Blog. 4. Competencia dixital. Que é? Por que é importante hoxe en día?

    Rocío Ramos Lamela
    Por Rocío Ramos Lamela

    Boas compañeiras/os! Como temos que pasar uns dias na casiña debido o Coronavirus (COVID-19), déixovos por aquí unha nova entrada, para que vos poidades entreter un anaco e que estes días encerrados nas nosas casas se fagan un pouco máis lavadoiros.  ÁNIMO : )

    Neste cuarta entrada vou facer un blog sobre que é a competencia dixital e porque é importante hoxe en día.

    Polo tanto comezamos respondendo e explicando a seguinte pregunta: Que é a competencia dixital?

    A competencia dixital (CD) é aquela que implica o uso creativo, crítico e seguro das tecnoloxías da información e a comunicación para acadar os obxectivos relacionados co traballo, a empleabilidade, o aprendizaxe, o uso do tempo libre, a inclusión e a participación na sociedade. (Ministerio de Educación y Formación Profesional).

    Fan referencia a capacidade de utilizar os coñecementos e habilidades tecnolóxicas para o desenvolvemento e optimizar os procesos a través do desempeño eficiente e eficaz das Tecnoloxías da Información e comunicación (TIC) de maneira críca, creativa e segura para o logro dos obxectivos.

    O traballo, as saídas profesionais, a educación, o ocio  e a participación na sociedade... Todas estas áreas e moitas outras están cada vez máis “dixitalizadas”, en tanto e en canto a información os servizos distribúense por medio de internet. En consecuencia, as competencias dixitais (CD) son vitais para participar na sociedade e na economía de hoxe en día. Como competencia transversal, as competencias dixitais tamén nos axudan a dominar outras competencias clave como por exemplo: a comunicación, as habilidades lingüísticas  ou as habilidades científicas e matemáticas básicas.

    Por que son importantes hoxe en día?

    Dende o meu punto de vista considero que as competencias dixitais son importantes debido a que facilitan a adaptación as novas necesidades, xa que permiten desenvolver unha actitude activa, crítica e realista cara as tecnoloxías, valorando as fortalezas e debilidades  e respectando os principios éticos no seu uso. Gardan unha relación coa participación, o traballo colaborativo, a motivación e la curiosidade polo aprendizaxe.

    Cando falamos de competencia dixital é moito mais que posuír coñecementos, saber utilizalos e aplicalos de maneira práctica. O uso da competencia dixital actualmente ten unha relevancia singular, pola época na que nos atopamos. Case todo o que nos rodea está relacionado coa tecnoloxía. É por esta razón pola cal é importante posuír coñecementos e destezas no marco da competencia dixital para sacar o máximo partido a todos os recursos cos que contamos de maneira que poidamos obter beneficio e facer un uso responsable deles.  


    Para rematar déixovos por aquí unha foto:

    image

     

     

    Referencias Bibliográficas: 

    De la Fuente, J., Peralta, F. y Sánchez, M. (2011). Formación en competencias: aprender a aprender y competencia digital. Acta del Congreso de Formación del Profesorado. Ministerior de Educación, Madrid, España

    Ministerio de Educación y Formación profesional. Recuperado de https://www.educacionyfp.gob.es/educacion/mc/lomce/el-curriculo/curriculo-primaria-eso-bachillerato/competencias-clave/competencias-clave/digital.html