi importante destacar, que temos que ser capaces de buscar información en diferentes sitios webs, para poder contrastala e saber que o que estamos a escribir ou a aprender, realmente é unha información correcta.

Tamén puiden comprender que moitos sitios que acostumo ver pola rede, son realmente tecnolóxicamente educativos e fliables 100% e uns bos recursos para añadir ao meu recuncho persoal de aprendizaxe como poden ser os blogs, Flipboard, Instapaper, Scoop.it... e moitos máis que foron comentados na clase.

Pero quero destacar o último recurso que citei, pois con Scoop.it eu tivera contacto pero así como llo comentei a profesora na clase tamén o mostro aquí , fai anos eu tiven contacto con este recurso, realmente non recordo con que finalidade no lo ensinaron, eu sei que dende fai anos, todos os días me chega un correo que proven de dito recurso, e non foron poucas veces as que intentei bloquear ou facer que non me chegaran estes correos, pero todo isto ven dado polo descoñecemento que tiña sobre dita rede. Xa que a miña visión agora mesmo cambiou por completo, debido a que a profesora ao explicarlle a miña situación, explicoume cal era a función desta rede, e considero que é unha ferramenta que a partir deste momento me vai resultar moi útil para estar enterada sobre moitos temas do meu interese.Destacando sobre todo o ámbito profesional ao que me quero dedicar.  

Isto faime reflexionar e aprender de todo o que temos e por descoñecemento ou mal uso non sabemos aproveitar as cousas ao máximo, tivo que chegar esta materia para revolucionar o meu mundo tecnolóxico, e agradezo enormemente xa que eu coa tecnoloxía nunca me levei moi ben.

Para describir o meu PLE que espero ir completando pouco a pouco, sigo a estructura que mostra o artigo de Balhisay (2015):

En primeiro lugar  para  a búsqueda de información suelo empregar Google ou Google Académico. Outra ferramenta que para min resulta bastante completa e visible é Youtube, pois é unha plataforma que axuda a comprender a través de imaxes o que están explicando.

Outra ferramenta que non sei si realmente tería que ir nesta estrutura é a aplicación de Instagram, xa que é unha rede na que principalmente uso para compartir cousas, a partir de uns anos estou utilizandoa tamén para estar o día de algúns temas que me interesan e tamén para recoletar información que considero que me pode ser útil nun futuro profesional.

En segundo lugar temos a xestión e filtración da información, creo que tamén uso os básicos así como Word, Power Point ou drive son realmente as que máis emprego no meu día a día.

E para rematar para compartir información utilizo o mítico WhatsApp e como nomei antes Instagram.

Como reflexión final destacar que o meu PLE ten que mellorar bastante a abrir camiño a novos recursos non só para unha aprendizaxe persoal senón por estar o día, e como futura pedagoga que espero ser debo estar enterada ao máximo de todos os ámbitos que rodean a miña profesión e estas plataformas son bos materiais para cumplir dita necesidade.

 

Referencias:

Álvarez.D (2015, marzo 9). Gestionando el caos a través de mi PLE. [Blog]. Recuperado de:  https://e-aprendizaje.es/2015/03/09/gestionando-el-caos-a-traves-de-mi-ple/

Martín Gómez, S. (2018, octubre 17).¿ Qué es un PLE Entorno Personal de Aprendizaje? [Blog]. Recuperado de : https://edullab.webs.ull.es/wordpress/que-es-un-ple-entorno-personal-de-aprendizaje/