Blog 2. A narrativa transmedia. É posible narrar unha mesma historia a través de diferentes plataformas?

A resposta ao título deste blog é SÍ. 

 

A narrativa transmedia é un termo acuñado por primeira vez por Henry Jenkins en 2003. É un proceso mediante o cal os elementos dunha ficción dispérsanse a través de múltiples canais de distribución co fin de crear unha experiencia de entretemento unificada e coordinada. Cada medio, contribúe de maneira única á historia que transcorre e aproveita as posibilidades de cada canal para desenvolver unha historia dunha maneira máis atractiva e profunda.

A narrativa pode comezar nun cómic, continuar nunha serie televisiva de debuxos animados, expandirse en forma de largometraxe e “terminar” incorporando novas aventuras interactivas nos videoxogos. Un exemplo disto, pode ser Super-man, un relato que nace nun cómic, pasa á radio e á televisión nos anos 1940 e acaba saíndo á gran pantalla por primeira vez en 1970.

 

As características máis salientables da narrativa transmedia poden ser as seguintes:

  1. O contido é creado por un ou varios “visionarios”. Un equipo é o encargado de crear a visión do proxecto, mantelo e protexelo.
  2. Transmedia dende o comezo. Este equipo debe pensar na transmedialidade dende que a comezan e crean a historia para desenvolver correctamente o proceso.
  3. O contido debe distribuirse polo menos en 3 plataformas. Para provocar máis variedade e creatividade á historia contada.
  4. O contido é orixinal e único para cada plataforma. É preciso adaptarse a cada plataforma, identificar como funciona e permitir engadir novas personaxes, mellorar a acción ou introducir novos elementos.
  5. O contido mostra unha visión única do mundo narrativo. Dende o comezo, a historia é única e o que cambia é a plataforma e a metodoloxía narrativa.
  6. Evitar divisións ou incoherencias no mundo narrativo. Débese prestar atención a comunidades externas para que non desvíen a línea argumental inicial.
  7. Integrar a todos os actores do proceso. O éxito da historia non é só do equipo que a desarrolla, senón tamén do resto de actores que deben compartir o mesmo obxetivo e visión.
  8. Participación dos usuarios. É o último principio e é clave, polo tanto débese incitar a que participen e darlles o seu propio espacio de interacción para que compartan as súas ideas e comentarios.

 

En moitas ocasións, podemos confundir a narrativa transmedia coas diferentes versións dunha mesma historia, é dicir, podemos ver unha noticia contada dende a radio, dende o periódico, dende a televisión, dende as redes sociais… pero iso non é unha estratexia ligada ao concepto que estamos estudando. Nesta situación estase narrando en diferentes plataformas unha mesma historia completa, pero con posibles variables.

 

Centrándonos no ámbito educativo, agora que temos a terminoloxía definida, as narrativas transmedia permítennos achegarnos á realidade e aos entornos de aprendizaxe do suxeito, así como a utilidade de diversidade de medios permite a interacción cos mesmos e fomenta a creatividade e o dinamismo. Sen dúbida é unha boa nova metodoloxía de aprendizaxe, posto que o innovador resulta curioso e motivador e combina diversos modelos tradicionais de aprendizaxe cos tecnolóxicos, tan en auxe nos nosos días.

As tecnoloxías ao igual que pode ocorrer coa narrativa transmedia, non son garantías de que o alumnado adquira os coñecementos previstos ou non da maneira na que se prevén construir coñecemento. Por iso, cabe destacar a figura docente como guía e orientación neste proceso, plantando proxectos dentro do currículo que sirvan como ferramentas no proceso de ensino-aprendizaxe.

Por exemplo, unha das formas válidas de adecuar a narrativa transmedia aos contidos curriculares é transladando ao contexto actual situacións e persoaxes históricos, para así comprender feitos ou acontecementos que se explicarían de forma únicamente teórica e en moitas ocasións, pouco didáctica e creativa.

 

Sen dúbida crear contidos transmedia e adecualos ás metodoloxías docentes é unha labor complexa, pero valiosa se se realiza adecuadamente. Pode achegar á realidade ao alumnado e resulta máis útil e didáctico que moitas outras técncas e metodoloxías de aprendizaxe. Por iso, é necesario visibilizar este concepto e achegalo ás aulas para que se utilice en maior medida. 

 

Pero...que pensades vós sobre isto? Credes tamén que pode ser unha boa metodoloxía a empregar dentro das aulas? Atopadeslle algún inconveniente? 

 

E para finalizar, ademáis desta información recompilada de diversas fontes, déixovos o enlace a un vídeo que explica bastante ben o termo que acabamos de tratar: https://www.youtube.com/watch?v=IzeOEU_GyRc.

 

Referencias bibliográficas:

 

Clúster Fesabid. (s.f.). Narrativa Transmedia (Transmedia Storytelling). Recuperado de http://www.fesabid.org

 

Dirección de Educación Superior - Pcia. de Buenos Aires. (2019). Las narrativas transmedia en el ámbito educativo. Recuperado de http://abc.gob.ar/educacion_superior

 

Scolari, C. A. (s.f.). Narrativas transmedia: nuevas formas de comunicar en la era digital. Recuperado de https://s3.amazonaws.com/academia.edu.documents.

 

Pastrana, C. (2019, 25 noviembre). Narrativa Transmedia & Storytelling: el arte de contar. [Publicación en un blog]. Recuperado de https://www.iebschool.com.

 

 
    • Mar Gallego Fariña
      Mar Gallego Fariña

      Hola Iria! Me ha gustado mucho tu blog porque nos acerca a términos no muy comúnmente.

      Sin lugar a duda comparto contigo la idea sobre que se deberían adoptar contenidos transmedia a las aulas para, como tu bien dices, facilitar al alumnado nuevas metodologías y dinámicas de aprendizaje. Si pensamos bien, como en todo, siempre podremos encontrar algún inconveniente, pero esto nos llevará a valorar también sus virtudes.

      Un saludo!

      • Iria Blanco Mesías
        Iria Blanco Mesías

        Ola Mar! Grazas polo teu comentario no meu blog e alegrome de que che servise e che gustase.

        Considero que a narrativa transmedia é unha boa ferramenta de aprendizaxe a incluír na metodoloxía de aula e estou de acordo contigo que en todo hai inconvintes e fallos, pero tamén unha ampla gama de virtudes a considerar. Entre toda a comunidade educativa podemos achegala ás aulas e resaltar o seu enriquecemento para o proceso de ensino-aprendizaxe.

        Un saúdo!