BLOG 2: ¿Hai innovación cando integramos tecnoloxía nunha proposta de formación?

Durante os últimos anos, dende que a tecnoloxía entrou en vigor, producíronse grandes innovacións en tódolos ámbitos da sociedade xa que as necesidades das persoas ademáis de aumentarse, actualízanse, e as empresas aproveitan e lanzan novos productos mellorados para aumentar a súa economía, é dicir, están innovando diariamente; e o mesmo ocorre na educación. Pero á hora de integrar a tecnoloxía no ámbito da eduación, concretamente, xa sexa como metodoloxía de aprendizaxe, proposta de formación, apoio educativo… non quere dicir que sexa unha proposta innovadora promotora dun cambio, xa que a innovación defínese coma “un cambio que introduce novedades e que se refire a modificar elementos xa existentes co fin de melloralos” e non sempre se ten que producir. Por iso, en moitos casos é imprescindible diferenciar os conceptos similares e innovacións como poden ser: reaxustes, alteracións ou reorganizacións.

Como mencionei antes, as innovacións que se producen veñen dadas polas demandas que as persoas reclaman segundo o que necesiten, é dicir, realízanse a disposición da sociedade. O mesmo ocorreu e ocorre na educación xa que por exemplo a idea de dispoñer de tecnoloxías máis avanzadas nas institucións educativas é unha proposta atrativa para as familias á hora de matricular aos seus fillos/as nun colexio ou outro, e por iso ocorre que canto máis actualizado estea un centro educativo, implica máis demanda. Nesta mesma liña, o contexto económico inflúe na idea de implantar innovacións tecnolóxicas educativas xa que a canto máis fondos económicos máis posibilidades de novos recursos..

Cando falamos de innovación na educación inmediatamente pensamos na incorporación das TIC nas institucións educativas as que grazas a un bo uso do alumnado e a unha correcta formación dos e das docentes, podería levarse a cabo un gran cambio no proceso de ensinanza-aprendizaxe onde se potencien ao máximo as habilidades e competencias de ambos e dar lugar a creación de novas metodoloxías beneficiosas aplicables no futuro.  Asimismo, Area (2010) realiza un estudio de casos de cuatro centros educativos en Canarias que aplican el Proyecto Medusa, destinado a dotar de tecnologías digitales a todas las escuelas y concluye que las TIC han comportado cambios organizativos, pero no necesariamente una innovación pedagógica en las prácticas docentes. É dicir, ás veces prodúcense modificacións no que pode ser o currículum pero non o podemos confundir con innovación.

Por outra parte, e seguindo a mesma liña pareceume interesante a mención de Montero e Gewerc  (2010) que di o seguinte: “las instituciones que pretenden ser reconocidas, tienen que presentar un proyecto que “demuestre” una innovación concreta o un ejemplo de “buenas prácticas” y, si son seleccionadas, pueden acceder al premio, que en la mayoría de los casos es dotación de hardware de última generación. Se trata de un material que no representa, en general, una necesidad real del propio centro, sino que es deseado porque es la “novedad” y responde a lo que las escuelas hoy tienen que tener, como es el caso de las pizarras interactivas”.  Considero que é correcto que as institucións escolares se involucren nos proxectos propostos polas administracións e deseñen novas prácticas e recursos “innovadores” para posteriormente implantalos na mesma institución, pero de nada serve se non mantén un equilibrio ou se deixa de levar a cabo e só sexan propostos para conseguir “premios” e a fama de “institución innovadora”. Por isto, considero necesario realizar unha evaluación e valoración ao principio, transcurso e final destes proxectos e actividades que realizan as distintas institucións para comprobar que se está levando a cabo de maneira positiva, é dicir, que realmente se están producindo cambios. 

Concluíndo no tema, como dixen ao principio, a uso da tecnoloxía na aula non é sempre un sinónimo de innovación que conleve a producir o cambio e a mellorar as propostas de formación.

 

Referencias bibliográficas:

Montero, L. y Gewerc, A. (2010) de la innovación deseada a la Innovación posible. Escuelas alteradas Por las TIC. Revisa de Curriculum y Formación del Profesorado 13 (1)-

Webgrafía:

Recuperado de: http://www.sociedadyeducacion.org/blog/de-cuando-la-innovacion-tecnologica-no-implica-innovacion-educativa-el-caso-de-las-politicas-tic-en-espana/

 

    • Gabriela Moreira Pérez
      Gabriela Moreira Pérez

      ¡Hola Raquel! Estoy totalmente de acuerdo con las ideas que expresas en tu blog. Es cierto que muchas veces, o al menos a mí personalmente me ha pasado, tendemos a relacionar directamente innovación con tecnología. Sin embargo, estas no tienen porqué ir de la mano como bien refleja el estudio que mencionas.

      Por otra parte, también comparto tu idea de la necesidad de una evaluación inicial, formativa y final para conseguir unos resultados óptimos. Como bien hemos estudiado a lo largo de esta carrera, las evaluaciones al inicio y durante el transcurso del programa nos permiten identificar errores en la planificación que, de centrarnos en una única evaluación final no podríamos solucionar hasta otra edición.