Blog.2. A tecnoloxía incrementa as desigualdades sociais?

A partir de ler algúns dos capítulos, do material de lectura dos libros de Riesgo y promesas de las nuevas tecnologías de la información e Tecnologías para transformar la educación, xurdiume a duda de se a tecnoloxía podería traer consigo as desigualdades socias, xa que sempre pensei que a tecnoloxía era innovación e progreso.

É evidente a influencia das tecnoloxías na estrutura do mundo actual, non sempre positivo para todos os individuos. De feito, na actualidade a tecnoloxía e unha fonte  importante influencia no desenvolvemento da infancia, das formas de aprender, de relacionarse e de construír significados e valores sobre o mundo que nos rodea (Buckingham, 2000; Streinberg y Kincheleo, 2000; y Haely, 1998).

Vivimos nunha sociedade na que as novas tecnoloxías da información e da comunicación está influíndo de modo decisivo non so na maneira de actuar, senón tamén na maneira de pensar e comportarse dos individuos nas sociedades, constituíndo sen dúbida algunha nun motor de cambio.

Nos últimos anos, as novas tecnoloxías foron obxecto dun enorme interese mediático, como ningunha outra actividade, ben sexa esta social, política ou cultural.

Cabe destacar que un alto porcentaxe das persoas teñen acceso a información, pero isto non quere dicir que dispoñan das habilidades e o saber necesario para convertelas en coñecemento. Con isto a produción de bens e riquezas aumentou e con sigo as desigualdades sociais e culturais. Estas tecnoloxías non son neutrais, xa que están sendo desenvolvidas e utilizadas nun mundo cargado de valores e intereses que non favorecen a toda a poboación.

Cabe sinalar que un gran número de persoas non teñen acceso as tecnoloxía e é aquí onde está a grande desigualdade que so uns pouco privilexiados ponde gozar delas.

En conclusión, todo contribúe as novas formas de entender a relación coa tecnoloxía.  Na actualidade a miúdo utilizase o coñecemento non para mellorar o mundo como un todo, senón para o beneficio duns poucos.   

 

 

Bibliografía:

Burbules, N. &. Gallister,Th. (2001). Riesgos y promesas de las nuevas tecnologías de la información. Barcelona: Granic (Cap. 2)

Sancho, J.(2006). De tecnologías de la información y la comunicación a recursos educativos. En Juana Sancho (coord..) Tecnologías para transformar la educación. Madrid. Akal. Pags. 15-49

Sicilia Llamas, M () Las nuevas tecnologías: ¿motor de cambio o de desigualdad?.Tecnología en marcha. Vol.17, (3),p.1-9

    • Ana
      Ana

      Ola Rocío, moitas grazas pola túa entrada!

      Non sei se a tecnoloxía, por si mesma, pode incrementar as desigualdades sociais. Pero como dis, claramente non é neutra e non afecta da mesma maneira a unhas persoas que a outras. Si que penso que nos últimos anos se vén creando unha dependencia da tecnoloxía, e parecemos camiñar cara un mundo no que poida chegar a ser imposible realizar certas accións sen facelo a través de internet. E é neste contexto no que me parece perigoso que a necesidade de posuír un dispositivo electrónico poida competir con outras necesidades máis básicas para a vida e que quizais algunhas persoas non teñan cubertas. É nesta loita polos recursos -que seguramente xa se estea a dar nalgún lugar- a que me parece que pode, como dis, incrementar as desigualdades sociais.

      Un saúdo!

      • Rocío Ramos Lamela
        Rocío Ramos Lamela

        Boas Ana, grazas por pasarte por aquí e compartir comigo a túa opinión. 

        Paréceme moi interesante ver que compartimos un punto de vista moi parecido respecto das desigualdades que trae consigo o avance na tecnoloxía. 

        Un saúdo!