Blog 5: Somos dunha determinada maneira na rede?

A entrada que quero facer hoxe é unha pequena reflexión sobre a expositiva da semana pasada, as fotografías, as imaxes que subimos as nosas redes sociais, todo o que mostramos é en realidade o que estamos a vivir, mostramos unha falsa realidade?

Existen diversos tipos de redes sociais, nos que podes comentar, mandar mensaxes, subir opinións, pero se nos percatamos todas elas teñen algo en común, pois en todas teñen a posibilidade de subir fotos. ¿Son tan importantes as nosas fotografías na rede? ¿Porque é unha opción que teñen todas as aplicacións?

Este tipo de preguntas entre outras son as que rondan a miña cabeza despois da clase expositiva, pois realmente estamos expoñendo a nosa vida a todo o mundo, porque ainda que teñamos o perfil privado todo o que compartimos queda gardado na rede, dunha vez que o subes xa non é propio, estámonos poñendo en mans de miles de persoas, as cales poden manipular as fotografías que subimos para conseguir diversos fins.

Volvendo a primeira pregunta no meu caso sempre subo os momentos máis agradables ou os momentos que máis gracia me fan, gústame compartir ese tipo de contido, pero moita xente créase un mundo paralelo, pode estar na súa casa súper triste ou con mil problemas que na súa rede mostra unha parte diferente da súa realidade. Realmente isto faise porque seguimos un patrón ou porque non nos gusta mostrar as partes máis difíciles do noso día a día?. É unha vía de escape as redes sociais para escapar dos nosos problemas e compararnos con outras persoas para convencernos de que nós tampouco estamos tan mal?

Todas estas preguntas son importantes, facer unha pequena reflexión delas e pensar realmente si o que subimos é porque nos apetece, porque nos gusta, porque estamos de acordo con iso ou simplemente é por postureo e por seguir cos roles que estipula a sociedade.

Un exemplo claro, todas as fins de semana antes de saír de festa eu saco unha foto no espello ou un selfie, e o que ronda a miña cabeza é saco a foto porque me gusta como vou e o quero ter en foto, pero porque o subo?, será porque son un pouco presumida ou porque as maioría das persoas que sigo tamén fan o mesmo e sinto que eu tamén debo seguir esa norma?. Porque está claro que a foto si quero podo sacala, pero a decisión de subila é outro punto, porque lle teño que mostrar a xente que vou facer e como vou vestida?.

Ao mellor despois desta clase e desta reflexión comezo a pensarme máis o que comparto, ainda que non sexa unha persoa que comparta demasiado, sobre todo agora coa modificación que introduciu Instagram, que consiste que só os teus mellores amigos, os que selecciones ti poden ver o que subes, e dende que está dispoñible este formato é o que adoito usar, pois ahí están as persoas que me importan realmente e coas que me gusta compartir cousas.

Espero que esta entrada tamén vos sirva para reflexionar e pensar ben antes de publicar algo.

 
    • Iria Blanco Mesías
      Iria Blanco Mesías

      Ola Lara!

      Comecei a ler o teu blog e surxíronme moitas dudas ás preguntas que ti plantexas nesta entrada.

      Como ben ti dis, no momento en que estamos subindo calquera tipo de fotografía a unha rede, xa non é propia, e pode chegar a infinitas partes do mundo, e polo tanto a infinitas mans e con diversos fins; o que conleva un perigo oculto do que moitas veces non somos conscientes.

      Eu non me considero unha persoa que sube moitos contidos á rede, pero si que estou en moitas ocasións vendo o que están subindo continuamente moitas persoas as que sigo. Non me paro a pensar na realidade desas imaxes, de se mostran só aquela parte que queren que vexamos; pero realmente sí, todos o facemos! 

      Unha imaxe non describe a nosa vida, pero si pode causarnos riscos como controlar os nosos pasos a través dunha xeolocalización, utilizar imaxes para plataformas ilegais, utilizar datos de calquera documento que nos identifique e suplantala, etc. En realidade cada un de nós elixe o que prefire subir ou o que non, pero debemos ser conscientes de disto e non facelo porque sí, pois estamos cruzando unha barreira que elimina a privacidade.

      A min a túa entrada serviume como reflexión, e considero que se debería traballar máis este perigo, sobre todo agora co auxe das redes e das novas tecnoloxías; non cres?

      Un saúdo!

       
      • Lara García Santamaría
        Lara García Santamaría

        Ola Iria!

        Alegrome que este post che servira para reflexionar e grazas polo teu comentario, xa que da túa reflexión destaco outro tema que non toquei nesta entrada, pois na escola tamén considero que se deben tratar estes temas, ensinar dende idades temperás os privilexios e os perigos que ten utilizar as redes sociais, e si creo e afirmo dita necesidade de levar a cabo obradoiros con esta temática.

        • Andrea Gil Miguéns
          Andrea Gil Miguéns

          Ola Lara! A túa entrada despertarme moitas cuestións. Eu tampoco son unha persoa que suba moitas cousas á rede, pero tampoco teño moi claro porque subo o pouco que subo, porque como ven dis “está claro que a foto si quero podo sacala, pero a decisión de subila é outro punto, porque lle teño que mostrar a xente que vou facer e como vou vestida?”, por qué cada vez que vamos de viaxe subimos ás fotos a Instagram? Porque non poden ser recordos gardados nas nosas galerias ou una foto impresa nun álbum?

          Unha das formas en que aprendemos as persoas é a través da imitación, penso que cando empezamos a utilizar este tipo de redes sociais aprendes a utilizalas imitando o que vemos nelas. Recibimos un tipo de contido e de forma incosciente imitamos esos patróns, porque pensamos que ese tipo de cousas son as que se deben de subir a instagram.

          Grazas por escribir este blog Lara, xa que invita a reflexión do uso que lles estamos dando as nosas redes socias.

          Un saúdo!