BLOG 2: É posible hoxe aprender sen tecnoloxía? Propostas de formación con tecnoloxía. Por que e para que? Con que enfoque da formación e da tecnoloxía? (II).

Como ben comentei na entrada anterior, gustaríame seguir reflexionando en relación a influencia que teñen as novas tecnoloxías na sociedade actual, pero nesta nova entrada centrareime en todos aqueles recursos tecnolóxicos que nos permiten ser utilizados para entornos educativos ou de formación. 

A día de hoxe existen múltiples plataformas e aplicacións educativas que nos ofrencen gran variedade de actividades, xogos e exercicios educativos e didáticos, os cales nos permíten adquirir aprendizaxes ou habilidades en diferentes niveis educativos e campos temáticos: matemáticas, lingua, inglés, xeografía, historia, bioloxía… Algún exemplo de estas son as seguintes: 

 https://arbolabc.com                       

 https://es.ixl.com

https://www.discapnet.es

A maioría de estas plataformas educativas van dirixidas a nenos/as de diferentes idades e que presentan diferentes ritmos de aprendizaxe, xa que se pode adaptar o nivel de dificultade en función das necesidades que presente cada un/unha, polo que, as novas tecnoloxías non só se dirixen a nenos e nenas que posúen as habilidades e coñecementos xa adquiridos, senon que como afirman Pérez y Santos (1997): “ a utilización das novas ferramentas para traballar na escola debe servir para que os alumnos con necesidades educativas especiais podan acercarse ao currículum ordinario e tamén deben permitir un maior desenvolvemento persoal destos alumnos, este desenvolvemento a súa vez debe traducirse nunha maior autonomía e independencia”.

Á pesar de que estes recursos, normalmente, van dirixidos a nenos/as, tamén existen colectivos de persoas adultas que os utilizan. No meu caso, a miña experiencia vivida nos Practicums I e II na Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional, destaco a gran importancia que poseen estos recursos en persoas adultas con diversidade funcional, xa que lles axuda a adquirir, entrenar e estimular coñecementos e habilidades tanto educativos como da vida diaria mediante xogos, actividades de memoria e lóxica, imaxes e videos que lles resultan chamativos…, e dicir, materiais didácticos que lles motivan e lles resulta estimulantes. As persoas maiores que acoden a Centros de Día tamén poden ser persoas que utilicen este tipo de recursos para estimular as súas capacidades cognitivas mediante o entreno de habilidades lóxico-matemáticas, de memoria, imaxes visuais, audición…

Calquer colectivo ou persoa pode chegar a utilizar e beneficiarse de plataformas ou aplicacións educativas ou de formación, xa que existen unha gran variedade de cursos, másters, grados ou formacións que se imparten online para facilitar a formación de persoas que non poden realizalas de maneira presencial, xa sea por motivos profesionais, familiares ou calquera outro. 

En conclusión, e como resposta as cuestión plantexadas no título deste blog, existen un gran variedade de propostas educativas e de formación que se poden dirixir a diferentes colectivos e que poden ser utilizadas de diferentes formas en función das características e das necesidades de cada usuario/a ao que se destine. A tecnoloxía é unha ferramenta que proporciona un inmenso abanico de oportunidades: axuda, motiva, estimula, crea, comunica, ensina, entretén…, esta ahí para calquera persoa que queira recurrir a ela en calquer momento da súa vida, pero para iso e necesario saber como utilizala e a que recursos recurrir cando se necesitan determinadas cousas. Polo tanto, actualmente a tencoloxía é unha ferramente a ter moi en conta a hora de crear, diseñar e utilizar recursos educativos, polo que en relación ao meu seguinte blog, deixo que reflexionedes acerca da seguinte cuestión: A incorporación das TIC na aula considerase innovación educativa?

 

Bibliografía:

Sancho, J.(2006). De tecnologías de la información y la comunicación a recursos educativos. En Juana Sancho (coord..) Tecnologías para transformar la educación. Madrid. Akal. Pags. 15-49 

Webgrafía:

https://www.discapnet.es

https://es.ixl.com

https://arbolabc.com

https://archivos.csif.es/archivos/andalucia/ensenanza/revistas/csicsif/revista/pdf/Numero_16/GUSTAVO%20ADOLFO_ROMERO_2.pdf

    • Marta Rodríguez Martínez
      Marta Rodríguez Martínez

      Boas tardes Natalia! 

      Tratando de respostar a tua pregunta de si a incorporación na aula se considera innovación educativa, a miña resposta é que si, pois como ben citaches ti ao longo da túa reflexión, son innumerables os motivos que hai para afirmar esta cuestión. Sen embargo, tamén penso que non é suficiente con incorporar as TIC na aula, senón que debe facerse un uso axeitado deste para lograr unha correcta eficacia na súa aplicación. 

      É unha metodoloxía interesante e innovadora, pero non considero que sea imprescindible, xa que son múltiples os métodos que hai para lograr unha boa innovación educativa, e o papel máis importante considero que o ten o educador. 

      Finalmente, felicitarche pola tua entrada no blog, xa que me resultaron moi interesantes os exemplos que citaches acerca das plataformas e aplicacións educativas ao igual que toda a reflexión. 

      Por certo! Ao principio citas o teu primeiro blog, e no teu perfil penso que non aparece reflexado ningún blog ademáis deste. Comentocho porque eu hoxe percateime de que, a pesares de que eu ao entrar no meu perfil si que podia ver todo o que eu publicara ao longo da materia, para os demáis usuarios non aparecía publicado. 

      Un saúdo!

      • Natalia Paz Prego
        Natalia Paz Prego

        Bos tardes, alegrome de que che resultara de interese a miña entrada e agradezoche que me comunicaras e me fixeras saber que o meu primeiro blog non se atopaba publicado, xa que debido a un erro meu este atopábase en estado de borrador e non publicado. 

        En relación a resposta a cuestión plantexada, estoy de acordo contigo en que resulta de gran interese introducir a novas tecnoloxías nas aulas e entornos educativos xa que resultan motivadoras e estimulantes, pero por outra banda considero  que o simple frito de introducir as novas tecnoloxías non quiere decir que sea innovador, porque como ben dis, todo depende de como se uitilicen.

        Moitas gracias por dedicarme una minutos para leer e comentar a miña entrada!

        Un saúdo Marta!!

        Natalia Paz Prego

        Natalia Paz Prego

        Considerome divertida, traballadora, amable e optimista

        últimos comentarios