Educación e currículo como ferramentas políticas

No bloge do día de hoxe vou falar de algo do que teño moitas ganas de expresarme, dar a miña e buscar/traervos información ó respecto: é a educación unha ferramenta do estado? 

 

A resposta clara, correcta e breve é sí, a educación é un instrumento do goberno dun país mediante o cal se busca crear os/as cidadáns ideais do futuro, dacordo coa ideoloxía que predomine no goberno. Isto levo sendo así dende que a educación pasou a ser un dereito do cal se encarga públicamente o estado. Ó ser un dereito universal do cal se deben facer cargo os países, estes mesmos poden decidir que ensinar e que non, para conseguir así o seu obxetivo fundamental: conseguir que perdure a ideoloxía do partido que goberna. Tamén é importante comentar o currículo oculto, xa mencionado na aula, que consiste en todo aquelo que os alumnos/as aprenden pero que non se recolle no currículo. 

 

En relación con isto, hai que deixar claro que esto non é adoctrinación (polo menos, non en todos os casos). Adoctrinar, según a definición da RAE, é inculcar a alguén determinades ideas ou creenzas. Polo tanto, non é mesmo escoller x ou y contidos para engadir nun currículo, pero respetando sempre o desenvolvemento das 7 competencias claves, que facer que un colectivo pense dun xeito determinado. Penso firmemente que cando existe adoctrinamento é imposible que exista educación.

 

Seguindo pola liña de que a educación é unha ferramenta política, quero destacar a importancia que isto ten en relación con que goberne o partido de menganito ou o de fulanita. Vou relacionar este tema co do meu anterior blogue, no cal falei da situación actual do galego e a relación coas novas tecnoloxías. Na última década na Galiza leva gobernando Alberto Núñez Feixóo, o cal é o líder do Partido Popular de Galicia. Non vou falar da ideoloxía deste partido nin de ningún outro, só vou decir datos obxetivos: dende que este señor entrou na Xunta, as horas de galego no ensino público reduciron drásticamente, ó mesmo tempo que o número de galego falantes. Se en lugar de gobernar esta persoa, o fixera outra de calquer outro partido político, o conto sería totalmente distinto. Isto só é un exemplo de como a política ten repercusión directa na educación e indirecta na formación da sociedade.

 

A onde quero chegar con todo isto? Mentres que a educación sexa un dereito pensado polas altas clases sociais para educar ás baixas, as desigualdades sempre prevalecerán. Como explica moi ben Jasper (2018) na súa canción Pedagoxía do Opresor, este sistema público preprara explotados sempre dispostos a selo. Paulo Freire (1970) , na súa obra Pedagogía del Oprimido tamén expón unha idea semellante: a educación só unha ferramenta das clases privelexiadas para perpetuar as desigualdades socias, propiciadas polas mesmas clases altas para o seu propio beneficio económico-política. Mediante a educación grandes mentes malvadas conseguiron os seus obxetivos xenocidas e dictatorias, como Adolf HItler. 

 

Hoxe en día, partidos ultradereitistas queren meter as pezuñas na educación, como VOX e o seu cheirento e casposo Pin Parental. E vos diredes Pero Diego, simplemente o que hai que facer é votar a partidos con ideoloxías de esquerdar para ter unha educación igualitaria e evitar que partido racistas e clasicistas cheguen ó goberno. E eu digo Sí, pero non é suficiente. Penso que, por moito que goberne un partido de esquerdas (como é o caso actual de España) é de vital importancia que a sociedade proteste e faga ruído, tendo así incidencia política no goberno, máis aló de simplemente votar o día das eleccións. Como ben explica Torres (2007):

    

(...) Se acepta que la formulación y la ejecución de las políticas públicas –aquellas teóricamente llamadas a ocuparse del “bien común”, del “interés de todos”– deben dejar de ser dominio exclusivo del Estado; que una democracia genuina requiere no sólo mecanismos de representación política sino también de participación ciudadana directa; y que esta co-producción de las políticas es esencial para su coherencia, relevancia, apropiación, viabilidad, sustentabilidad y eficacia.

 

Para conseguir isto é fundamental algo que levo comentando transversalmente en todas as miñas publicacións: fomentar, mediante a educación, o pensamento crítico da cidadanía. Está claro que o currículo vai vir dado polos dirixentes de arriba, pero mediante o currículo oculto, nós, como futuros profesionais da educación, podemos e, atreveríame a decir, temos o deber de indagar en todas a persoas unha ideoloxía inconformista e defensora da igualdade total de toda a cidadanía. 

 

Gustaríame moito ler as vosas opinións ó respecto. Que pensades sobre este tema? 

 

Referencias:

 

Carbonell, J. (2018). La educación es política [Mensaxe nun blog]. Pedagogías del siglo XXI. Recuperado de: https://eldiariodelaeducacion.com/pedagogiasxxi/2018/04/18/la-educacion-es-politica/ 

 

Del Valle, E. (s.f) La educación como herramienta política: Enciclopedia de Puerto Rico. San Juán, Puerto Rico. Recuperado de: https://enciclopediapr.org/encyclopedia/la-educacion-como-herramienta-politica/

 

Freire, P. (1970) Pedagoxía del Oprimido. México: Siglo XXI Editores. Recuperado de: https://fhcv.files.wordpress.com/2014/01/freire-pedagogia-del-oprimido.pdf

 

Real Academia Española. (s.f) Adoctrinar. En https://dle.rae.es/adoctrinar 

Currículo Oculto. (s.f) En Wikipedia. Recuperado o 6 de Marzo do 2020 de https://es.wikipedia.org/wiki/Curr%C3%ADculo_oculto 

 

Torres, R. (2007). Incidir en la educación. Polis. Revista Latinoamericana, (16).

 

 

Webgrafía:


 Pedagoxía do Opresor. NAO: https://www.youtube.com/watch?v=VoO7C3jZ9E8

    • Patricia Garaboa Vazquez
      Patricia Garaboa Vazquez

      Boas tardes Diego:

      Concordo contigo en moitos aspecto desta entrada. Un deles é o tema da educación como ferramenta das clases altas para o seu propio beneficio económico-político como ben dis. Pero tamén saliento, sobre todo no caso de España os estragos educativos que están efectuando tanto a Esquerda como a Dereita xa que tocas o tema político. O que non ten xeito, sexa partido con ideoloxía máis afín a esquerda ou máis afín á dereita, é que en dende o 1990, momento no que se aproba e entra en vigor unha das Leis educativas máis novidosa  e que máis cambios  supuxo para a época na que estábamos, a Lei Orgánica 1/1990, de Ordenación Xeral do Sistema Educativo, (LOXSE), é que dende ese ano, levemos 5 Leis educativas aprobadas (das cales algunha non se chegou a aplicar xa que aos meses seguintes se produciu un cambio de goberno). E por se xa con isto non fose pouco, esta semana concretamente, se aprobou a nova Lei Educativa que derrogará a LOMCE (aprobada no 2013) e denominada "LOMLOE". O símil que se ve no tocante a este tema para min son os cans que cando acostumamos a pasealos, soen ir marcando territorio polas esquinas sen importarlle o mobiliario público e obxectos varios... pois iso é o que no caso de España pasa cos políticos e coas leis educativas. Mentras non exista un pacto de Estado, estaremos con estas idas e voltas entre os partidos políticos e un tema tan importante como é en calquera país: a educación.

      Xa para rematar, engado un clásico que xa mostraba a situación da educación hai catro décadas pero que podería ser un vídeo de total actualidade. 

       

      https://www.youtube.com/watch?v=YR5ApYxkU-U

      • Diego Cerviño Cerviño
        Diego Cerviño Cerviño

        Boas Patricia!

        Pídoche mil disculpas pola tardanza en contestar ó teu comentario, a verdade é que acabo de lelo. Douche toda a razón, vivimos nun país onde calquera partido (xa sexa de dereitas ou de esquerda) que goberna busca resultados a curto prazo, máis concretamente, en menos de 4 anos (que é o que dura a lexislatura). Resultado disto o sistema educativo tan inestable que existe no noso país, que cada certo tempo vese cambiado e modificado por una nova lei educativa. Aínda con isto, nos últimos anos, vemos que os cambios que se producen son superficias, non se fai unha remodelación plena do que é o sistema, polo que as bases elitistas e desiguais deste seguen existindo. Non sei que opinas ti ó respecto.

        Moias grazas polo teu comentario e perdón pola tardanza.