Blog 4. O impacto das redes na nosa autoestima

Ola, hoxe quero falar de un tema, que baixo o meu punto de vista de gran importancia, é si existe unha relación entre o uso das redes sociais e na nosa autoestima e autoconcepto. Xa que estas redes sociais son usadas case a diario, por xente xoven principalmente, e teñen un impacto directo en nós. 

 

Para empezar, gustaríame aclarar os conceptos de autoestima e autoconcepto. O autoconcepto é, de forma simplificada, a visión que temos de nós mesmo, sendo un compoñente cognitivo, mentres que a autoestima é máis subxetivo, ao tratarse do “aprecio” hacia a nosa persoa, pondendo ser positiva ou negativa segundo isto. Autores como Torres (2002) consideran que o autoconcepto é un elemento que está ligado a autoestima, xa que a partir del podemos darnos un “valor” ou “aprecio” segundo a visión que teñamos. 

 

Na actualidade parece case imposible un mundo sen redes sociais, xa que supoñen unha forma de comunicación e de ocio moi utilizada, e en moitos casos utilizadas en exceso. Este uso abusivo pode levar a adiccións, considerandose cando así cando a persoa perde o control no uso e ten unha dependencia a estas. Esta caracterízase polo cambio de conductas que provocan o uso excesivo das redes, algunhas destas son, segundo o artigo de Salcedo (2016), aislamento, ansiedade, falta de autocontrol en plataformas sociais e descenso da propia autoestima. As persoas que teñen este problema de adicción tenden a usar as redes para “alexarse” do malestar emocional que padecen, entre elas ira, nerviosismo, soedade, aburrimento… (Echeburúa y Corral, 2010). 

 

Resultado de imaxes para: autoestima redes

 

Pero a pregunta clave desta entrada era: existe unha relación entre as redes e baixa autoestima? A resposta é sí. Segundo un experimento social de Jiménez e Pantoja (2007) as persoas que teñen problemas de adicción con Facebook concretamente, pero é extrapolable a outras redes, teñen unha autoestima baixa, tendendo a ser máis infelices e pesimistas (Tarazona, 2013). Ademais de esto, estas persoas tenden a que as súas relacións sexan superficiais, inestables e pouco duradeiras, segundo estos dous autores. Este impacto na autoestima pode darse por comparacións con outras persoas, tanto polo estilo de vida que publican en redes ou polo propio físico desas persoas, que teñen un autoconcepto de se mesmos diferente ao das persoas que sigue, provocando así unha baixa estima hacia si mesmos. Moitas veces estas persoas con baixa autoestima buscan a aprobación doutros en redes, o que fai que o contido que suban sexa para “encaixar”. 

Por esta razón é moi importante fomentar unha boa autoestima, que nos permita ser como somos e estar felices de esa forma, sen importar o que vemos en redes, que moitas veces só é un espellismo da realidade. 

 

Como último gustaríame facer unha reflexión, as redes supuxeron unha nova forma de comunicarnos e socializar, incluso estando a kilometros, pero tamén con elas podemos caer no illamento, como di Tarazona (2013). Un illamento que non é tan raro ver actualmente cando nos centramos máis na pantalla que na persoa que temos en frente, vendo contido na maioría dos casos que non nos aporta nada, só minutos gastados a cambio de nada. 

Levo tempo pensando esto, e intentando cambiar os meus habitos en canto as redes, xa que fai uns meses antes de irme para a cama o último que facía era mirar as miñas redes, en cambio agora intento ver un capítulo dunha serie ou ler, algo que disfruto moitísimo máis. Se non o facedes xa, anímovos a probalo. 

 

Espero que vos gustara, si é así seguro que vos interesará a seguinte entrada que vai tratar de algo moi relacionado con isto, cómo se manifesta o eu real e o eu ideal nas redes.

 

 

Referencias: 

 

López-Villaseñor et. al. (10-12 de setembro, 2014). En XV Congreso Mexicano de Psicología Social. Autoestima y redes sociales en mujeres adolescentes. Congreso llevado a cabo en Mérida, Yucatán. Recuperado de: https://www.researchgate.net/profile/Ignacio_Ramos-Vidal/publication/271075177_AUTOESTIMA_Y_REDES_SOCIALES_EN_MUJERES_ADOLESCENTES/links/54bd259e0cf218d4a16a097d/AUTOESTIMA-Y-REDES-SOCIALES-EN-MUJERES-ADOLESCENTES.pdf 

 

Nicuesa, M. (6 de novembro, 2018). Diferencia entre autoestima y autoconcepto. Psicología Online. Recuperado de: https://www.psicologia-online.com/diferencia-entre-autoestima-y-autoconcepto-4050.html


Salcedo, I. (2016). Relación entre adicción a redes sociales y autoestima en jóvenes universitarios de una universidad particular de Lima (tesis de pregrado). Universidad de San Martín de Porres, Lima, Perú. Recuperado de: http://200.37.16.212/bitstream/handle/usmp/2026/salcedo_CI.pdf?sequence=1&isAllowed=y

 
    • Paula Leis Bahamonde
      Paula Leis Bahamonde

      ¡Hola Nazaret! Me parece muy interesante tu entrada, ya que es verdad, estamos condicionados por lo que compartimos y siempre tendemos a adorar más a las personas que vemos por las redes que a nosotros mismos, pensando que se ven más guapos/as de lo que somos nosotros, y realmente la gran mayoría usa trucos como el photoshop.

      Es muy triste que nosotros mismos nos comparemos tanto e intentemos llegar a ese ideal de belleza que no es ni real, ya que muchas marcas o influencers se benefician de esas dudas para comercializar con productos y hacer que gastemos un pastizal solo para comprarlos y vernos mejor. Creo que las redes influyen mucho, no sólo en la forma de vernos, sino también en la forma de pensar. Son algo muy tóxico y negativo para nuestro bienestar.

      Me parece interesante que nosotros indaguemos sobre este tema y nos pongamos a pensar en lo peligroso que es, el llegar a obsesionarse con estos temas y poder prevenirlo de alguna forma. Yo antes también veía mis redes antes de dormir, ahora miro alguna serie, algún vídeo en Youtube o leo un poco, y es más reconfortante, parece que me frustro menos a la hora de quedarme a dormir.

      • Miriam Otero Aguete
        Miriam Otero Aguete

        Ola Naza! Pareceume moi interesante a túa reflexión e creo que é importante que todas as persoas que empregamos a miúdo redes sociais como Facebook ou Instagram nos paremos a pensar de cando en vez sobre este tema, xa que como ben dis, podemos tender a compararnos co que vemos nelas e moitas veces nin se quera é real, o que pode desembocar nunha baixa autoestima se non nos decatamos diso. 

        Ademais, tamén hei de dicir que me gustou a idea de cambiar os hábitos antes de ir para a cama, xa que mirar as redes sociais ata quedar durmida é algo que ata este momento facía e agora tratarei de cambiar.

        • Noemia Veiga Gonçalves
          Noemia Veiga Gonçalves

          Ola Nazaret! Gustoume moito a túa reflexión sobre as redes sociais e o impacto que teñen sobre nós. De xeito concreto, acerca de como falas sobre o cambio nos teus hábitos con respecto a eles. Moitas veces sucumbimos a esa realidade virtual e pasamos unha chea de horas dos nosos días deslizando a pantalla do móbil ou deixando que as horas pasen diante do ordenador, sen realmente estar a fomentar ningún aspecto máis alá de ocupar un tempo vacío. Considero que é moi importante a comunicación real e o fomento das actividades sociais que non inclúan os aparellos electrónicos.  

          • Diego Lomba Hermo
            Diego Lomba Hermo

            Ola Nazaret! Pareceme moi suxerente a túa entrada porque a parte de que as redes sociais poden ser vistas como adiciccións tamén son a causa de outras problemáticas e unha delas é a comparación á que nos sometemos cando vemos a alguen en instagram que ten unha vida moi diferente a nosa, un aspecto físico mellor... como dis, eso merma moito a autoestima sobre todo dos máis xóvenes e en ocasións deriva en trastornos alimenticios e graves problemás picolóxicos.

            Penso que un gran paso é decatarnos da gran cantidade de tempo que adicamos a mirar unha pantalla sen ningún fin real, e isto é algo que acontece nese período post cena e antes de durmir que non sabes moi ben que facer pero aínda é moi cedo para ir para a cama. Eu adoito poñer algunha serie ou ler un par de capítulos do libro que estea a ler nese momento ou ver algo en youtube que dure pouco e a verdade é que cando o fago, estou, máis cansado, e quedo a durmir máis rápido.

             

          últimos comentarios