Blog 6: A tecnoloxía como un método motivacional.

O blog de esta semana é moi distinto, pois comecei as prácticas no meu antigo colexio e quería facer unha reflexión sobre os cambios que noto dende que rematei os meus estudos no centro.

Para poñervos en contexto é un centro concertado, o cal cubre as etapas de educación infantil (E.I), educación primaria (E.P) e educación secundaria (E.S.O). Do primeiro cambio que me percato é que todas as aulas teñen proxectores, ademáis das posicións das mesas e cadeiras que están estratéxicamente postas para que os nenos e nenas sexan capaces de visualizar da mellor maneira tanto o encerado como o proxetor.

Na primeira etapa, educación infantil, ademáis de contar con este proxectores contan con robots preparados específicamente para que aprendan a programar dende pequenos, estes robots contan con varios botóns que indican as distintas direccións, estes robots son moi útiles para facer distintas dinámicas de aprendizaxe, pois o que se pretende é que teñan unha visión espacial e que sexan capaces de programar.

Na clase de 3 anos tiñan un panel onde nun extremo do mismo atópasen personaxes infantís e ao outro lado as casas correspondentes a eses personaxes, os nenos e nenas teñen que ir marcando no robot a dirección que teñen que seguir para chegar as casas. Por exemplo si Bob Esponxa está arriba de todo no panel e a súa casa está enfrente pero unha casilla máis abaixo, eles teñen que ir marcando en primeiro lugar acender o robot, logo darlle ao botón de adiante as veces que faga falla, darlle a play xa que ao ser tan pequenos van paso por paso, continuamos con dereita ou esquerda, outra vez play e así sucesivamente ata que chegan a casilla correspondente.

Os nenos e nenas de 5 anos fan o mesmo pero primeiro teñen unhas tarxetas como os botóns que aparecen no robot e según a dirección que lle toque facer , teñen que colocar todas a tarxetas en orden coa mensaxe que lle teñen que dar ao robot para que este chegue ó lugar desexado.

Nesta primeira semana só me dou tempo a facer estas dúas dinámicas e só con dous cursos, pero agora pasando a etapa de educación primaria, puiden observan que en todas as aulas teñen tablets as cales as utilizan para diversas materias, nas que eu estiven presente foi en lingua castelá e inglés, nesta última destacar que mesmo cas tablets estaban realizando unha parte do exame de inglés, da parte do vocabulario, falando coa tutora do curso, comentoume que de algunhas materias facíanlle partes do exame desta forma para facerllo máis sinxelo, xa que ao ser pequenos cansanse antes e desconcéntranse moi rápido.

Agora pasamos a educación secundaria que foi aquí onde realmente veu a miña inspiración por realizar esta entrada, pois un rapaz de 1º de E.S.O tiñan deberes e non os quería facer, e eu intentaba convencelo de que si os facía agora xa quedaba libre e non os tiña que levar para casa, e a súa resposta foi: “ e que eu non quero facer esto, para que me sirve, a mi esto no me gusta, no me gusta venir a clase”. Entón nese momento percateime que algo falla na educación que os nosos xóvenes están recibindo, como con 11/12 anos podes estar tan desmotivado?

É evidente e creo que todos estamos de acordo que no sistema educativo no que estamos estudando, basease na memorización e que realmente fai falla un cambio no sistema, pois se non seguiran pasando xeracións e xeracións con estes comentarios, e seguiremos vivindo o fracaso escolar se non facemos nada por facer que isto cambie, que os nosos nenos cheguen contentos as clases, motivados con ganas de aprender, porque outra comparación que se pode facer e a entrada do colexio os das etapas inferiores chegan cas pilas cargadas, sorrindo e con ganas de pasar tempo cos compañeiros e cos profesores, xa que perciben aos mestres como amigos ao contrario que na educación secundaria, que teñen unha concepción dos mestres pésima, considéranos unha ameaza.

Como podemos conseguir que os nosos alumnos teñan gañas de traballar que veñan motivados ao colexio? Pois así como en primaria se traballa coas tablets algúns contidos, tamén podían seguir este método na E.S.O, buscar dinámicas de maneira tecnolóxicas adecuadas a súa idade. Ou xa non dende as tablets agora co avanzado que está todo o mundo tecnolóxico existen moitas aplicacións como o preguntados, un xogo no que poden participar todos a medida que tamén aprenden.

Non porque sexan maiores xa son responsables para poder centrarse e estar concentrados todas as horas que están sentados, temos que buscar vías de escape, non seguir anclados no tradicional, é necesaria unha formación dual, e como futuros pedagogos é o noso deber propor aos profesores novas dinámicas de clase co fin de obter mellores resultados e ter un clima agradable na clase.

Que medidas tomaríades vos nesta situación?