A importancia da fotografía e das imaxes visuais na educación.

As fotografías e a educación (tanto reglada, como non reglada) levan indo da man dende hai moitos moitos anos. Nesta entrada falarei un pouco sobre que son exactamente as imaxes, para que serven (pedagóxicamente falando) e se, o fin e ó cabo, son unha boa ferramenta educativa. 

 

A fotografía é o proceso de captar e obter imaxes duradeiras debido á acción da luz (Wikipedia). As imaxes captadas perduraran e son chamadas fotografías. A primeira data do ano 1826 e, como é de esperar, ten unha calidade moi baixa, sendo moi pouco nítido. Dende ese día ata o día de hoxe esta arte mellorou moito, podendo captar imaxes cunha calidade excelente e un nivel de nitidez moi óptimo. Hoxe en día ten distintas funcións e aplicacións, ademais da puramente artística, como pode ser a científica, onde destacan a fotografía estereoscópica, ultravioleta, aerea/orbital, subacuatica e macrofotografía. Pero neste blog vamos a centrarnos na súa función pedagóxica.

 

A súa principal función é a ilustrativa. Para calquera estudante é moito máis significativo aprender calquera contido se este vai acompañado de imaxes, sobre todo cando o coñecemento trata sobre cousas concretas (bioloxía, historia, literatura, física…) e non absatractas (como poden ser as matemáticas). Falando dende o meu punto persoal, a visión que tiña da materia de historia na escola era moi negativo, ata que en 3º da ESO un profesor, que empregaba moitas imaxes acompañadas das súas explicacións, fíxome ver o maravillosa que era a historia. Cando un docente emprega as ferramentas das imaxes pode cambiar por completo a aprendizaxe dos seus alumnos. Para refozar esta idea recollo as ideas do estudo de Yamila (2014), o que se basou na posta en práctica dun deseño escolar basado no emprego continuo de recuroso visuais, como poden ser as imaxes, fotografías e obras de arte. Deixarei o enlace para que o poidades ler se vos interesa, pero a conclusión final á que chegou Yamila con estudo resúmense en dous conceptos: Primeiro, que a imaxe é unha forte ferramente facilitadora de comprensión e aprendizaxe; e segundo, o valor motivacional que teñen as imaxes.

 

Ademais de ser unha bó instrumento didáctico, tamén se debe educar para entender de mellor xeito as imaxes e fotografías. É importante desperta nas rapazas e rapaces un pensamento crítico á hora visualizar unha, non só saber cando está diante dunha fotografía falsa (como xa comentei nun blog anterior relacionado coas fake news, onde xa recomendei unha ferramenta moi útil para descubrir se unha imaxe estaba modificada ou era un bulo), se non tamén ver máis aló do que a propia fotografía amosa de por sí, para así, entender de mellor xeito o mundo que nos rodea. Explícome, entender o propio contexto da mesma, entender por que foi e como foi tomada; intentar entender que finalidade ten ou, simplemente, que quere expresar. En ralación con isto achego unha cita do Departamento de Educación y Formación en Arte y Cultura do goberno de Chile (2015) que me parece que explica de mellor xeito o que eu intentei expresar nas anteriores liñas:

 

Sin esa visión crítica de esta disciplina, mal podríamos pensar en ella como un aporte a nuestra sociedad, a la historia que nos precede y al legado de estos tiempos que debe permanecer como testimonio de momentos políticos, geográficos y, cómo no, culturales.Por estas razones, además del simple goce de estar frente a una imagen conmovedora, la fotografía también posee un enorme potencial pedagógico. El mundo actual está plagado de estímulos diversos. En ese contexto, es fundamental educar en el lenguaje visual como una forma de adquirir y desarrollar las capacidades que les permitan a nuestros niños, niñas y jóvenes, conocer su entorno y desarrollar una lectura crítica de la realidad.

 

Por todo isto e porque, como explica a clásica frase, ‘’unha imaxe vale máis mil palabras´´, dende aquí defendo o emprego de fotografías, imaxes, cadros, pinturas…; no seo da educación como ferramenta educativa. Gustaríame ler a vosa opinión ou as vosas dúbida sobre este tema. Saúdos!

 

Referencias:

 

Consejo Nacional de la Cultura y las Artes (2015) El Pontencial Educativo de la Educación.

 

Imagen (s.f) En Wikipedia. Recuperado el 19 de febrero de 2020 en https://es.wikipedia.org/wiki/Imagen

 

Fotografía (s.f) En Wikipedia. Recuperado el 19 de febrero de 2020 en https://es.wikipedia.org/wiki/Fotograf%C3%ADa 


 

La evolución del sistema educativo a lo largo de la historia (2015) Mobile World Capital. Barcelona. Recuperado de: https://mobileworldcapital.com/es/2015/09/14/la-evolucion-del-sistema-educativo-a-lo-largo-de-la-historia/ 

 

Yamila,D. (2014). Aprender y enseñar a través de imágenes: desafío educativo. ASRI: Arte y sociedad. Revista de investigación. 6(6), 1-9.

    • Diego Lomba Hermo
      Diego Lomba Hermo

      Ola Diego!

      Grazas a túa entrada puxenme a recordar materias que cursei durante a miña vida académica para ver qué oportunidades de traballar con imaxes tiven. De esta maneria, a oportunidade  que tiven de traballar con imaxes en total profundidade foi en historia da arte porque básicamente de iso trataba a materia, de comentar imaxes de obras de arte de distintas etapas. O que me permitiu despertar  ese pensamento crítico e aprender en base a elas dunha maneira máis dinámica que copiando apuntes técnicos sobre materiais, dimensións.... ben é certo que nalgunhas ocasións tamén traballei con imaxes en cursos anteriores pero non dunha forma tan completa como na materia que menciono.

      Sen dúbida, calqueira contido que se presente acompañado de imaxes axuda en maior medida a súa comprensión. Por este motivo, penso que o sistema educativo debería tratar de incorporar máis estes materiais sempre que teñan cabida para, como ti indicas, fomentar unha educación na linguaxe visual, pois os estímulos van a estar presentes sempre ao noso arredor e axudannos a coñecer o noso entorno.

      • Diego Cerviño Cerviño
        Diego Cerviño Cerviño

        Boas Diego. Está claro! Todo o que sexa potenciar a aprendizaxe significativa do alumnado mediante elementos visuais e tanxibles sempre será positivo.

        Moitas grazas polo teu comentario.

        • Patricia Garaboa Vazquez
          Patricia Garaboa Vazquez

          Bos días Diego. Gustoume moito a túa entrada e esta reflexión que fas sobre o uso pedagóxico que teñen as imaxes para transmitir calquera contido de xeito que se faga máis ameno para o alumnado ou mesmo para calquera lector. Dende  un punto de vista didáctico e metodolóxico, a práctica educativa nunca é neutral, de xeito que cada enfoque pedagóxico non só se reflicte nun xeito determinado de ver a avaliación, senón que reflexa tamén un modo determinado de ver o mundo, por iso "eso de que unha imaxe vale máis que mil palabras" tamén reside na decisión do profesorado en empregar esas imaxes para poder favorecer o proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado. A través das imaxes lograremos unha aprendizaxe significativa e favoreceremos a unha aprendizaxe funcional. Grazas a unha aposta forte polas aprendizaxe significativa, sendo unha metodoloxía activa, responde de mellor xeito á diversidade de discentes que temos na actualidade en todos os ámbitos educativos de educación formal  e non formal, así como en xeral ámbitos de aprendizaxe ao longo da vida. Sen máis que engadir, unha boa reflexión sobre o uso das imaxes como transmisoras de aprendizaxe. Un saúdo.