Blog 3. Educación aberta, coñecemento aberto, software libre… ou ¿pechado e propietario? Discusións e análise da problemática.

Boas compañeirxs! Neste blog vou a falar do software libre e pechado.

Comezamos por definir e establecer as principais diferenzas entre o Software Propietario ou Privativo (Copyright) e Software libre (Copyleft). Por unha banda, o primeiro fai referencia a aquel no que non existe un acceso libre ao seu código fonte, só o propietario se atopa na disposición do seu desenvolvemento e publicación de melloras. O usuario só terá dereito ó seu emprego baixo unhas condicións, fixadas polo proveedora/or ou proveedoras/es.

O segundo deles, pola contra, refírese a todo software que pode ser estudado, modificado e empregado libremente pola comunidade para calquera fin e, redistribuido con modificacións e/ou melloras ou sen elas: un software é libre se cumpre as catro seguintes libertades:

  • Liberdade 0, para executar o programa tal e como se desexe con calquera propósito (privado, educativo, público, comercial, etc.).

  • Liberdade 1, para estudar e modificar o funcionamento do programa (é preciso poder acceder ao códifo fonte).

  •  Liberdade 2, para redistribuír copias do programa para o disfrute da comunidade.

  • Liberdade 3, mellorar o programa, e facer públicas as melloras, distribuíndo copias de versión modificadas de maneira que se beneficie toda a comunidade.

Uns dos programas máis destacados deste tipo de software son: GNU/Linux, Chrome OS, OpenDisc, Ubuntu.

Con respecto ao tema educativo penso que o Software libre proporciona unha gran participación e ofrece a oportunidade de compartir con toda a comunidade educativa unha cantidade de coñecementos enorme. O software libre facilita un código aberto onde todxs nos atopamos na mesma posición e contamos coa mesma posibilidade de acceso aos documentos de interese, libros de texto, recursos didácticos… xa que, non existe costo por licenzas e actualizacións. Grazas a este podemos aprender de outrxs, trasnmitir os nosos propios coñecementos, traballar en equipo e colaborativamente,que os estudantes traballen nos seus fogares cos mesmos recursos e ferramentas que na escola, etc.

Para rematar preséntovos unha cita que me parece moi representativa e importante con respecto a este tema: “Quién recibe una idea de mí, recibe instrucción sin disminuir la mía; igual que quien enciende su vela con la mía, recibe luz sin que yo quede a oscuras. Las invenciones no pueden, por naturaleza, ser objeto de propiedad” Thomas Jefferson.

¿Qué pensades vos sobre este tema? ¿Defendedes o Software libe ou o Software Propietario ou Privativo? Comentade abaixo para coñecer todas as vosas ideas. 

 

Referencias bibliográficas:

Adell, J., & Bernabé, Y. (2007). Software libre en educación. Tecnología educativa. Madrid: McGraw-Hill, 173-195.

Anónimo [Projecto LATIn]. (2013, septiembre, 4) TEDxNYED David Wiley 03 06 10 YouTube. [Archivo de video]. Recuperado de: https://www.youtube.com/watch?time_continue=18&v=vEyhhvRKCGw

Celaya, C. L., & Martínez, S. L. D. (2007). Uso de software libre y de Internet como herramientas de apoyo para el aprendizaje. RIED. Revista iberoamericana de educación a distancia, 10(1), 83-100.

Wikipedia (2020). Software Libre. Recuperado de: https://es.wikipedia.org/wiki/Software_libre

Wikipedia (2020). Software Propietario. Recuperado de: https://es.wikipedia.org/wiki/Software_propietario

 
    • Marta Cerqueiras Cardama
      Marta Cerqueiras Cardama

      Holaa Aroa!! Después de leer tu blog me ha quedado bastante clara la diferencia entre en software libre y privativo. Respondiendo a tu pregunta, quiero decirte que estoy de acuerdo contigo que para la educación es mucho mejor un software libre con el que todas las personas puedan trabajar y modificar aportando novedades e innovando. Además pienso que da una mayor accesibilidad a todas las personas.

      Aroa Fiunte Blanco

      Aroa Fiunte Blanco

      Estudante de 3º de Pedagoxía na USC.

      últimos comentarios