BLOG 4: Hai innovación cando integramos tecnoloxía nunha proposta de formación? (II)

 

Boas tardes a todos e todas, neste blog número 4 gustaríame continuar un pouco na mesma líña da entrada anterior, pero centrándome na importancia que temos todos/as aqueles profesionais implicados na educación e en procesos de formación, xa que deixei unha pequena introducción (o vídeo) que si non o vistedes recomendoo que o vexades, xa que explica moi ben a importancia que temos os pedagogos e as pedagogas na innovación coas novas pedagoxías.

Todas aquelas persoas que están implicadas en procesos de ensino-aprendizaxe, como son: mestres/as, pedagogos/as, educadores sociais, traballadores sociais… deben estar en constantemente en formación, a súa prioridade principal debería ser estar adecuadamente formados e, polo tanto, actualizar todos os seus coñecementos en todos os ámbitos nos cales están implicados. Pero cando falamos de tecnoloxía educativa, está implícita esta formación e actualización, xa que a sociedade na que nos atopamos cada vez avanza a maior velocidade e con maior repercusión na nosa vida, polo que debemos ser capaces de adaptarnos e aprender a convivir con eses cambios, porque como ben dixo Miguel de Unamuno “renovarse ou morrer”.

Polo tanto, tras a reflexión anterior, debemos ter claro que a formación non só debe recibirse para a obtención dun título académico, xa que un bo profesional debe ser consciente da necesidade de formación e actualización para unha boa transmisión de coñecementos. Porque como ben menciona Rocío Domínguez Alfonso (2012): “O docente é un elemento activo e crítico do seu propio traballo, polo tanto, canto maior sexa a súa competencia profesional en TIC, maior será a súa capacidade de reflexión para intervir na toma de decisión sobre qué, cómo e cándo ensinar usando as tecnoloxías da información e a comunicación; de maneira que podan actuar de forma práctica organizando os contidos e tarefas para os seus alumnos dun modo coherente e cheo de significado para o grupo”.

Un dos termos principais que coñecemos ao comezo desta asignatura foi o de alfabetización dixital, que ligado a función docente, refírese a todas aquelas practicas e tarefas que se realizan xunto coas novas tecnoloxías, que poden ser: deseño curricular e preparación de actividades, avaliación, formación, búsqueda de información, de novas metodoloxías, de recursos… con un bo coñecemento e manexo das mesmas, o docente pode favorecerse do seu uso e tamén proporcionarlle ao alumnado unha maneira motivadora, creativa e divertida de adquirir os coñecementos necesarios.

As TIC tamén son unha ferramenta a ter en conta nas aulas para a inclusión de nenos/as con diversidade funcional, xa que a utilización da tecnoloxía facilitalle a ditos alumnos/as comprender mellor os coñecementos a través de programas adaptados, resolución de problemas de maneira autónoma, facilitar a comunicación a través de redes sociais, redes de aprendizaxe, espazos de participación…, porque como ben mencionou a primeira relatora especial sobre o dereito a educación de ONU, Tomasevsky (2001): “A educación é un dereito humano que debe basarse en catro dimensións: Avaliable, accesible, aceptable e adapable). Porque como ben di, a educación é un dereito que todos deberíamos ter.

 

Webgrafía:

https://revistas.um.es/educatio/article/download/91111/87841/

https://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/5118305.pdf

https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=3973273

https://www.revistaeducacioninclusiva.es/index.php/REI/article/viewFile/53/48

    Natalia Paz Prego

    Natalia Paz Prego

    Considerome divertida, traballadora, amable e optimista

    últimos comentarios