A música tamén educa

    Irene Pais

    Bo día a todas e a todos! Nesta ocasión quixen tratar sobre a música pero...como xorde o interese por esta temática? Ao longo destes días de confinamento non parei de observar videos sobre veciños que dende os seus balcóns empregaban a música para facer máis livian o día, patrullas de gardas e ambulancias que paseaban polas rúas coa música a todo volume para dar ánimo… o que me fixo recapacitar en que algo que agora nos axuda a afrontar estes momentos e que nos leva acompañando todos os días, xa sexa en festas, anuncios, series, películas… sempre foi considerada unha asignatura menos relevante que as restantes, por iso decidín facer este blog, pois considero que como pedagogos deberiamos ser conscientes de que moitos elementos que nos rodean poden chegar a ser ferramentas fundamentais para educarnos por e para a vida.

     

    Citando a Boltrino (2008), dende que ingresamos no sistema educativo a intelixencia é entendida como toda manifestación do intelecto humano pero sempre priorizando o desenvolvemento das habilidades cognitivas sobre calquera outra posibilidade de manifestación. Non obstante, a música é unha habilidade que todos os seres humanos desenvolvemos ao longo da vida xa que, e tomando de referencia as palabras de Sabbatella (2005),  “La especie humana es, por naturaleza, productora y receptora de sonidos y en su desarrollo psico-evolutivo los estímulos sonoro-musicales influyen y contribuyen en la consolidación de la identidad”. É dicir, a realización de actividades musicais favorece o desenvolvemento de habilidades de diversos ámbitos como son:

     

    • Ámbito Sensorial-Psicomotor: Habilidade e axilidade motriz fina e grosa, coordinación de movementos, dimensión espaciotemporal do corpo e mellora dos reflexos.

    • Ámbito Psico-Emocional: Desenvolve a sensibilidade, favorece a expresión de estados de ánimo,  permite liberar tensións e manter o autocontrol e a disciplina.

    • Ámbito Cognitivo: Mellora a concentración, a capacidade de atención e observación, mellora a memoria e a compresión e mellora a linguaxe en canto vocalización e pronunciación.

    • Ámbito Social: Ensina a escoitar, a esperar turnos, fomenta hábitos de orde, responsabilidade, coordinación e respeto.

    • Ámbito Ético-Trascendental-Espiritual: Desenvolve a valoración e respeto polas manifestacións artísticas propias e axenas e a capacidade de disfrutar da creatividade.

     

    Un pedagogo destacado no emprego da música como forma de aprendizaxe foi Émile Jaques-Dalcroze, cuxo método consiste en relacionar o movemento corporal e a música, un solfeo musical no espazo, desenvolvendo a toma de conciencia do noso corpo así como  a motricidade global, parcial e fina. Baseándose en Dalcroze, pedagogos como Joan Llongueras i Badia no caso español ou Maria Scheiblaue en Suíza, introduciron este sistema de aprendizaxe musical a través de cursos para nenos con determinadas discapacidades. 

     

    Neste marco, cabe destacar a diferenza entre Educación Musical Especial e Musicoterapia Educativa que, se ben toman de base a música, son áreas con obxectivos moi distintos:

    A Educación Musical Especial é un área de especialización da Educación Musical que se centra no proceso de aprendizaxe musical dirixido a persoas con necesidades educativas especiais (N.E.E.) mentras que a musicoterapia educativa  céntrase nas necesidades non-musicais dos suxeitos con N.E.E. como son as necesidades físicas, sensoriais, emocionais, cognitivas e sociais. No seguinte cadro poderedes observar máis en profundidade as características de cada unha delas:

     

    Táboa 1.

    Educación Musical Especial e Musicoterapia Educativa. Diferenzas.

     

    Obxectivos

    Habilidades a desenvolver

    Profesional que a desenvolve

    Educación Musical Especial

    Didáctico-Musicais

    Sensibilidade musical

     

    Habilidades estético-musical

    Mestre de Educación Musical con especialización na área de Educación Especial 

    ou

    Musicoterapeuta con especialización na área educativa.

    Musicoterapia Educativa

    Psico-educativos

    Emprego de experiencias musicais terapeuticas (EMT) para incidir na problemática particular da persoa

    Musicoterapeuta

     

    Asemade, existe unha rama denominada Musicoterapia Clínica que consiste na aplicación desta mesma en tratamentos de temas relacionados coa saúde mental e a psicoloxía para así tratar de mellorar a calidade de vida dos pacientes.

     

    Persoalmente, considero que como futuros profesionais da educación deberiamos indagar e formarnos constantemente en todos os ámbitos, abrir as miras cara escenarios máis alá das catro paredes que rodean un aula xa que, e rememorando a Gainza (2014),  un educador que aplique unha pedagoxía obsoleta, só conseguirá que aprendan uns poucos.

     

    E vós, coñeciades as figuras dos pedagogos mencionados? No caso de ser así, como soupechedes da súa existencia? Sabiades a diferenza entre a Educación Musical Especial e a Musicoterapia Educativa? Creedes que é relevante coñecer este tipo de formacións?

     

    Espero que vos gustase a entrada e agardo os vosos comentarios!

     

    Boltrino, P. (2008). Música y Educación Especial. Objetividad-subjetividad y Música. Actas de la VII Reunión de SACCOM. Sociedad argentina para las ciencias cognitivas de la Música. Recuperado de: http://saccom.org.ar/v2016/sites/default/files/61.Boltrino.pdf

     

    De Gainza, V. H. (2014). Educación musical siglo XXI: problemáticas contemporáneas. Revista da ABEM, 19(25). Recuperado de: http://abemeducacaomusical.com.br/revistas/revistaabem/index.php/revistaabem/article/view/186

     

    Sabbatella Riccardi, P. L. (2005). Intervención musical en el alumnado con necesidades educativas especiales delimitaciones conceptuales desde la pedagogía musical y la musicoterapia. Recuperado de: https://rodin.uca.es/xmlui/bitstream/handle/10498/7767/33194907.pdf

     

    Vernia Carrasco, A. M. (2012). Método pedagógico musical Dalcroze. Recuperado de:http://repositori.uji.es/xmlui/handle/10234/152468

     
      • Patricia Rabuñal
        Patricia Rabuñal

        Hola Irene, me encanta que hayas escrito este blog, y la verdad que yo si que conocía alguno de los autores que mencionaste, y si que era consciente de la diferencia entre Educación Musical Especial y Musicoterapia Educativa.

        Yo fui al conservatorio de A Coruña, y cuando llegue a segundo de bachiller tuve que elegir una carrera, y tenía claro que iba a escoger algo que pudiera vincular con la música, y esa entre muchas otras razones fue una de las que me llevó a empezar en la carrera de pedagogía.

        Un dato curioso que no se si mucha gente lo sabe es que en el conservatorio en el último año del grado medio, y en los cursos del grado superior existe la asignatura de Pedagogía, y es que para un músico es esencial el uso de la pedagogía ya no solo por los fines que comentaste en tu blog si no porque también cuando estas tocando en una banda o en una orquesta, al fin y al cabo te estas relacionando con personas.

        También pienso que sería muy importante, desde mi punto de vista, que en los centros escolares ordinales, realizaran un cambio curricular en la asignatura de música, porque creo que la música es una forma de expresión y un elemento muy potente que por ejemplo, a mi me ha ayudado muchisimo a lo largo de los años, y deberían de encaminarla no tanto a aprender nombres de compositores relevantes, si no a entender el porque se creaban ese tipo de composiciones en ese momento histórico y que querían expresar con ellas.

        Muchas gracias Irene otra vez por a ver escrito este blog. :)

        • Iria Blanco Mesías
          Iria Blanco Mesías

          Hola Irene! Felicitarte pola temática do teu blog, pois resultoume moi interesante á vez que descoñecida.

           

          Non coñecía os autores que mencionas no post e tampouco a diferenza que existe entre a Educación Musical Especial e a Musicoterapia Educativa. Por iso comparto contigo a idea de que é necesario que como futuros pedagogos nos abramos a outras ramas e ámbitos que para nós, dende a formación mesma, resultan ocultos ou descoñecidos.

           

          Existen moitos ámbitos que podemos relacionar directamente coa pedagoxía e tamén coa nosa labor, pero que por descoñecemento non estudamos ou non logramos chegar a eles. En canto ó papel da música na educación, é certo que nos currículos escolares está un pouco desprestixiada e desconsiderada, e despois de ver en todos os aspectos nos que pode axudar ao desenvolvemento persoal, deberíase ter moito máis en conta. Para min, no meu día a día, a música é fundamental e resúltame unha boa forma de desconexión.

           

          Por último gustaríame destacar que é importante que nos formemos constantemente ao longo da nosa vida, pois considero que a educación e a formación, é unha boa arma para cambiar e mellorar o mundo. De novo, grazas por esta entrada e un saúdo!

           
          • Uxía Santos
            Uxía Santos

            Hola Irene! primero felicitarte por tu blog ya que considero que has escogido una temática innovadora ya que hasta ahora no había visto nada de este estilo en la red.

            Como bien dices, en esta cuarentena la música creo que está más presente en la vida de todos; seguro que todos habéis visto estos días una publicación que decía lo irónico que era que las consideradas las 3 asignaturas "maría"; plástica, música y gimnasia, son las que estén ayudándonos durante esta etapa tan difícilmente. Cuando vi esta publicación, me pare a reflexionar y es que incluso yo que no se dibujar, he pasado algún tiempo dibujando, y ya no hablemos con el deporte y la música. Con esto, vengo a darte la razón, creo que la música, igual que las otras dos deberían tener un cambio curricular y dejar de ser simplemente "la asignatura maría".

            Por otro lado, como dice mi compañera Irene, para mi este ámbito también era casi completamente desconocido, y tampoco conozco a muchos de los autores que has mencionado; en cambio, si conocía la existencia de la Musicoterapia Educativa, pero no de la Educación Musical Especial, y ojalá en la carrera y en muchos más ámbitos pudiéramos indagar un poco más en estas alternativas, ya que me parecen increíbles en el desarrollo humano.

            Muchas gracias por este blog, ha sido super interesante. Un saludo! :)

            • Adela Abeijón Villanueva
              Adela Abeijón Villanueva

              Hola Irene!! Me ha encantado la temática y tu Blog. Al igual que mi compañera Patri, yo ya conocía a alguno de los autores mencionados porque también fui al conservatorio pero, al de Santiago de Compostela. 

              Bajo mi punto de vista creo que la música, junto con otras materias es, en muchas ocasiones, tratada como una materia con menos importancia que las demás y creo que es muy importante dar a conocer información como la citada en tu blog y hacer que más personas empiecen a reflexionar sobre ellas. 

              Que viva la música, todas las arte!!!

              • Diego Lomba Hermo
                Diego Lomba Hermo

                Boas Irene, e felicidades por esta entrada!!!. Resultoume moi interesante pois a parte de que a temática escollida xa o é por si mesma, a relación que fas coa situación do confinamento está moi ben traída e dálle un novo significado que pode que non acollese do caso de non vivir este contexto. Neste senso, parece moi útil a descrición tan técnica que expós sobre os ámbitos nos que a música axuda ao desenvolvemento de distintas habilidades, pois aínda que é algo que coñecía por enriba nunca ven mal profundizar. Ademais, a táboa que adxuntas sobre a Musicoterapia (termo que xa coñecía) e Educación Musical Especial axudoume moito a comprender as diferenzas.

                Sen dúbida a música ten un gran poder educador polo que nos debuxos infantís e mesmo nas gardarías e e primeiras etapas escolares, a música cobra gran relevancia á hora de ensinar aos nenos cuestións como os animais ou as cores, pero tamén hábitos como o de ordenar ou outros ligados a hixiene. Non obstante, na etapa primaria é moi coñecido o uso de cancións para aprender as táboas de multiplicar... polo que esa influencia das cancións pegadizas axuda moito a interiorizar todo aquilo que se queira. 

                 
                • Irene Pais
                  Irene Pais

                  Moitísimas grazas polos vosos comentarios e tamén por engadir nova información sobre a temática así como as vosas opinións!

                  Alégrome de que vos resultase de interese!!

                últimos comentarios