Blog 2: Analizando con lupa as series

Ola compañeiros e compañeiras!

O blog que quero compartir hoxe é unha pequena reflexión da clase expositiva que tivemos esta semana, pois o tema a tratar son as series, e como inflúen nas nosas vidas.

Todo o que nos rodea inflúenos de maneira directa ou indirectamente, e a maioría das veces cando vemos unha película ou unha serie, non estamos sendo conscientes que o que está ocorrendo nesa representación visual, mostra ou fai referencia a un momento concreto ou un episodio das nosas vidas.

Pois todo este tipo de contido ten como finalidade tanto mostrar para previr como para percatarnos de situacións conflictivas ou negativas que experimentamos día a día na nosa vida,  non sempre ten por que ser dunha forma persoal, senón tamén para concenciarnos sobre algúns temas que engloban a sociedade.

Cal é o fenómeno que fai que esteamos tan atentos as películas ou que non podamos parar de ver capítulos desa serie que estamos a ver?

Persoalmente opino que eu cando non podo parar de mirar unha serie é porque me parece moi interesante ao par que intrigante, e porque a miña cabeza comeza a darlle voltas ao que está ocorrendo e busca posibles solucións, comezas a imaxinarte cousas, e ques saber si o que pensas é o acertado, e esa é  maneira de non poder parar, pois ao final de cada capítulo sempre deixan unha trama aberta, para causar en nos esa incertidume.

Moitas das series que existen na actualidade ou polas que eu tiven a oportunidade de visualizar mostran temas moi importantes como pode ser o machismo ou a violencia de xénero, tamén facendo referencia a distintas enfermidades como o autismo, distintos síndromes como o de Down, Soto, Estocolmo. Outros temas a destacar o da inmigración e o de educación sexual.

Sobre o último tema quero profundizar un pouco máis, pois fai pouco rematei de ver unha serie que toca de maneira ampla a educación sexual, esta serie é Sex Education, e a partir de este blog fago a recomendación de que é moi interesante vela, ainda que na clase do outro día gustoume compartir opinións con algúns compañeiros que tamén a viran.

Gústame que este tipo de temas deixen de ser tabú, e por experiencia propia e seguro que a xeracións próximas a miña tamén carecen de educación sexual, pero creo nos cambios e considero que nos como futuros profesionais podemos facer cambiar moitos aspectos na educación e sobre todo cubrir esas carencias e necesidades das que nos contamos, e que tivemos que cubrir por conta propia.

Con esta reflexión quero deixar clara a miña posición sobre as series ou películas, pois considero que sí son positivas para a nosa aprendizaxe, tanto formal como informal, e facendo fincapé sempre nos valores que debemos respectar como seres humanos.

Para rematar o meu segundo blog, quero mostrar a miña satisfacción por esta clase, pois a maioría das veces reflexionas sobre o que ocorren nas series, pero mostrar en alto ou compartir estas reflexións con outros compañeiros e diferente, pois descobres perspectivas das que nunca te percataras e encántame aprender sempre a través do intercambio de opinións, e sobre todo con temas tan dinámicos e interesantes. Outro aspecto a destacar, que tamén o tratamos na clase pero que só o vou comentar porque si que me gustaría facer outra entrada sobre isto, é a facilidade de crear un perfil falso facéndote pasar por outra persoa, xa que en dita clase nos tivemos que crear un perfil nunha web que nos escolleramos e interactuar cos outros perfís falsos que crearon os nosos compañeiros. Considero que tamén é un tema moi importante para reflexionar sobre él.

    • Nazaret Mouta García
      Nazaret Mouta García

      Ola, Lara! Gustoume moito a túa entrada, e comparto contigo a idea de que as series e películas tamén nos permiten aprenden. Paréceme que son ferramentas de aprendizaxe valiosas, xa que ademáis de entreternos, poden reforzarnos valores como a empatía e respeto, ao poder os diferentes puntos de vista dos persoaxes e da súa historia. Espero a túa entrada sobre a identidade nas redes!

      • Paula Leis Bahamonde
        Paula Leis Bahamonde

        ¡Hola Lara! Me ha gustado mucho tu reflexión sobre las series y películas y apoyo la idea de que la mayor parte de ellas son educativas y podemos aprender mucho de ellas. Considero que nos podemos enriquecer compartiendo nuestros gustos y opiniones con los demás y a veces nos callamos porque pensamos que lo que vemos no es lo adecuado, pero todo puede educarnos. 

        • Aroa Fiunte Blanco
          Aroa Fiunte Blanco

          Boas Lara! Estou dacordo contigo en que tanto series como películas poden axudarnos moito no noso proceso de ensino-aprendizaxe.

          Pero por outra banda,  tamén considero que moitas das mesmas idealizan un tipo de vida ou de amor (como moitas películas infantís ou drmas románticos), expoñendo que eso é ao que se debe aspirar e provocando moitas veces un choque coa mesma realidade, que non é tan idílica como nos queren facer ver. 

          • Mar Gallego Fariña
            Mar Gallego Fariña

            ¡¡Hola Lara!! Me ha gustado mucho este blog y comparto muchas de las ideas que en el compartes. A veces es necesario pararnos a reflexionar sobre todo aquello que nos pueden aportar las series.

            La educación está en todos lados aunque, como bien dices tú, muchas veces no estemos siendo conscientes de ello.

            • Lara García Santamaría
              Lara García Santamaría

              Ola Nazaret, comparto contigo a túa posición pois son valores fundamentais que temos que ter presentes en todo momento, e respeto a entrada espero tela lista o antes posible!!

              • Lara García Santamaría
                Lara García Santamaría

                Hola Paula!

                Estoy totalmente de acuerdo contigo, pues de todas las opiniones sacamos algo en limpio, que nos ayuda a formarnos como personas

                • Lara García Santamaría
                  Lara García Santamaría

                  Ola Aroa!

                  Si comparto a túa opinión por completo, pero realmente a miña reflexión ía máis enfocada a temas de sensibilización, é dicir de representacións claras para resaltar as problemáticas existentes, que iso non quita a forma de idealizar algún tema.

                  • Lara García Santamaría
                    Lara García Santamaría

                    Hola Mar! 

                    Exacto lo mejor es aprender sin darte cuenta que lo estás haciendo

                  últimos comentarios