BLOG 5. ¿Modificouse a forma que aprendemos pola tecnoloxía? ¿Qué din as teorías de aprendizaxe?

¿Modificouse a forma en que aprendemos pola tecnoloxía? A resposta é claramente sí. A medida que a tecnoloxía avanzou na nosa sociedade tamén o fixo na educación e con ela viñeron as innovacións  dos recursos como poden ser ordenadores, tablets, proxectores, software educativo e bases de datos para a búsqueda de información, entre outros. Tamén a raíz disto creáronse novos ambientes e espazos virtuais de ensinanza-aprendizaxe como unha nova metodoloxía para adquirir, ampliar e modificar coñecementos a través da rede grazas a teoría do conectivismo que de acordo con George Siemens(2004), é unha teoría da aprendizaxe para a era dixital, que toma como base a análise das limitacións do  conductismo, o  cognitivismo e o  constructivismo, para explicar o efecto que a tecnoloxía tivo sobre a maneira en que actualmente vivimos, comunicámonos e aprendemos.                                         

A través do conectivismo o aprendizaxe prodúcese a través das conexións dentro das redes xa que a partir delas xeramos conceptos, connotacións, ideas e forxamos relacións con outras persoas (a través das redes sociales, blogs, páxinas web…) o que conleva o intercambio de coñecementos e outras perspectivas enriquecedoras para entender o noso aprendizaxe que é individual e autónomo. 

                                        

https://eportafolio0.webnode.es/_files/200000036-10c6111c0d/450/conectivismo%201.png

Anteriormente ao conectivismo existían outras teorías como o Condutismo, Cognitivismo e Construtivismo que, ou non avanzaban ou o facían moi lentamente, e por iso se crea esta nova teoría da era dixital como modelo pedagóxico que axuda ao desenvolvemento das competencias tecnolóxicas do alumnado e onde o seu papel basease en adquirir a habilidade de seleccionar entre diversas formas e medios de comunicación ademáis de familiarizarse coas redes sociais. 

Grazas a teoría do conectivismo déronse novos espazos para a creación de novas formas de entender o aprendizaxe na rede e unha das máis coñecidas  e da que máis se falou na clase é o PLE a cal según Atwell (2008) confórmase entorno a aquelas ferramentas que nos permiten tres procesos cognitivos básicos que son: ler, reflexionar e compartir. Sabemos que cada individuo posee un entorno persoal de aprendizaxe distinto que irá cambiando e modificando pouco a pouco segundo os seus gustos, necesidades e intereses; a mera creación do PLE é unha forma de promover no individuo unha búsqueda activa do seu propio coñecemento, a súa reflexión ou debate con outras persoas na rede e sobre todo o saber auto-organizar a súa aprendizaxe de forma autónoma.

En torno a pregunta de se se modificou a forma en que aprendemos pola tecnoloxía como dixen antes a resposta é sí e se segue dando en moitos aspectos como poden ser: a creación de aulas de informática nos colexios tanto para realizar traballos de clase ou para empregar programas educativos, a creación dun aula virtual que facilite aos alumnos/as ter os apuntes, etc.

En definitiva, para poder ensinar e aprender a través da tecnoloxía é imprescindible coñecer a súa utilidade, neste caso na educación, qué podemos ensinar, cales son os obstáculos e as metas a perseguir e sobre todo se a súa implantación na mesma serve como instrumento pedagóxico na educación.

Referencias bibliográficas:

Adell, J. Y Castañada, L. (2010). Los entornos personales de aprendizaje (PLE) una nueva era de entender el aprendizaje.

Siemens, G. (2006). Conectivismo. Una teoría de aprendizaje para la era digital.