Blog. 3. Hai innovación cando integramos tecnoloxías nunha proposta de formación? Análises de experiencias á de diferentes teorías.

Para comezar que se entende por innovación? E por innovación educativa? Segundo Carbonell (2001), define a innovación como unha serie de intervencións, decisións e procesos, con certa intencionalidade e sistematización que tratan de modificar actitudes, ideas, culturas, contidos, modelos e prácticas pedagóxicas. E a innovación educativa considera que o cambio é a causa e o fin dunha innovación, é dicir, innovase para xerar cambios. Havelock e Hubcrman (1980) consideran que a innovación educativa é o estudo das estratexias o procesos de cambio.

Deste xeito, o concepto de innovación relacionase: coa creación dalgo descoñecido, a percepción do creado como algo novo e a asimilación dese algo como novidoso. A innovación educativa está máis ligada con estas dúas últimas, por exemplo os traballos en grupo como estratexia de ensinanza e o uso das novas tecnoloxías da información e a comunicación, respectivamente.

A incorporar as novas tecnoloxías da información e da comunicación, facilitan e mellorar a innovación no sistema educativo? Introducir as TIC é innovación?

Dende a miña opinión a incorporación das TIC no sistema educativo foi unha innovación no seu momento, pero actualmente e para que se siga producindo esta innovación nos centros educativos é necesaria a incorporación de profesorado cualificado, ou de propostas de formación para os docentes, “non podemos dicir que todo o que se fai coas TIC sexa innovador, en moitas ocasións, centrámonos en propostas que tenden a repetir actividades rutinarias con novos aparatos, ao estilo do que Perkins (1995) chamou “finger tip” ”. Dalgún xeito as escolas están alteradas pola presencias das TIC e o seu valor simbólico, xa que son utilizadas como a única técnica de innovación, algo co que non estou totalmente de acordo. Por outra banda, e como xa escribín nun blog anterior, as novas tecnoloxías non sempre son un acerto, é dicir que o uso de ordenadores, proxectores,.. como ferramentas de traballo non sempre implican innovación, senón que son unha forma diferente de metodoloxía.

E ti consideras as novas tecnoloxías da información e da comunicación unha innovación? Pódese, na escola, innovar sen as TICS?

Referencias Bibliográficas

Montero, L. y Gewerc, A. (2010) de la innovación deseada a la Innovación posible. Escuelas alteradas Por las TIC. Revisa de Curriculum y Formación del Profesorado 13 (1)

Sancho, J. (2009) De Pablo Pons, J. (2009): Tecnología educativa. La formación del profesorado en la era de internet (pp. 45-68). Málaga. Aljibe.

    • Marta Rodríguez Martínez
      Marta Rodríguez Martínez

      Boas tardes Rocío!

      Primeiramente aclarar que me gustou moito como tratastes a información acerca da incorporación das TIC no sistema educativo e dicir que estou totalmente de acordo contigo no contido do teu blog. 

      Ao igual que ti, tamén considero que as TIC non sempre son un acerto, e que en moitas ocasións adxudicaselle un valor que penso que non lle corresponde, pois ao igual que publiquei eu no meu primeiro blog "nin os libros de texto impiden a innovación, nin o uso dos dispositivos electrónicos conectados a rede aseguran ningunha boa didáctica en si mesmos."

      Pásate polo meu perfil se queres leer máis acerca diso e parabéns polo teu blog!

      Un saúdo Rocío

       
      • Rocío Ramos Lamela
        Rocío Ramos Lamela

        Ola marta, moitas gracias por pasarte polo meu blog e deixar un comentario. 

        É interensate comprobar que temos un punto de vista moi parecido respecto da aplicación das TIC nas escolas. 

        Un saúdo!