COVID-19 e a cuarentena 'tecnolóxica'

Xa adianto que esta entrada vouna realizar toda dende o meu punto de vista, sen aportar información externa de ningunha outra persoa ou entidade, polo que non haberá referencias.  Se ti, que estás lendo isto, abriches este blog estás a tempo de pechar a páxina, xa que nesta entrada só vou dar a miña opinión sobre a dura situación que estamos a vivir e como as redes e as novas tecnoloxías inflúen nesta. Preciso soltar isto que levo rumiando estes días.

Non penso que sexa preciso explicar que é o COVID-19, comunmente coñecido como 'coroavirus', ou a situación, case mundial, de confinamento que se está a vivir. Polo que comezo co primeiro dos dous puntos que me gustaría expresarme. 

Moitas e moitos de nós levamos recluídos nos nosos fogares dende o xoves 12 deste mes, polo tanto, contando o día de hoxe, xa son 14 días que levamos encerrados na casa. Dúas semanas dan para moito, e máis se as pasas encerrado entre 4 paredes as 24 horas do día. As nosas grandes aliadas estes días son as redes, tanto para non perder o contacto co mundo exterior ou con familiares e amigos, como para proporcionar entretemento nestes días tan longos. Moitos son os exemplos que podo por de accións que fago estes días en relación coas redes: usar whatsapp, xogar on-line cos/cas colegas, realizar videochamadas con familiares/amigos/mestres, ver series, ler as novas...; e un longo etcétera. Non quero nin imaxinar como sería esta realidade sen poder contar con unha conexión a internet e os aparellos precisos para andar na rede. Pero esta realidade existe e estana vivindo moitas veciñas e veciños moi próximas a ti.

Estiven reflexionando onte na cama, xa que non me viña o sono. Nestes momentos que estamos a vivir evidéncianse aínda máis as desigualdades sociais e económicas. Existen milleiros de familias que vivien neste país (xa non quero falar de outros estados) que viven mes a mes co xusto para comer e poder pagarse unha vivenda (no caso de que a poidan permitir), polo tanto non se poden permitir mercar un ordenador, e moito menos pagar unha tarifa de internet mes a mes para poder ter conexión á rede. Chegados a este punto fixen para min unha pequena pero gran reflexión: debería ser internet un ben público que o Estado debe proporcionar ós seus cidadáns? Eu estouno vendo estes días, se meus país non puideran pagar a tarifa de internet, estaría totalmente illado do mundo exterior, tanto de amigos e de familiares, como de todo o que pasa ó meu redor. Polo tanto a miña resposta é clara e directa: internet debería ser un ben público, que os cidadáns pagarían cos seus impostos. Propoño quitar a casilla da igrexa na declaración da rente e poñer unha casilla adicada á internet. Está moi ben educar con e en clave tecnolóxica, pero que facer con todas esas persoas que non poden permitir ter un ordenador e conexión a internet na casa? Penso que primeiro hai que darlle a cana ó pescador, e despois ensinarlle a pescar. Gustaríame ler as vosas opinións.

Xa por último, o segundo punto que quería tratar nesta entrada é a crítica ó movemento nas redes de 'QuédateEnCasa' que foi moi popular entre os famosos e ifluencers nestas primeiras semanas de cuarentena. Este movemento consistía en que calquera famoso subía un vídeo as súas redes decindo que é importante colaborar quedando na casa e que non era unha cousa do outro mundo, xa que hai moitas cousas que facer. Onde está a miña crítica? Pois está en que todo isto dino dende as súas casas de 1000 metros cadrados, con piscina interior, un xardín de 80 metros cadrados, ximnasio propio... Subscribo totalmente a mensaxe de apoio e conciencia de que cada un debe quedarse nas casas, pero o problema está nas formas. Non é preciso que des polas redes esa mensaxe mentres ensinas ós teus fillos dándose un chapuzón na túa piscina interior, ou mentres que adestras no ximnasio que tes no sótano da túa casa. Con isto o único que fas é dar visibilidade as enormes desigualdades que existen neste sistema. Unha vez maís evindénciase a necesidade da educación dixital.

Bueno, como vistes as que chegastes ata aquí, comecei a entrada poñendo polas nubes as novas tecnoloxías e ó final rematei cun discurso crítico en relación co emprego destas. Despois de desafogarme escribindo isto, gustaríame que me deixarades as vosas opinións para que as poida ler.

Moitos ánimos e aguantar estes días complicados para todos. Saúdos e saúde!

    • Adela Abeijón Villanueva
      Adela Abeijón Villanueva

      Buenas tardes Diego, me encantó tu Blog porque estoy de acuerdo en todo lo que dices. Es cierto que los famosos que han llevado a cabo ese movimiento han hecho bien haciendo esa propaganda pero es cierto que muestran las grandes desigualdades aunque se hayan ganado con su esfuerzo esas mansiones no hace falta mostrarlo tanto.

      Y, como comente en otros blogs sobre este tema, creo que el uso de las tecnologías está ayudando mucho a sobrellevar esta situación tanto a nivel académico, para seguir avanzando, como a nivel entretenimiento. Pero es cierto que no se debería dar por supuesto que en todos los hogares hay un buen acceso y conocimiento de las nuevas tecnologías, ya que creo que no es así.

      • Marta Carballo Puebla
        Marta Carballo Puebla

        Pois aínda que sexa un blog "de opinión", sen referencias, creo que está ben crear espazos para debatir sobre o que unha mesma pensa.

        Estou dacordo en xeral co que dis. Eu teño a sorte de ter un xardín e poder pasar a tarde fóra, pero non me imaxino nun piso encerrada tantos días. E menos sen internet. E eu recalcaría máis o tema de ter xente coa que falar máis que o "entretenemento" en xeral. Ao final pódeste entreter con moitas cousas sen internet, pero estar encerrada coas mesmas persoas (teus pais e irmáns no meu caso) sen poder falar cos amigos ou outra xente... A ver que non é a peor situación está claro, pero coa tensión que hai coa pandemia axuda moito falar cos amigos. E dígoo eu que non son unha persoa extrovertida nin socializadora.

        Sen embargo, hai algo que non me acaba de convencer. O internet como ben público. E non digo no sentido de que quen non teña cartos que se fastidie. Máis ben faime pensar... O internet, os ordenadores, a chamada "nube" onde gardamos moita información... detrás deso hai materiais físicos, o hardware, que se ten que fabricar nalgún lado cunha serie de recursos. Ao mellor pódese chegar a establecer o Internet como ben público nos países desenvoltos. Pero que pasaría se se dese en todo o mundo? Sería viable ou sostible? E en que condicións laborais se fabrica ese hardware? E se a resposta de todas estas preguntas non é a que nos gustaría, entón sería internet un dereito básico, pero só nos países con cartos? Non estou dando por sentado que non se podería facer. Estou expoñendo algo que me crea dúbidas, ao mellor é unha conxetura errónea. Ademais de que sería un tanto hipócrita non aceptala, porque eu teño ordenador e non creo que o merezca máis que ninguén.

        Pero necesito expoñer esa idea. Porque no fondo, e agora que o penso, está relacionada tamén co noso modo de vida e a pegada ecolóxica... Creo que antes de considerar internet como ben público, habería que considerar baixar a pegada e saber de verdade cales son as nosas necesidades, e despois poder facer que todos e todas cheguen a estas. E repito, non estou dicindo que non necesitemos as novas tecnoloxías nin internet, solo que penso que antes diso habería que considerar outras cousas. 


        Pero bueno é algo que xa pensara de antes, porque había algún partido político que tiña algo semellante no programa. Se o chego a ler nestes días tan extraños, seguro que non me paraba a pensar niso.

        • Diego Cerviño Cerviño
          Diego Cerviño Cerviño

          Moitas grazas polos vosos comentarios, compañeiras! 

          Respecto ó que me comentas en relación co tema de internet e ben público, Marta, eu comentábao como unha utopía. Está claro que hai outras cousas máis importante, sobre todo tendo en conta a pegada ecolóxica, como ti moi ben dis, pero eu penso que poder ter unha conexión a internet é fundamental estes días. Que está pasando con todos eses cativos que non teñen nin ordenador nin conexión a internet? Pois estánse perdendo as aulas online que se están impartino, e é unha auténtica mágoa. Está claro que facer que internet fose un bén público para todos é algo moi utópico, pero bueno, soñar non estar prohibido.

          Repito, moitas grazas por comentarme, Ade e Marta! Un saúdo.

          • Diego Leal Dopazo
            Diego Leal Dopazo

            Buenas tardes Diego, muchas gracias por tu reflexión. Si es cierto que con la crisis producida por el covid-19 ha quedado en evidencia una brecha digital que refleja la brecha social que hay en nuestro país.  Una brecha que será muy difícil de solucionar si seguimos con el mismo modelo económico y social. 

            Como comentas, el uso de las tecnologías se ha vuelto algo imprescindible con el confinamiento tanto para trabajar, estudiar y para el entretenimiento, desde ver una película o serie hasta ver las redes sociales. Lamentablemente no todo el mundo puede seguir el ritmo de las clases o el trabajo porque no disponen de una conexión o de un dispositivo adecuado. Un ejemplo más de la brecha digital y social que existe. 

            Muchas gracias una vez más, por compartir con nosotras tu reflexión y por conseguir que todas las que leamos tu entrada reflexionemos un poco. 

            Un saludo!

            • Diego Cerviño Cerviño
              Diego Cerviño Cerviño

              Ola Diego!

              Moitas grazas polo teu comentario e alégrome moito de que che fixera pensar un pouco e darlle voltas a algúns temas que menciono na entrada. Para min é un placer facer cousas así e que vos guste.

              Saúdos, compañeiro!