Blog 4. Considerades que existe brecha dixital no noso sistema educativo?

Cando oimos falar da brecha dixital, moitas veces non temos unha clara referencia do que iso significa actualmente. A modo de introducción, a UN ICT Task Force define a brecha dixital da seguinte maneira:

 

“En los últimos años, como consecuencia de que las tecnologías de la información y de la comunicación se han convertido en la columna vertebral de la economía de la información mundial y de que han dado lugar a la sociedad de la información, se ha puesto mayor atención a la diferencia de acceso a las TIC entre los países desarrollados y los países en desarrollo. Esta diferencia se conoce como la “brecha digital”(...)”.

Pero a brecha dixital vai máis alá e contempla tres aspectos importantes relacionados co uso das TIC: o uso, o acceso e a calidade do uso das mesmas

Dende o meu punto de vista, dentro dos tres apectos importantes que contempla a brecha dixital, o máis complicado de salvar é o acceso. O certo é que nos países máis desenvolvidos, o acceso ás novas tecnoloxías é máis fácil de salvar que incluso o seu uso, pero paremos a pensarnos en países onde non o teñen tan accesible.

 

Económicamente, facerse cun parato tecnolóxico, ter acceso a unha rede de conexión e poder mantelo operativo, para algunhas familias faise realmente impensable.

Para situarnos, a brecha dixital comeza a partir da sociedade da información, producto da incorporación das tecnoloxías e non a partir das realidades estructurais ou de procesos históricos. É producto de brechas existentes, producidas por desigualdades económicas, políticas, sociais, culturais, de xénero, etc.

É aquí onde podemos repensar se o acceso ás TICs constitúe tamén unha brecha de cara a inclusión, é dicir, a brecha dixital implica pensar en desarrollo, de países, de rexións e de persoas con mellores oportunidades de acceso, en detrimento de quen non goza delas. O acceso constitúe unha desigualdade difícil de solventar e polo tanto pode dar lugar á exclusión, á diferenciación por clases e por recursos. Para a educación, constitúe un gran reto, posto que na escola podemos garantir que cada alumno teña o seu propio ordenador e traballe con el mentres estea na escola, pero no ámbito extraescolar e extracurricular non podemos garantizalo.

En canto ao seu uso, e de cara ao sistema educativo, existe tamén unha brecha entre alumno e profesor. Para moitos docentes a incorporación das novas tecnoloxías ao sistema fíxose de forma sistemática e consciente, pero para outros, constituíu unha barreira de aprendizaxe, limitado no tempo e que non foi suficiente para estudar as súas verdadeiras posibilidades e limitacións. Falamos aquí do que moitos profesores denominan brecha dixital xeracional, xa que a partir do uso e da accesibilidade a estes recursos que hoxe en día teñen moitos mozos, moitos alumnos xa veñen formados con posibilidades que eles, noutro tempo, non tiveron. 

 

Atopámonos cunha realidade presente no noso sistema educativo sen ir máis alá. A metodoloxía docente nalgunhas aulas está exenta do uso das TICs moitas veces porque o docente non se sinte formado e preparado para afrontar a sua labor desde este tipo de innovacións e construir igualmente coñecemento. Investiuse en infraestructuras e na dotación das aulas destes medios, e moitos hoxe en día aínda non foron postos en marcha por descoñecemento e en moitas ocasións, por medo ao cambio.

Indubidablemente, ensinarlle a utilizar este tipo de recursos tecnolóxicos ao alumnado, cambia de ensinarllo a un docente; as estructuras cognitivas básicas cambian e os procesos de desarrollo están menos condicionados, pero non quere dicir que sexa imposible. Para solventar o descoñecemento basta con formar, as horas que sexan necesarias e abrirlle camiños de innovación que poidan transladar ás aulas e enriquecerse dos mesmos. E en segundo lugar, de cara ao medo ao cambio, amosarlle que todo na súa certa medida, pode ser moi positivo. Aprender por innovación, ou aprender facendo, son duas das características que traen consigo este tipo recursos, por non falar do fomento da creatividade e da expresión no alumnado. Aínda que sen olvidar que como todo, hai partes negativas que se deben poñer sobre a mesa e ter en conta.

                                  

Entendemos que actualmente hai novos escenarios que representan desafíos para a educación, modificando as estructuras básicas e as prácticas metodolóxicas tradicionais. Mudou a forma de acceso a información e replantexase a dinámica de ensino-aprendizaxe, e con ela presentase a brecha dixital que como obxectivo a curto ou a longo plazo se intenta salvar e incluso facer desaparecer. O uso, o acceso, … son aspectos a ter en conta na forma de ensinar e na forma na que o alumnado de desenvolve persoal e socialmente, que condicionan negativamente en moitos aspectos e mesmo discriminan e clasifican, pero formando e desmentindo mitos sobre a tecnoloxía podemos, paulatinamente, salvar a chamada brecha dixital.

 

Respondendo á pregunta que titula este blog, e por todo o exposto anteriormente, considero que existe unha grande brecha dixital no sistema educativo nos nosos días. E vós... Que opinades sobre este tema? Considerades que existe unha brecha dixital que hai que salvar educativamente? Que propostas levariades a cabo para reducila?...

 

A modo de conclusión, gustaríame remarcar esta cita de Manuel Castells (2005) e que trata precisamente da temática exposta:

«Por supuesto, la tecnología no determina la sociedad. Tampoco la sociedad dicta el curso del cambio tecnológico, ya que muchos factores, incluidos la invención e iniciativas personales, intervienen en el proceso del descubrimiento científico, la innovación tecnológica y las aplicaciones sociales, de modo que el resultado final depende de un complejo modelo de interacción. En efecto, el dilema del determinismo tecnológico probablemente es un falso problema, puesto que tecnología es sociedad y ésta no puede ser comprendida o representada sin sus herramientas técnicas.» 

 
    • Macarena Rivero Oribe
      Macarena Rivero Oribe

      Boas Iria! Encantoume a maneira na que explicas o concepto de brecha dixital, e sobre todo como o aplicas ao contexto de aula. Fíxome reflexionar sobre o verdadeiro sentido do termo "brecha dixital" que tantas veces utilízase unicamente para denominar a diferenza entre os avós e os seus netos.

      Como dis no teu blogue existe unha brecha dixital nas aulas por parte do profesorado. Eu mesma, que estudei con LOE, deime conta das poucas tecnoloxías que integraba. Cando no meu instituto comezaron a colocar aparellos electrónicos coa aprobación do Proxecto Abalar, eu xa ía dous cursos por diante daqueles cursos que os tiñan. O teu blogue tróuxome á mente recordos onde os profesores máis veteranos, esas veces que se  sinceran en clase, contaban como consideraban unha perdida de tempo tanta tecnoloxía na aula porque, segundo eles, distraía aos alumnos máis que ensinarlles.

      Considero que a mellor forma de integrar as tecnoloxías é ensinar aos profesores do futuro para utilizalas da maneira máis eficiente posibles. No que respecta a os profesores con máis experiencia no sistema educativo, deberíaselles incentivar para que continúen engadindo á súa formación permanente aqueles coñecementos relacionados coa tecnoloxía. 

      Bo blogue, un saúdo e encantoume a última cita!

      • Paula Leis Bahamonde
        Paula Leis Bahamonde

        ¡Hola Iria! Me ha parecido importantísima tu entrada, ya que muy pocas veces pensamos en que existe esa brecha digital. Como estamos en un país desarrollado, pensamos que todo el mundo puede tener acceso a la informática y que todo el mundo puede tener un ordenador en su casa e incluso conexión wifi.

        Pero muchas veces no nos damos cuenta de que, aunque vivamos en un país desarrollado, quizás muchas familias no tengan como poder pagar el wifi o no tengan para comprarle un móvil, un ordenador o una tablet a su hijo. Nunca nos paramos a pensar en que esto pasa más veces de las que creemos, y quizás por eso las nuevas tecnologías también sean un poco discriminativas, debido a que no todo el mundo puede tener acceso a ellas.

        Por eso me parece muy importante que se intenten llevar inciativas de comprar ordenadores para los colegios e institutos e incluso con el Proyecto Abalar que los niños tengan su propio ordenador portátil subvencionado por la Xunta, para poder gozar de ese privilegio, y poder trabajar con las nuevas tecnologías.

        Aún así, tenemos que seguir trabajando para que esa brecha no siga existiendo. ¡Me ha gustado mucho tu post!

        • Iria Blanco Mesías
          Iria Blanco Mesías

          Bos días, Macarena e Paula! Darvos as grazas polos vosos comentarios e achegarme os vosos puntos de vista sobre a brecha dixital no noso sistema educativo.

          Comentábades o Proxecto Abalar que todos chegamos a vivir nos nosos institutos, e estou de acordo como ben dis, Paula, sobre a oportunidade que tivemos todos de traballar na aula coas novas tecnoloxías e favorecernos así dos seus beneficios. Máis, como mencionou Macarena, non todos os profesores o vían como algo positivo, e non todos sabían aplicarnos os contidos e os coñecementos a partir do uso destas. É importante resaltar que todo aplicado na súa xusta medida e de forma adecuada pode favorecer, e moito, o proceso de ensinanza-aprendizaxe, pero se carecemos das competencias básicas de uso, podemos entorpecer e desviar este proceso.

          Coincido con vós en que é necesario seguir traballando para eliminar a existencia desta brecha dixital, e de que mellor forma que formando adecuadamente aos profesionais do ensino para que poidan intregralas nas aulas e favorecer e facilitar o aprendizaxe dos contidos curriculares. Por non falar de que normalmente os nenos decántanse máis por estes medios que polos tradicionais; resultan máis atractivos.

          Darvos de novo as grazas polas vosas reflexións, e un saúdo!