Blog 4. E-portafolio. Características positivas desta ferramenta didáctica no ensino-aprendzaxe.

A realización de entradas neste blog conforma o e-portafolios co que, ao finalizar o cuadrimestre, a profesora nos avaliará; pero cales son ás principais características do e-portafolio?

Nun primeiro lugar cabe definir que é un e-portafolio; pois ben, este trátase dun método de ensinanza, aprendizaxe e avaliación que consiste na achega por parte do alumnado de producións de diferente índole, a través das cales se avalían as súas capacidades no marco dunha disciplina ou materia de estudo (Domínguez, 2014).

Os seguintes termos: portafolio dixital, portafolio electónico ou o e-portafolio, son as diferentes expresións empregadas no ámbito educativo para denominar a aquel portafolio de aprendizaxe en rede. Este e-portafolio configúrase non só dos traballos expostos polo alumnado, senón que se trata tamén dun espazo dixital empregado para compartir reflexións e experiencias referentes á educación, tanto por parte do alumnado como polos propios docentes.

Para os docentes, un e-portafolio é unha construción orientada dende o plantexamento, avaliación e reflexión dos procesos de ensinanza-aprendizaxe e reflicte os intereses e competencias do autor (Prendes & Sánchez, 2008; Díaz, Romero & Heredia, 2011).

Mentres, para o alumnado, constitúe unha recompilación dos traballos presentados durante un proceso de formación. O e-portafolio promove a construción de coñecemento e contén evidencias das actividades desenvoltas e as reflexións persoais acadas por cada alumna/o. (Cabero, López & Llorente, 2012; Rodrigues, 2013).

Os e-portafolios teñen gran importancia estratéxica. Supoñen unha ponte interactiva para o intercambio de coñecementos en rede, é dicir, da lugar a unha aprendizaxe colaborativa e innovadora, supoñendo un impacto nas prácticas pedagóxicas e na construción de novos escenarios de identidade laboral.

Esta ferramenta integra a investigación, a innovación e a apropiación de coñecemento a través dunha aprendizaxe activa enmarcada nunha relación sinérxica co pentágono de competencias TIC (MEN, 2013, 9). O pentágono de competencias TIC atópase conformado pola: competencia tecnolóxica, competencia investigativa, competencias pedagóxica, competencia comunicativa e competencia de xestión.

B4P1

 Figura 1: Pentágono de competencias TIC.

O desenvolvemento dun e-portafolio implica unha autoavaliación e a comprensión das fortalezas e limitacións (Gewerc, 2008), así como tamén permite ao docente avaliar o auténtico desempeño de cada alumna/o (Barberá, Gewerc, Rodríguez,  2009; Díaz, Romero & Heredia, 2011; 2012).

Como indica Omar Fernando Cortés, empregar un portafolio dixital evidencia unha apropiación da tecnoloxía educativa aplicada á aprendizaxe activa, con maiores niveis de uso de tecnoloxías de información e comunicación (TIC) e tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento (TAC), sen alcanzar o dominio aplicado das tecnoloxías do empoderamento e a participación (TEC).

Así pois, pódese afirmar que os e-portafolio inclúen unha mirada reflexiva para a comprensión do proceso de ensinanza-aprendizaxe e favorece a avaliación formativa, posto que permite recoñecer as habilidades e destrezas (Barujel, 2008; Prendes & Sánchez, 2008; Cabero, López & Llorente, 2012). 

Como técnica de avaliación o e-portafolio permite desenvolver os seguintes obxectivos (Barragán, 2005):

  1. Avaliar tanto o proceso como o resultado.
  2. Motivar ao alumnado á reflexión sobre a súa aprendizaxe.
  3. Desenvolver traballo colaborativo.
  4. Promover a capacidade de resolución de problemas.
  5. Estruturarlas tarefas de aprendizaxe.

Como técnica de aprendizaxe permite a integración dos obxectivos específicos e os competenciales xenéricos asociados. Cabe destacar tamén que con esta ferramenta os estudantes aprenden a aprender e por conseguinte toman máis responsabilidade no seu proceso de aprendizaxe. 

Cabe sinalar tamén que os e-porfolios promoven un entorno onde a alumna/o non só reciben información, senón que producen e difunden (Agra,  Gewerc, & Montero, 2003; Ayala & Medina, 2006). Sen embargo, as vantaxes educativas que estes aportan, atópanse condicionadas polo uso 

que cada alumna/o faga das TICs. odese resaltar que os e-porfolios, a diferenza do que estamos facendo actualmente nesta sinatura, poden ser tanto de carácter individual ou tamén grupais; e teñen a vixencia que cada un queira darlle, permitindo ser usado dende ao longo dun curso académico ou incluso perdurar no tempo. (Rodríguez,  Aguado, Galván & Rubio, 2009).

O uso do e-portafolio dunha maneira habitual, potencia a autonomía do alumnado, facéndolle reflexionar sobre o seu propio proceso de aprendizaxe. Así pois, un dos puntos máis interesantes do desenvolvemento dos e-porfolios é a retroalimantación externa que se recibe no seu uso.

A modo de conclusión, considero que o e-portafolio é unha boa ferramenta para a avaliación, por parte dos docentes, das competencias tanto xenéricas como específicas do alumnado, ademais de servir para o enriquecemento do currículo académico destes. Esta ferramenta incrementa á aprendizaxe reflexiva, mellora a praxis educativa, potencia a capacidade crítica e autocrítica do alumnado, facilita a construción de coñecementos, pon en coñecemento a utilización doutras ferramentas relacionadas, axuda na planificación de tarefas educativas, etc.


 

Referencias bibliográficas:

Campo, M. F.; Segobia, R.; Martínez, P.; Rendón, H. J. & Calderón G.G. (2013). Competencias TIC para el desarrollo profesional docente. Recuperado de: https://www.mineducacion.gov.co/1759/articles-339097_archivo_pdf_competencias_tic.pdf

Cortés, O. F. (2015). E-portafolio como herramienta construccionista del aprendizaje activo en tecnología educativa.Revista Lasallista de investigación. (12). pp.: 36-44. DOI: https://doi.org/10.22507/rli.v12n2a4 

Domínguez, S.; García, M. I. & Taberna, J. (2014) Uso del e-portafolio en la información: el e-portafolio integral. Recuperado de: https://upcommons.upc.edu/handle/2117/27850

 

 

    Yoly R. Guerra

    Yoly R. Guerra

    23 anos. Estudante do 3º curso de Pedagoxía na USC.

    últimos comentarios