Ten sentido que se invirta o diñeiro dos contibuíntes nos proxectos autonómicos e estatais para a integración das tecnoloxías nas institucións educativas?

Ten sentido invertir os cartos dos contibuíntes en proxectos para a integración das tecnoloxías nas institucións educativas? Son moitos os pros e os contras que interveñen nesta cuestión, que resulta de especial interese analizar dada a elevada cantidade de recursos económicos que se invirten nestes proxectos.

 

Por unha banda, hoxe en día podería considerarse algo fundamental integrar as tecnoloxías na educación, posto que estas forman parte da nosa vida cotiá e deberiamos aprender a empregala e xestionala de forma adecuada dende os contextos de educación formal como son as escolas e institutos. Para que isto sexa posible, os centros educativos teñen que contar con recursos tecnolóxicos a disposición de docentes e discentes que lles permitan desenvolver calquera tipo de aprendizaxes. Ademais, en moitas ocasións a tecnoloxía permite levar a cabo actividades e proxectos que non sería posbile realizar sen a súa contribución. Así mesmo, considero que as institucións educativas deben adpatarse ás circunstancias que as rodean, isto é, a unha sociedade na que o uso das TIC é algo básico e xeralizado, onde nenos e nenas entenden a tecnoloxía como unha forma de aprender e explorar o mundo.

 

Autor: Mohamed Hassan

 

Non obstante, atopámonos con aspectos referidos ó profesorado e ós propios proxectos que distan de ser positivos. Para que un proxecto de integración das tecnoloxías nos centros educativos se desenvolva como está previsto e sexa proveitoso para o alumnado, o profesorado debe de contar con formación respecto ás TIC e ter a motivación e incentivos suficientes como para cambiar a súa metodoloxía docente. Porén, son moitos os profesores e profesoras que, contando cos recursos postos á súa disposición grazas a esta clase de proxectos, non fai uso deles ou non se benefician da forma prevista por non considerala útil ou por ter unha actitude reticente cara o cambio nas formas de impartir as súas clases.

 

Respecto ós proxectos en si, debemos ter en conta a clase de recursos que se pretenden integrar, posto que a tecnoloxía é bastante voluble, isto é, está en constante cambio, polo que se os proxectos non teñen continuidade ó longo do tempo, a tecnoloxía pode quedar obsoleta rapidamente.

 

Dende o meu punto de vista, si que ten senido invertir en proxectos para a integración das tecnoloxías nas institucións educativas, sempre e cando estea acompañada da formación ó profesorado que sexa necesaria en cada caso e por un proceso de adaptación por parte das escolas e institutos, que permita que se lle de un bo uso e se aproveite todo o posible. Ademais, o profesorado debería empregalas tendo sempre en conta as necesidades do alumnado así como todas as posiblidades que os recursos tecnolóxicos ofrecen.

 

En definitiva, considero que invertir en tecnoloxía educativa é invertir na educación dos alumnos e alumnas que se benefician da mesma e que esta debería integrarse sempre que sexa posible nas institucións educativas, posto que na actualidade contar con recursos tecnolóxicos para a educación é algo realmente necesario se pretendemos adaptarnos ó mundo que nos rodea e formar persoas acordes co tempo no que viven.

    • Nazaret Mouta García
      Nazaret Mouta García

      Ola, Miriam! Despois de ler a túa entrada cheguei a mesma conclusión que ti, invertir en tecnoloxía educativa nos tempos que corren é totalmente necesario. Xa que educación debe irse a adaptando aos tempos que corren, para que resulte innovadora, polo tanto é necesaria esa inversión para poder logralo. Penso que a tecnoloxía chegou para quedar, polo que debemos educar no presente para o futuro, con estes recursos dixitais cos que contamos. 

      • Iria Padín Troncoso
        Iria Padín Troncoso

        Ola Miriam! Dada a situación na que nos atopamos e despois de ler o teu blog, creo que, agora mais que nunca, todos estamos vendo a importancia de invertir na tecnoloxía en educación. Moitos/as docentes están dando clase de forma virtual ao alumnado pero, como limos no artigo do texto para a actividade proposta nesta segunda etapa, moitos de eles non saben como conectarse á videoconferencia ou mesmo entrar na aula virtual, situación que pode vir dada pola falta da utilización das TIC's no ano académico. Por isto, coincido contigo en que contar con recursos tecnolóxicos é necesario para adaptarnos ó mundo e para formarnos como persoas competentes.