Blog 3. Instagram a debate: a vida non virtual.

  As novas xeracións presentan diferenzas significativas coas anteriores que non tiveron unha vida influída por internet (Twenge, 2012). Destácase que a falta de sono e o cansancio, a menor interacción social e o case ausente hábito de realizar actividades non ligadas á rede, son causantes desta diferenza xeracional que non debería deixarnos indiferentes. De feito, máis do 90% dos adolescentes  empregan as redes sociais, sinalando que o seu uso pode ser máis aditivo que o consumo de  substancias estimulantes como o tabaco (Royal Society for Public Health, 2017). Así mesmo,  a dependencia ás redes sociais como Facebook e Instagram teñen grandes repercusións para a saúde tanto física como mental. Pero, sabemos en realidade a verdadeira finalidade destas aplicacións? Ata que punto somos donos e libres de elixir o que queremos observar? E, finalmente, resulta beneficioso o seu emprego?

Neste artigo realizaremos unha pequena reflexión sobre Instagram pois considero que se trata dunha aplicación moi relevante polo seu alcance, uso e metodoloxía de venda social.

Intagram é unha aplicación e rede social nada o 6 de outubro de 2010 para dispositivos android e iOS (Instagram 2020) , que procuraba diferenciarse doutras plataformas como Facebook ou Twitter, vencellándose fundamentalmente na publicación de fotografías e vídeos coa posibilidade de edición por medio de filtros e axustes de imaxe que emulan os efectos das polaroids. Esta, conseguiu achegarse a tódolos públicos e facer que os “hasthags” e “me gusta” se convertesen en algo practicamente cotián, converténdoa en  obxecto de análise e estudo por tratarse dunha novidade de masas da nosa década. Deste xeito, dende o ámbito da socioloxía e a psicoloxía realizáronse investigacións sobre os efectos desta rede social e o seu emprego por parte do máis novo.

A modo de álbum virtual de fotografías, banco de inspiración fotográfica- estética, rede social persoal para compartir momentos con coñecidos ou descoñecidos e rede social de empresas que procuran dar a coñecer o seu produto e chegar a un público máis amplo, Instagram conta con máis de 800 millóns de usuarios activos mensuais (Kemp, 2018), situándose  como a segunda aplicación máis popular da App Store.

De xeito xeneralizado, existe a idea de que os usuarios/as tentan mostrar os mellores momentos e a mellor versión de sí mesmos (Naja, Kansoun y Haddad, 2016). Mais, na realidade, trátase dunha experiencia subxectiva baseada na construción dun self dixital por medio da linguaxe verbal e non verbal, isto é, o desenvolvemento da identidade como un proceso de co- construción en reciprocidade coa figura de apego a través da linguaxe (Arciero, Gaetano, Maselli y Gentili,2003; Vega e Liria, 2012). Ningunha persoa terá unha experiencia dixital igual a outra pois tanto as súas eleccións e a personalización do contido en base a algoritmos, procura a reafirmación das nosas perspectivas  (Pariser, 2017). Como afirma Godfried Bogaard: «No pasado, eras o que tiñas, agora es o que compartes» (En Casado, 2017). 

Ata aquí non observamos ningunha problemática e comprendemos a súa estratexia de actuación e  que se adecúa a nós a cada interacción que facemos, mais entón, cal é o noso papel? Que facemos alén de preseleccionar entradas, dar “me gustas” e predefinir un algoritmo?

Igual que eliximos na vida real as amizades que queremos ter, na rede eliximos os perfís que queremos seguir, establecendo un vínculo social de carácter ficticio. Na maioría das ocasións os following -persoas ás que seguimos- e os followers -seguidores- non sempre son os mesmos, isto é, non ten por que existir unha reciprocidade entre o que nós queremos ver e quen quere interactuar con nós.  Así, maniféstase como a perspectiva individual inflúe na construción dunha burbulla social.

A pesar dos poucos estudos que existen entre a correlación entre os rasgos de personalidade e os tipos de usuarios/as de Instagram, a clasificación dos Big Five ou Modelo dos 5 grandes factores da personalidade realizado en estudos sobre Facebook, permite clarificar certas características psicolóxicas dos mesmos (Casado, 2017).

image

INSTAGRAM BIG FIVE.jpg

Asemade, o narcisismo aparece con gran forza nesta rede social como sinalan os estudos sobre o narcisismo en referencia á motivación no emprego desta rede social (Sheldon & Bryant, 2016) e á autorepresentación mediante selfies (Barry, Doucette, Loflin, Rivera-Hudson & Herrington, 2015).

Sen embargo, o emprego de Instagram tamén foi o punto de partida do desenvolvemento de conductas de desvalorización da autoestima, da imaxe corporal e de insatisfacción coa vida que influíron en trastornos psicolóxicos como a depresión e a ansiedade ou vinculados á alimentación -anorexia e bulimia- (Ferguson, Muñoz, Garza, & Galindo, 2014). Os usuarios e principalmente as usuarias desta rede social refiren realizar máis comparacións do seu aspecto físico e ter máis internalizado un ideal de delgadez que as non usuarias, sendo esta relación medida en frecuencia e cantidade de uso. Por tanto, convértese nunha ferramenta de autodestrución do verdadeiro self das persoas cunha baixa autoestima ou un estilo de apego ansioso, as cales estarían acudindo a este rede co fin de satisfacer necesidades básicas a curto prazo (Flynn, Noone y Sarma, 2018).

Para rematar, sinalar a importancia da educación no ámbito do uso das redes socias polo feito de tratarse do reflexo da nosa sociedade e dos intereses que se atopan baixo a mesma, aos que cada un de nós debe facer fronte aceptándoos ou rexeitándoos.

Referencias bibliográficas:

Arciero, G., Gaetano, P., Maselli, P. y Gentili, N. (2003). Identity, personality and emotional regulation. Constructivism in the Human Sciences, 8(1), 7-18.

Barry, C. T., Doucette, H., Loflin, D. C., Rivera-Hudson, N. & Herrington, L. L. (2015).Let me take a selfie: Associations between self-photography, narcissism, and self-esteem. Psychology of Popular Media Culture, 29. DOI:10.1037/ppm0000089

Casado, C. (2017). Personalidad y preferencias de uso en las redes sociales en línea (Tesis doctoral). Recuperado de Tesis Doctorals en Xarxa (https://www.tdx.cat/handle/10803/409670#page=1)

Dion, N. A. (2016). The Effect of Instagram on Self-Esteem and Life Satisfaction. Recuperado de: https://digitalcommons.salemstate.edu/honors_theses/91/

Duarte, Á., Liria, A., & Vega, B. (2019). Psicoterapia en los Tiempos de Instagram. Revista de Psicoterapia, 30(114), 225-231.

Ferguson, C. J., Muñoz, M. E., Garza, A., & Galindo, M. (2014). Concurrent and prospective analyses of peer, television and social media influences on body dissatisfaction, eating disorder symptoms and life satisfaction in adolescent girls. Journal Of Youth And Adolescence, 43(1), 1-14. DOI:10.1007/s10964-012-9898-9

Flynn, S., Noone, C., & Sarma, K. M. (2018). An exploration of the link between adult attachment and problematic Facebook use. BMC Psychology, 6(1), 34. DOI: https://doi.org/10.1186/s40359-018-0245-0

Instagram (2020). Recuperado de: https://www.instagram.com/

Kemp, S. (2018). Digital in 2018. Recuperado de: https://wearesocial.com/blog/2018/01/global-digital-report-2018

Naja, W. J., Kansoun, A. H., & Haddad, R. S. (2016). Prevalence of Depression in Medical Students at the Lebanese University and Exploring its Correlation With Facebook Relevance: A Questionnaire Study. JMIR Research Protocols, 5(2). DOI: https://doi.org/10.2196/resprot.4551

Pariser, E. (2017). El filtro burbuja: Cómo la web decide lo que leemos y lo que pensamos. Barcelona, España: Taurus.

Vega, B., & Liria, A. (2012). Terapia narrativa basada en la atención plena para la depresión. Bilbao, España: Desclée De Brouwer.

Royal Society for Public Health (2017). Status of mind. Recuperado de: https://www.rsph.org.uk/our-work/campaigns/status-of-mind.html

Sheldon, P., & Bryant, K. (2016). Instagram: Motives for its use and relationship to narcissism and contextual age. Computers in Human Behavior, 58, 89-97.DOI: 10.1016/j.chb.2015.12.059

Twenge, J. M. (2017). Have Smartphones Destroyed a Generation? The Atlantic. Recuperado de: https://www.theatlantic.com/magazine/archive/2017/09/has-the-smartphone-destroyed-a-generation/534198/

 

    • Macarena Rivero Oribe
      Macarena Rivero Oribe

      Ola Noemia! Encantoume o tema que trataches no teu blog, e sobre todo, a maneira en que explicaches unha problemática cada vez máis estendida entre as persoas: as redes sociais terminan consumindo gran parte do noso tempo e chegamos a estar un número importante de horas pegados á pantalla.

      Eu incluída, deime conta de como chega a afectar á nosa maneira de ver a realidade e de non estar satisfeito cun mesmo. Consideraría esencial que, non só nas escolas senón tamén nas casas, se ensinase unha maneira responsable de usar as tecnoloxías. Crees que isto sería posible no mundo actual e a maneira na que se entende a educación hoxe en día?

      • Noemia Veiga Gonçalves
        Noemia Veiga Gonçalves

        Ola Macarena, grazas polo teu comentario! Considero que si é posible pois a formación do bo emprego das tecnoloxías é básico partindo do feito de que nas escolas se imparten materias cuxa metodoloxía básica ou obxecto de estudo é a tecnoloxía. Con respecto á figura dos pais, tamén considero que é fundamental xa que eles son as figuras que máis tempo pasan cos nenos/as e cuxa influencia neles/as é maior.   

      últimos comentarios