Anexo do blog 2.

Para completar a reflexión do Blog 2. Dependencia das TICs: ferramentas de axuda convertidas en necesidades, déxovos os seguinte vídeo que de seguro moitos xa coñeceredes. Dito vídeo chámase “Are you lost in the world like me?” e pertence ao cantante Moby e cuxa animación foi realizada polo ilustrador Steve Cutts.

O vídeo, baseado na situación do século XXI, é un retrato distópico dunha sociedade alienada incapaz de vivir sen o teléfono móbil, ignorando un mundo corrompido e que se atopa obsesionado coa aparencia externa.

Steve Cutts define o vídeo como “a dependencia da tecnoloxía e sobre a interacción humana na actualidade, ou sobre a carencia da mesma”. Así pois, apréciase como “o vídeo se centra en como a tecnoloxía nos cambia e como nos fai insensibles” ante a realidade que nos rodea.

 

 
 

Referencias bibliográficas:

Lamas, A. (2016). “Are you lost in the world like me?” Por Moby y The Void Pacific Choir. Metalocus. Recuperado de: https://www.metalocus.es/es/noticias/are-you-lost-world-me-por-moby-y-void-pacific-choir

 
    • Jana Mosquera Rodríguez
      Jana Mosquera Rodríguez

      Ola Yoly, encantoume o vídeo que escolliches para reflexar a idea que plantexas no teu blog 2; paréceme un bo modo de chegar á poboación e tratar de concienciar da dependencia que estamos a coller dos dispositivos móviles. No meu caso, algunhas veces cando estou esperando nalgún lugar párome a pensar en que facía a xente cando non contaban con teléfonos,... supoño que falarían de calquer tema, tal e como me ten comentado a miña a avoa.

      • Yoly R. Guerra
        Yoly R. Guerra

        Ola Jana, moitas grazas polo teu comentario. Está claro que na actual sociedade é impensable vivir día a día sen dispositivos electrónicos, mais é importante concienciar e educar á sociedade para facer un bo uso deles e non perder as habilidades que nos convirten en seres sociais; pois como ti dis, en tempos pasados a xente falaba máis entre si, non como agora que botamos man a todo momento ao móbil, dende ver a hora ata para pasar un rato de espera nun xogo ou rede social.

        Yoly R. Guerra

        Yoly R. Guerra

        23 anos. Estudante do 3º curso de Pedagoxía na USC.

        últimos comentarios