Blog 3. O valor educativo nas series

Xa non é necesario mencionar a importancia que as series e películas teñen na nosa sociedade actual, deixando a un lado o poder que a televisión tiña antes de este “boom” das plataformas de series y contido audiovisual. Tamén é certo sinalar que antes da existencia destas, na televisión tamén tiñamos á nosa disposición series en canles principais como Antena 3, Telecinco e máis.

As series son unha nova forma de consumir o noso tempo libre e de ocio, e sobre todo no público xuvenil, de modo que debemos tratar de analizar este éxito das series. En parte débese na actualidade á existencia destas plataformas como Netflix, HBO, Prime Vídeo, etc. que che impulsan a ver unha serie e querer seguir vendo durante todo o tempo que teñas ao teu alcance. Con respecto a isto moitos se preguntan: por que son tan exitosas estas plataformas?

Primeiramente, porque ofrecen aos usuarios un contido propio de calidade e creando estas plataformas series propias con moita repercusión como poden ser Stranger Things de Netflix ou Juego de Tronos de HBO. Tamén ofrecen un amplo catálogo de series e películas de diferentes categorías para os diferentes gustos dos consumidores e das consumidoras. Finalmente, outro dos factores que hai que ter en conta é que podemos consumir estas series e películas en calquera momento a través da aplicación no noso teléfono móbil e sen ningún tipo de publicidade, ademais de ofrecer tamén a posibilidade de descargar capítulos para poder velos sen conexión.  

Deste modo e sendo este tipo de contido algo con importancia na nosa sociedade, como pedagogos e pedagogas non deberíamos pararnos un momento a pensar que tipo de valores educativos están tratando de inculcar na poboación? A través das series poden fomentarse todo tipo de valores, tanto positivos coma negativos, que debemos ter en conta porque influenciarán dunha forma notable a estas xeracións. Para comprobar isto me gustaría recomendar tres series que desde o meu punto de vista teñen unha serie de valores de importancia e coas que podes aprender moito:

A primeira delas é Merlí, unha serie catalana que trata sobre un profesor de filosofía dun instituto que trata de ensinarlles aos seus alumnos filosofía a partir das propias experiencias que estes teñen. Nesta serie podemos identificarnos cos alumnos da clase e as problemática que van sufrindo nos respectivos episidios e na metodoloxías que Merlí usa para ensinarlles sobre a vida e a filosofía en particular e facer que pensen por eles e elas mesmos/as.

A seguinte é Sex Education, serie americana de Netflix que cuxa trama relata a vida de Otis Melburne, un estudante de secundaria que xunto a Maeve Wiley inician unha especie de clínica sexual no instituto para tratar os problemas sexuais dos/as estudantes. Nela podemos ver valores como o poder falar do aspecto sexual de forma natural e sen tabús, a importancia da liberdade de expresión, o poder ser cada un como é sen ter que esconderse, etc.

Finalmente, na serie This is us (que é probablemente unha das miñas series favoritas) relátase a historia da familia Pearson xogando co pasado e o momento actual ao mesmo tempo e pasando polas problemáticas comúns que van  atravesando estes personaxes. A maxia desta serie están en que son persas tal e como nós e con problemáticas comúns e como ao final logran superar estes problemas en familia.

Para finalizar gustaríame deixar dúas preguntas: pensades que como pedagogos/as deberíamos darlle a importancia que se merece ao valor educativo de series que son consumidas pola sociedade? Tedes algunha serie que vos marcou polos seus valores?

Anónimo, (2019). Estas son las claves del éxito de plataformas de contenido en streaming. Recuperado de: https://actualtv.es/estas-son-claves-exito-plataformas-contenido-streaming/ 

    • Iria Padín Troncoso
      Iria Padín Troncoso

      Hola Nerea!

      Na miña opinión claro que lle deberíamos de dar importancia ao valor educativo que se transmite nas series xa que estas fannos reflexionar e ver as cousas dende outra perspectiva, polo que pode levar a que moitas persoas se deixen influenciar polas series levandoos a cometer barbaridades como sucedeu coa serie "13 reasons why" cuxos temas principais son o acoso escolar e o suicidio. Ademais, algunhas películas poden axudar a que nos demos conta da realidade que se vive noutra parte do mundo e das que algunha vez nos pode ocurrir a nos tamén traballando como pedagogxs. Dúas das películas que me pareceron moi interesantes e que fixeron que cambiara o meu punto de vista foron "Diarios de la calle" e "El profesor Lazhar".

      Respondendo a segunda pregunta, unha das series que me marcou foi "Las chichas del cable" que trata sobre 4 mulleres que comezan a traballar no mesmo lugar en Madrid nos anos 20 e xuntas loitan polos dereitos das mulleres e dos problemas que teñen cada unha. 

       

      • Diego Lomba Hermo
        Diego Lomba Hermo

        Hola Nerea!

        Como ben dis plataformas como Netflix e HBO gañan cada día máis adeptos sobre todo na  franxa xuvenil porque, creo eu, adoitamos buscar series que nos entreteñan pero tamén que nos poidan deixar coñecer a  personaxes cos que me identifico, unha situación... e é importante que durante a construción da nosa personalidade teñamos referentes que nos axuden a descubrirnos. A parte de esta gran chave de coñecemento a nivel persoal, as series e películas nestas plataformas gañan fame por tres aspectos, a autonomía do consumidor, o poder de decisión entre un amplo catálogo audiovisual e o poder ver o contido en calquera momento.. a raíz desto último, da dispoñlibilidade creo que ten moito que ver co estruturado que temos (normalmente) a nosa vida, xa que faise habitual ver nos nosos móviles e tablets as aplicacións de estas plataformas para poder seguir vendo un capítulo no bus, tren ou avión ou mentras esperamos a que ocorra algo na nosa vida máis emocionante.

        Como profesionais da educación que seremos, é necesario que ollemos no interior das tramas das series que consumimos e sexamos capaces de desencadear reacións críticas, que non quero dicir negativas, senón que dende a nosa maneira de pensar e vivir, dende os nosos valores.. busquemos fundamentación a por qué acabei chorando coa morte de ese personaxe? Por qué This is Us non é tan coñecida? Non a sabemos valorar? Danos vergoña admitir que vemos certo tipo de contidos?

        E para contestar a túa última pregunta, algúns nomes de series que me marcou foron Sense 8, My Mad Fat Diary, Skam (na súa versión orixinal en noruego) e así máis actuais destacaría tamén This Is Us, Sex Education, The Good Place..

         

         

         

        • Nerea Saavedra Fernández
          Nerea Saavedra Fernández

          Moitas grazas polos vosos comentarios Iria e Diego! Comparto totalmente o voso punto de vista e espero que como profesionais da educación que somos comecemos a darlle máis importancia a os valores transmitidos nas series. 

          • Noemia Veiga Gonçalves
            Noemia Veiga Gonçalves

            Ola Nerea! Pareceume moi interesante a túa entrada do blog sobre o valor educativo das series. Estas, ademais de entreternos e ser capaces de manternos pegados á pantalla dun ordenador ou dun móbil, poden influír en nós ata máis que unha simple conversa ou coloquio debido á reflexión individual que realizamos por medio da comparación coas nosas experiencias. Considero que a figura do pedagogo/a pode servir para determinar o contido educativo das series e filmes que hoxe en día se realizan. Non pola bagaxe do seu fío argumental senón por todos aqueles ideais, intereses e prioridades sociais que se plasman. 

            Finalmente, gustaríame recomendarche a serie británica Doctor Who. 

            Saúdos!

            • Nerea Saavedra Fernández
              Nerea Saavedra Fernández

              Moitas grazas polo teu comentario Noemia! Tal e como ti indicas, os pedagogos temos moito que dicir sobre o valor educativo das series. 

              Nerea Saavedra Fernández

              Nerea Saavedra Fernández

              Estudiante de 3º de Pedagogía en la USC

              últimos comentarios