BLOG 3: Hai innovación cando integramos tecnoloxía nunha proposta de formación? (I)

Como mencionei na entrada anterior, neste terceiro blog gustaríame tratar unha cuestión que levo tempo argallando e reflexionando, equivale a introdución das TIC en propostas de formación ou nas aulas innovación? 

Cando facemos referencia a innovación, pensamos en aqueles procesos que se levan a cabo para chegar a realizar un cambio tras a utilización dunha metodoloxía ou algo novo. A día de hoxe, a tecnoloxía e todo o que ela conleva non é nada novo para nós, estamos acostumados a súa utilización e a ver como práticamente todas as persoas a utilizan no seu día a día, porque debería supoñer na actualidade unha innovación cando se introducen nas aulas ou en calquera proposta de formación? Soamente a súa introdución supón un cambio? 

Dende a miña opinión, considero que o simple feito de introducir as novas tecnoloxías ou calquera recurso tecnolóxico en ámbitos educativos ou de formación non supón unha innovación. A innovación no só depende do simple feito de incorporalas, coa esperanza de que desa forma, poda esperarse un cambio ou a resolución dunha problemática. Para que gracias a elas se poda observar un cambio, débense ter os coñecementos necesarios para poder utilizalas de forma útil, motivadora, creativa… como o podemos observar na explicación de María Teresa Lugo e Valeria Kelly (2010): “A innovación non implica simplemente a incorporación de recursos tecnolóxicos nas aulas. Significa unha transformación cultural na maneira de xestionar e construír o coñecemento, nas estratexias de ensinanza, nas novas configuracións institucionais, nos roles dos profesores e dos alumnos, e incluso na maneira creativa de pensar a educación a tecnoloxía e as escolas”.

Polo tanto, a metodoloxía e a forma en que as utilicemos, vai a ser o condicionante polo cal a tecnoloxía vaise a ver como un recurso innovador ou non, xa que se por exemplo, utilizamos as novas tecnoloxías nas aulas para acabar utilizando unha metodoloxía tradicional, como podería ser o ditado ou a memorización, entón, que nos valería que a estiveramos empregando? E por iso a importancia que teñen os/as educadores/as, mestres/as ou en xeral todos os profesionais que se dedican á educación ou a formación, xa que non só debemos mencionar o ámbito educativo, e dicir as escolas, senón que tamén debemos ter en conta todos aqueles ámbitos nos que se imparte formación ou tamén os que utilizan as TIC como unha forma de ocio ou lecer.

Por último, gustaríame destacar a función que temos nós, os/as pedagogos/as en relación a innovación coas novas tecnoloxías, xa que temos a posibilidade de darlle un novo uso e un cambio no deseño de actividades e de programas de formación co uso das novas tecnoloxías, utilizalas como moito máis que unha simple metodoloxía “innovadora”. Recoméndovos que vexades o vídeo (deixo o enlace a continuación) no cal Sonia Martínez Requejo (2019) nos explica o papel que ten a pedagoxía no uso da tecnoloxía en educación, porque como ben destaca “A tecnoloxía sen pedagoxía non sirve de nada”.

https://www.grandesiniciativas.org/noticias/el-papel-de-la-pedagogia-en-el-uso-de-la-tecnologia-en-educacion_201904115caf0a2c0cf249ee435f75fe.html

 

Referencias bibliográficas:

    Natalia Paz Prego

    Natalia Paz Prego

    Considerome divertida, traballadora, amable e optimista

    últimos comentarios