A competencia mediática.

Son a lectura e a escritura as competencias por excelencia que debe posuír unha persoa para considerarse alfabeta? Actualmente vivimos nunha sociedade dixital, na chamada sociedade da información debido ao uso intensivo das tecnoloxías da información e da comunicación. Vivimos rodeados de medios de comunicación, de tecnoloxías, imaxes, publicidade e unha gran cantidade de estímulos audiovisuais que nos inflúen na nosa vida diaria. Esta influencia sobre as persoas pódese ver tanto no consumo de productos como na forma de pensar de ditas persoas entre moitos outros aspectos. Polo tanto, podemos afirmar que a competencia dixital e a alfabetización mediática é indispensable para a sociedade de hoxe en día. Controlar as capacidades necesarias para entender as mensaxes audiovisuais e saber descodificalas convirteuse nunha forma de alfabetización básica como pode ser a lectura ou a escritura.

 

Entendemos competencia mediática como a formación crítica (destrezas, habilidades, actitudes e aptitudes) en materia de alfabetización audiovisual e mediática. A finalidade desta competencia é saber interpretar con perspectiva propia e críticamente a cantidade de imaxes, contidos, información, comunicacións e noticias entre moitas outras cousas que forman parte da rutina de calquera persoa. Pero… somos conscientes da importancia da formación neste ámbito? Somos persoas competentes? O mero consumo de medios e de tecnoloxías non é unha formación suficiente para adquirir dita conciencia. Nin os centros educativos, nin as asociacións cívicas, nin os medios de comunicación fomentaron o desenvolvemento da competencia audiovisual como eixe para o fomento dunha cidadanía crítica dende a óptica audiovisual (Aguedad, J. I. & Guzmán, M. D.) É necesario comprender as mensaxes, transformar as imaxes en oportunidades para reflexionar, filtrar a información que se pon á nosa disposición… en definitiva, entender que o mundo da información e as tecnoloxías é infinito e cambiante, pero non todo reflexa a realidade na que vivimos, entender os significados explícitos e implícitos da información, das imaxes, das noticias, para, desta forma, establecer a relación coherente e crítica que existe entre o que nos ofrecen as novas tecnoloxías e a realidade do mundo exterior.

 

O consumo de medios é un suceso imparable e en constante crecemento. Dende os máis pequenos ata os máis maiores este consumo é diario e, en moi poucas ocasións, filtrado. Videoxogos, aplicacións, noticias, ordenadores, información, televisión, redes sociais… todos estes recursos e moitos máis son os que facilitan esa achega ao mundo dixital e que á súa vez, dificultan a capacidade de filtro.

 

No mundo de internet existe unha gran cantidade de información basura, de bulos (noticias falsas), virus informáticos… que circulan a gran velocidade e que chegan a todas as persoas sen ningún tipo de vericidade nin filtro que afirme dita información. Este feito e esta avalancha de información afecta negativamente á comunicación social. Coa circulación de tanta información que non é filtrada, é necesaria unha dosis de escepticismo fronte a todo o que un le e outra de decencia cívica fronte ao que un escribe (Trahtemberg, L., 2018)

 

Polo tanto, ata que punto estamos influenciados por todo o que nos mostran actualmente as pantallas e os medios? Considerades que estamos preparados para xestionar todo o que podemos facer e toda a información que recibimos a diario a través das tecnoloxías? Baixo a miña opinión existen poucas experiencias formativas que non permitan adquirir certas habilidades e linguaxes audiovisuais e mediáticos. Para finalizar, gustaríame facervos reflexionar sobre estos aspectos e invitarvos a deixarme a vosa opinión sobre cal sería a clave para fomentar cidadáns críticos e audiovisualmente competentes. 

Por último, gustaríame recomendarvos unha revista moi interesante onde podemos atopar información e artículos sobre a comunicación e a pedagoxía: Centro de Comunicación y Pedagogía (http://www.centrocp.com/)

 

Aguedad, J. I. (2012). Media proficiency, an educational initiative that cannot wait. Comunicar. Volume 20 (39), pp. 7-8. DOI: 10.3916/C39-2012-01-01

Dip, P. (2008, noviembre 03). Lenguajes Mediáticos y multimedial [blog]. Recuperado de 

http://latecnologiavirtual.blogspot.com/2008/11/lenguajes-mediticos-y-multimedial.html 

Ferrés, J. & Piscitelli, A. (2012). La competencia mediática: propuesta articulada de dimensiones e indicadores. Sistema de Información Científica Red de Revistas Científicas de América Latina, el Caribe, España y Portugal. Volume 19 (28), pp.75-82. Recuperado de https://www.redalyc.org/ 

Trahtemberg, L. (2018, mayo 25). Educación Cívica Digital [Columna]. Recuperado de 

https://diariocorreo.pe/opinion/educacion-civica-digital-820855/?ref=dcr

    • Cristina Longo Pérez
      Cristina Longo Pérez

      Ola Natalia!. Gustoume moito o teu post e a reflexión que fas e estou de acordo contigo, somos continuos consumidores e estamos sometidos continuamente a estímulos e anuncios para incitarnos a comprar ou consumir. De feito, cada vez máis, as novas tecnoloxías, como os smartphones e tablets, están deseñados para interpretar información sobre os nosos gustos e seleccionar os anuncios que máis nos poden atraer.

      En canto á clave para ser cidadáns críticos e audiovisualmente competentes creo que é o saber contrastar información. Contrastar información implica saber buscala e comparala, acceder a diferentes fontes e recadar datos para poder emitir un xuízo. É algo que debemos practicar de pequenos para extrapolalo a calquer situación da vida diaria e non deixarnos levar por bulos e fake news. Debe introducirse dende a  escola como ferramenta para nosa vida en calquer ámbito.

      Un saúdo Natalia!

      • Natalia Varela García
        Natalia Varela García

        Gracias Cris!! Eu tamén considero necesaria a introducción das novas tecnoloxías dende o ámbito da escola como dis ti, nenos e nenas están continuamente en contacto con estasl, e nas aulas, na súa maioría, seguen dando as materias e levando a cabo as clases como se estas tecnoloxías ainda non existiran ou non estiveran realmente implicadas nas vidas de todos e todas, cando é totalmente o contrario. 

        Un saúdo e gracias polo teu comentario!