As Representacións Sociais (RS) no papel da fotografía nas nosas vidas.

Boas de novo compas! Durante unha das sesións expositivas falamos sobre moitos temas intimamente ligados: a fotografía, a imaxe, televisión e medios de comunicación e a influencia que todo isto ten nas nosas vidas, o fenómeno influencer, lifelogging... e diversos temas máis que, ao igual que a moitos dos meus compañeirxs, suscitaron en min un grande interese e foron motivo de inspiración para escribir o blog.

Deste xeito, gustaríame enfocar este segundo blog de cara a esclarecer o papel que imaxe e fotografía teñen nas nosas vidas. Para isto vexo conveniente, en primeiro lugar, diferenciar os termos imaxe e fotografía. Así, a Real Academia Española (2020) define imaxe como “figura, representación, semejanza y apariencia de algo”, mentres que a fotografía constitúe un “procedimiento o técnica que permite obtener imágenes fijas de la realidad mediante la acción de la luz sobre una superficie sensible o sobre un sensor”. Paréceme importante esta distinción porque en moitas ocasións tendemos, erroneamente, a empregalas como sinónimos, sen decatarnos da súa profunda diferenza. A fotografía permítenos obter imaxes; polo tanto, toda fotografía é unha imaxe, pero non toda imaxe é unha fotografía, pois a imaxe é a representación de algo a través de calquera medio, -entre eles, a fotografía-. Entón, a fotografía é o instrumento que empregamos cando queremos captar imaxes. Por exemplo, cando a profesora invitounos a fotografar na clase algo que nos representara, eu non dubidei en capturar a pintada de Paulo Freire do Módulo A, xa que é alguén que suscita en min interese, motivación e inspiración (déixovos a foto ao final do blog). E é que tendemos a capturar todo o que nos suxire ideas, emocións, expresións artísticas, ou momentos e lugares que non queremos esquecer. Ademais, nestes tempos tecnolóxicos e especialmente entre a xuventude, existe unha tendencia clara que pasa por compartir fotografías, vídeos, etc, de todo o que acontece nas nosas vidas. Desde o que comemos nun día calquera, ata viaxes ou festas cos amigos. Esta tendencia de establecer interrelacións a través da fotografía en redes sociais véñena a explicar as RS (Representacións Sociais) que, en palabras de Castrechini, Pol e Vidal (2007), orixínanse nas comunicacións interindividuais e constitúen o conxunto de conceptos, afirmacións e explicacións no seo da vida cotiá. Ibáñez (1988), ademais, agrupa as fontes de determinación das RS en 3 grandes grupos, entre os que me centrarei no derradeiro pola súa afinidade co eixo principal deste blog. Estas son as fontes asociadas ao conxunto de prácticas sociais ligadas aos distintos tipos de comunicación social. Que, o mesmo Ibáñez (1988) divide, á súa vez, en tres tipos:  comunicacións provenientes de medios de alcance xeral (por exemplo, televisións e periódicos), comunicacións dirixidas a categorías sociais específicas (como as revistas de divulgación) e a comunicación interpersoal (conversacións de calquera persoa na súa vida cotiá).

Coñecendo isto, parece lóxico que, nestes tempos, o afán por compartir fotografías daquilo que nos gusta, nos suscita emocións, lembranzas, etc, estea á orde do día. No entanto, a necesidade que hoxe en día impera, sobre todo na xuventude, de compartir todo en cada momento do día, da lugar a confundir este xeito de socialización coa privación da intimidade; sendo esta privación, ademais, absolutamente voluntaria. Persoalmente, a fotografía é unha práctica que me gusta desde hai anos. Antes, de feito, dábaseme bastante ben (agora xa non tanto), e si que houbo unha etapa da miña vida na que o compartía absolutamente todo nas redes sociais, ata que parei a pensar se realmente compensaba esa privación de intimidade, se me interesaba que tanta xente imaxinara quen son, que fago... Por iso agora so comparto certas cousas que me interesa compartir.

Vós que pensades? Sabíades o que eran as Representacións Sociais?

Déixovos por aquí, ademais, a foto do meu pedagogo de referencia (isto si que me interesa compartilo!)

O meu pedagogo de referencia

Castrechini A., Pol E., & Vidal T. (2007) Las representaciones sociales del medio ambiente: el papel de la fotografía. Revista de Psicología Social, (22)3, 267-277, DOI: 10.1174/021347407782194425

Ibáñez, T. (1988). Representaciones sociales. Teoría y método. En T. Ibáñez (Coord.), Ideologías de la Vida Cotidiana (pp. 13- 90). Barcelona: Sendai.

Real Academia Española [RAE], (2020). Imagen. rae.es. Recuperado de https://dle.rae.es/?w=imagen

Real Academia Española [RAE], (2020). Fotografía. rae.es. Recuperado de https://dle.rae.es/?w=imagen

    • Natalia Paz Prego
      Natalia Paz Prego

      Boas Alba, decirche que me gusta e me resulta de gran interese o tema de este blog xa que tes toda a razón cando dis que actualmente estamos na era dos conocidos influencers, instagramers, youtubers... Agora mesmo, seas persoaxe público ou non, case todo o mundo comparte nas suas redes sociais a sua vida e o seu día a día, pero a maioría soamente comparten aquelas cousas que queren que vexamos, e dicir, comparten aqueles momentos nos que son felices ou que creamos que o son ainda que realmente non seca así. Nas redes sociais podese "maquillar" a realidade, xa que podese facer ver o que cada un considere ou crea, pero non o que realmente é, e dicir, a realidade. 

      Por outra banda, en resposta a pregunta de si coñecía o que eran as Representacións Sociais, a verdade e que nunca oira falar delas, é a primeira vez que escoito ese termo, pero paréceme moi acertado no que o seu significado se refire. 

      E para rematar, darche a noraboa por esta entrada de gran interese para min. Un saúdo!

      • Alba Moreira
        Alba Moreira

        Ola Natalia! 

        Grazas polo teu comentario. Polo que vin noutros blogs e comentarios, creo que todxs temos unha opinión bastante semellante con respecto á concepción do movemento influencer e todo o que implica nas vidas das persoas, ao igual que con respecto ás redes sociais, nas que nos preocupamos por amosar o lado máis positivo da nosa vida, que moitas veces non concorda coa realidade. 

        Alégrome de que a miña entrada che interesara e servira para aprender un novo termo relacionado con este tema. Un saúdo!