Blog 1. O meu PLE, Personal Learning Environment ou Espazo Persoal de Aprendizaxe.

Antes de que o concepto de PLE fose mencionado na clase de Tecnoloxía Educativa, tratábase de algo totalmente descoñecido para mín. Pese a que este foi explicado na clase, para o desenvolvemento desta actividade propúxenme investigar máis ao respecto e así responder con maior seguridade a: Que é un PLE? Como xestionalo da forma máis óptima?

Fiedler e Pata (2009) definen un PLE como unha colección de instrumentos, materiais e recursos humanos que o estudante usa nun determinado momento no contexto dun proxecto educativo. Adell e Castañeda (2010) conciben o PLE como o conxunto de ferramentas, fontes de información, conexións e actividades utilizadas habitualmente polo estudante. Attwell (2007) propón unha definición similar que describe o PLE como un cambio na práctica pedagóxica cara un aprendizaxe aberto, social e centrado no estudante. Tal e como apuntan Väljataga e Laanpere (2010), as definicións anteriores non implican necesariamente o uso de elementos tecnolóxicos. Sen embargo, o concepto de PLE necesita ser desenvolto de forma práctica, de maneira que docentes e estudantes poidan observar como a tecnoloxía pode contribuír a reaxustar o proceso de aprendizaxe (Chatti et al., 2010).

Actualmente, o noso día a día está condicionado pola tecnoloxía, pero sobre todo polos recursos informáticos; así pois o PLE acostuma estar formado por servizos atopados en Internet, que poden ser dende publicacións de autores ou periódicos electrónicos ata redes sociais como Twitter ou Instagram.

A través das TICs e cunha boa xestión dos recursos, a aprendizaxe ao longo de toda a vida cobra especial relevancia, posto que a información se atopa ao alcance de todos en calquera momento.

Volvendo ao concepto de PLE, este ofrécenos un sistema para a xestión do coñecemento, mais existen diferentes sistemas (como o Content Curation, o Entorno Persoanal de Aprendizaxe ou o Personal Knowlodge Mastery); sen embargo poderíase dicir que todos os enfoques comparten unha estrutura similar, como o punto inicial (buscar) e o final (compartir) que son iguais en todos os sistemas mencionados; mentres que as funcións entre ambos puntos varían, pódese destacar entre elas como similares a de organizar e a de dar sentido.

B1P1.png

Para o bo desenvolvemento dun PLE é importante buscar e describir as estratexias e ferramentas a empregar de forma habitual polo usuario; estas deben ter como requisito enriquecer e xestionar o proceso de aprendizaxe, así como tratarse dun instrumento válido e fiable para a recollida de información. A continuación é importante analizar os compoñentes obtidos, é dicir, descartar a información menos valiosa e menos necesaria, para así proceder a recreación ou creación de novos contidos e a súa posterior difusión.

No capítulo 6 de Entornos Personales de Aprendizaje: Claves para el ecosistema educativo en red, definen:

o entorno persoal de aprendizaxe como o conxunto de estratexias conscientes para usar ferramentas tecnolóxicas para acceder ao coñecemento contido en obxectos e persoas e con elo conseguir unhas determinadas metas de aprendizaxe.

Propoñemos esta definición pola súa deliberada simetría: por unha parte, o acceso ao coñecemento –a dúbida, a pregunta, a hipótese–, por outra parte, a meta de aprendizaxe –a reflexión, a resposta, o proceso–. Entendemos que non pode haber ensinanza sen aprendizaxe, sen o espírito da investigación, como non pode haber aprendizaxe sen ensinanza, sen o espírito da reflexión creativa.

Así pois, cabe dicir que a análise e coñecemento do PLE persoal de cada un posibilita a capacidade de melloralo para así optimizar o proceso de aprendizaxe persoal de cada un. Por iso, para rematar con esta entrada, adxunto a esta entrada a análise realizada sobre o meu PLE.

B1P2_Mi PLE.png

 

Referencias bibliográficas:

Álvarez, D. (9 de marzo de 2015). Gestionando el caos a través de mi PLE. Blog e-aprendizaje. Recuperado de: https://e-aprendizaje.es/2015/03/09/gestionando-el-caos-a-traves-de-mi-ple/ 

Casquero, O. (2013). PLE: Una perspectiva tecnológica. En L. Castañeda y J. Adell (Eds.), Entornos Personales de Aprendizaje: Claves para el ecosistema educativo en red (pp. 71-84). Alcoy: Marfil. Recuperado de: https://digitum.um.es/digitum/bitstream/10201/30411/1/capitulo4.pdf 

 Peña, I. (2013). El PLE de investigación-docencia: el aprendizaje como enseñanza. En L. Castañeda y J. Adell (Eds.), Entornos Personales de Aprendizaje: Claves para el ecosistema educativo en red (pp. 93-110). Alcoy: Marfil. Recuperado de: https://digitum.um.es/digitum/bitstream/10201/30413/1/capitulo6.pdf

Prendes Espinosa, M. P., Castañeda Quintero, L., Ovelar Beltrán, R., & Carrera Farran, X. (2014). Componentes básicos para el análisis de los PLE de los futuros profesionales españoles: en los albores del Proyecto CAPPLE. Edutec. Revista Electrónica De Tecnología Educativa, (47), a264. https://doi.org/10.21556/edutec.2014.47.139 

 

    Yoly R. Guerra

    Yoly R. Guerra

    23 anos. Estudante do 3º curso de Pedagoxía na USC.

    últimos comentarios