BLOG 1: É posible hoxe aprender sen tecnoloxía? Propostas de formación con tecnoloxía. Por que e para que? Con que enfoque da formación e da tecnoloxía? (I).

Nesta primeira entrada realizarei unha reflexión acerca das posibilidades e oportunidades que nos ofrecen hoxe en día as novas tecnoloxías nos procesos de ensino-aprendizaxe tanto a nivel educativo como persoal.

Como todos e todas sabemos, a tecnoloxía é un dos principais motores de cambio en todos os aspectos da sociedade: económico, político, cultural e un dos máis importantes e que máis nos inflúe, o educativo. A tecnoloxía no ámbito educativo pretende ser un recurso motivador que axude e facilite a adquisición e asimilación de coñecementos, por iso é que xorde a primeira das anteriores preguntas: É posible hoxe aprender sen tecnoloxía? Dende a miña opinión, considero que si é posible hoxe aprender sen tecnoloxía xa que temos ao noso alcance diferentes fontes bibliográficas, profesionais e recursos que nos permiten aprender sen necesidade de utilizar as novas tecnoloxías. Pero creo, que a mellor maneira de plantexar a pregunta anterior sería: É convinte hoxe aprender sen tecnoloxía? Plantexo a pregunta desta forma xa que como respondín a cuestión anterior, sí considero posible aprender hoxe sen tecnoloxía, pero creo non é de todo convinte facelo, xa que as tecnoloxías actualmente son parte da nosa vida e do noso día a día, polo tanto, que mellor forma de ensinar a administrar a súa utilidade e ensinar a utilizalas para a adquirir coñecementos. Como destacan Esteve y Gisbert (2011): “Desde o punto de vista do alumnado, o uso das ferramentas TIC servirá para motivalo e estimúlalo para que se involucre totalmente no proceso, interatuando coa realidade e observando os resultados desta interación, desenvolvendo habilidades de pensamento crítico e creativo, integrar e reter a información, facilitando a comprensión do que se aprendeu de maneira integral e dinámica, desenvolver habilidades de aprendizaxe significativo, e desenvolver habilidades que se convertirán en competencias perdurables”.

Tras a reflexión anterior sobre o uso das novas tecnoloxías no ámbito educativo, tamén vexo necesario destacar a importancia de formación neste ámbito a toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado, país/nais…). Todos/as debemos coñecer o bo uso dela, debese coñecer como, para que, cando e porque utilizala, saber que cousas positivas e posibilidades de aprendizaxe nos aporta, pero tamén debemos ser conscientes dos contras e dos aspectos negativos que podemos chegar a experimentar, e saber como previlos ou como actuar en caso de telos presentes. O profesorado debe estar adecuadamente formado en relación as novas tecnoloxías, pero non con isto refírome soamente a coñecer os recursos que esta lle ofrece, senón que debe coñecer as demandas e as necesidades que presenta o alumnado, debemos centrarnos en adaptalos a eles/as e ensinarlles aquelas  ferramentas que creamos que lle serán útiles para o eu futuro en todos os aspectos, persoal, académico, profesional…, ensinarlles a perigosidade que pode ocasionar o mal uso da tecnoloxía, e en concreto da internet, e tamén da adicción a estas.  

Este é un tema de gran interese para min, pero de gran amplitude, polo que decidín dividilo en dúas entradas para que non resultase demasiado longo e poder así explicar e tratar todos os temas que creo que se deberían coñecer.

Para rematar, gustaríame destacar a seguinte reflexión de Julio Cabrero (2015) coa cal estou de acordo e coa cal vos invito a todos/as a reflexionar: “Debe quedar xa suficientemente claro que non é cuestión de cambiar só a tecnoloxía; debemos cambiar a pedagoxía, as concepcións que temos sobre as TIC, as formas nas cales tendemos a utilizalas, e empoderar coas tecnoloxías as acción que poden facer os alumnos como prosumidores”.

 

Bibliografía:

Burbules, N. &. Gallister,Th. (2001). Riesgos y promesas de las nuevas tecnologías de la información. Barcelona: Granica (Cap. 1 y 2) 

Webgrafía:

https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=613782

https://idus.us.es/bitstream/handle/11441/32285/Reflexiones_educativas_sobre_las_Tecnolo.pdf?sequence=1&isAllowed=y

    Natalia Paz Prego

    Natalia Paz Prego

    Considerome divertida, traballadora, amable e optimista

    últimos comentarios