Blog 5. A Brecha Dixital

Co establecemento do estado de alarma o pasado 13 de marzo de 2020 debido ao COVID-19 e a paralización das aulas presencias, foi necesaria a posta en marcha de métodos e instrumentos  que permitisen continuar coas docencias de cada un das materias dos nenos e nenas en idade escolar.  Os profesores, en metade do segundo cuadrimestre, prestes a realizar os exames para pasar a terceira avaliación, tiveron que aprazar os mesmos e incluso reformular as súas programacións previstas por motivos de incapacidade loxística.

As aulas telemáticas apareceron entón como unha posibilidade moi atractiva e factible e nos medios non paraban de falar del xunto ás rutinas que diariamente debían seguir os estudiantes nas súas casas.

 Sen embargo, tras un par de semanas de confinamento, saíron reportaxes sobre centros nos que os profesores/as imprimían as actividades do alumnado que non tiña nos seus fogares un aparato electrónico ou acceso a internet para que puidesen realizalas. Entón, comenzaron a falar da existencia dunha brecha dixital e as próximas actuacións das comunidades autónomas para dar axudas ás persoas que non contan con acceso á rede para poder seguir telemáticamente as aulas.  

 Mais, de onde provén este termo? Que entendemos por Brecha/ fenda dixital?

 A orixe deste termo ten lugar a mediados da década dos noventa nun documento oficial da Administración Nacional de Información e Telecomunicacións do Departamento de Comercio de Estados Unidos. De xeito xeral, este concepto fai referencia á desigualdade entre as persoas que poden ter acceso ou coñecemento en relación ás Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) e ás que non (Coachtec, 2013), 

 Ao principio, críase que existía certo atraso nalgúns colectivos sociais en certos países, e que este, se superaría co tempo grazas a maior dispoñibilidade de ordenadores, aparatos electrónicos -teléfonos móbiles-  e a mellora do ancho de banda de conexión a internet. Non en tanto, o tempo pasou e estas desigualdades persisten adoptando novas formas. Así, no 2001, a OECD no 2001 entendía a brecha dixital como a distancia entre os suexitos en relación á apropiación das posibilidades que as tecnoloxías dixitais e o emprego de internet ofrecen.  

 O seu concepto modificouse e sufriu diversos cambios, mais sempre incorporan algún dos enfoques da táboa que aparece a continuación.

Táboa 1. Enfoques do concepto de brecha dixital.

 

 

 

 

 

BRECHA DIXITAL

Enfoque cara á infraestrutura

Posibilidade/dificultade de dispoñer de computadoras conectadas á rede. Inclúe o problema de servidores e de backbones. De feito, os países do sur seguen dependientes dos equipamentos do norte.

Enfoque cara á capacitación

Capacidade/dificultade de usar estas tecnoloxías. Comezouse a contemplar que tamén existe unha diferencia relacionada coas habilidades e capacidades para empregar adecuadamente a tecnoloxía e non só poder disponer de ordenadores. Desenvolvemento do concepto de alfabetización dixital relacionado co de brecha dixital.

Enfoque cara o uso dos recursos

Limitación/ posibilidade que teñen as persoas para utilizar os recursos dispoñibles na rede. Concepto de brecha dixital asociado tamén ás novas concepcións da tecnoloxía -novas oportunidades para a educación, teletraballo, médico en línea, ocio e entretenimiento…-.

Fonte: Elaboración propia coa información da autora Camacho (La brecha digital. Palabras en juego: enfoques multiculturales sobre las sociedades de la información).

Como sinala Camacho (2005), baseados nestes elementos, moitos dos organismos internacionais e estados de diversos países definiron unha política de desenvolvemento orientada á reducción da brecha dixital e, principalmente, da infraestructura tecnolóxica.

 Así, no noso país, antes da aparición do coronavirus e da experiencia real destas dificultades, un titular do periódico El País coas palabras da ministra de Economía no 2019,  xa mostraba certa preocupación pola temática: “Non podemos esperar 200 anos para acabar coa brecha dixital” (El País, 2019) . Neste artigo, comentábase que o goberno tiña pensado destinar 150 millóns en axudas para que o 100% da poboación no ano 2020, tivese acceso a internet cunha velocidade de polo menos 30 megabytes.

 A necesidade latente na nosa sociedade educativa de acabar coa desigualdade de dereitos no ámbito do desenvolvemento, adquisición de habilidades e competencias no ámbito dixital, fíxose máis acusada pola urxencia da situación pero a súa historia, é antiga.

Existen gran cantidade de estudos que vinculan a brecha dixital coa Competencia Dixital (CD), entendendo esta última como unha das sete competencias clave a adquirir polo noso alumnado e presente no Sistema Educativo Español, regulada pola Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) do 2013 . Por exemplo, podemos citar o artigo Aprendizaxes ausentes en la Competencia Digital de preadolescentes: un estudio de casos pertenecientes a contextos socioculturales desfavorables, que explica que a incorporación das competencias dixitais precisa dunha visión curricular renovada, xa que a actual estrutura escolar en áreas de coñecemento tradicional e a existencia competencias dixitais, non garante a súa articulación nos procesos de ensino- aprendizaxe (Fraga- Varela, Vila- Couñago & Pernas- Morado, 2019).  

 Pero… como de relevante é a existencia desta brecha dixital?

Pois ben, entre nós, os estudantes universitarios, comprobouse que existe unha segunda brecha dixital (Castaño, 2010) e o análise das características que se asocian á mesma é de especial relevancia. Unha das razón polas cales moitos individuos cursan estudos universitarios é para mellorar a súa posición social e laboral. E cando estes rematan os seus estudos, enténdese que teñen adquiridos os coñecementos tecnolóxicos necesarios para situarse en posicións elevadas dentro do mercado laboral (Card e DiNardo, 2002) e teñen un uso ético da rede.

 Por este motivo, ser capaces de afrontar unha situación de emerxencia mundial ser deixar de lado o calendario académico previstos, resulta unha verdadeira demostración de recursos e medios cos que as administracións e as institucións educativas, pretenden probar as súas capacidades. Exemplo disto é o novo papel que adopta a universidadade neste estado excepcional, que leva a cabo un proxecto que procura crear unha liña de axudas que permita garantir o acceso a internet do alumando que o solicite (USC, 2020).

Finalmente, gustaríame reflexionar sobre o relevante que é poder ter acceso a un aparato electrónico con internet no s. XXI para poder estar conectado e poder recibir información non só académica e formal, senón tamén de ocio. 

 E vós, pensades que estaríades mellor desconectados?

Referencias bibliográficas:  

Camacho, K. (2005). La brecha digital. Palabras en juego: enfoques multiculturales sobre las sociedades de la información, pp 61-71.

Card, D.,& DiNardo, J. (2002). Skill Biased Technological Change and Rising Wage Inequality: Some Problems and Puzzles. National Bureau of Economic Research Working Paper Series, N. 8769. Recuperado de: http://www.nber.org/papers/w8769

Castaño, J. (2010). Digital Inequality Among University Students in Developed Countries and its Relation to Academic Performance. Universidad y Sociedad del Conocimiento, 7 (1),pp 43-52.

Castaño, J., Duart, J., & Sancho, T. (2012). La segunda brecha digital entre el alumnado universitario. Cultura y Educación, 24(3), 363-377. doi: 10.1174/113564012802845695.

Coachtec. (2013, marzo 1).¿Qué es la brecha digital?.Coaching tecnológico. Recuperado de: https://www.coaching-tecnologico.com/que-es-la-brecha-digital/

Fraga-Varela, F., Vila-Couñago, E. y Pernas-Morado, E. (2019). Aprendizajes ausentes en la Competencia Digital de preadolescentes: un estudio de casos pertenecientes a contextos socioculturales desfavorables. RED. Revista Educación a Distancia, 61. DOI: http://dx.doi.org/10.6018/red/61/04  

 

Moreno, S. (2020, abril 19). “No podemos esperar 200 años para acabar con la brecha digital” advierte la ministra de Economía. El País. Recuperado de: https://elpais.com/

Organisation for Economic Cooperation and Development [OECD]. (2001). Understanding the Digital Divide. OECD Digital Economy Papers, nº 49. Recuperado de http://www.oecd.org/dataoecd/38/57/1888451.pdf 

Universidade de Santiago de Compostela [USC].(2020,marzo 24). A USC impulsa unha liña de axudas para garantir o acceso a Internet de todo o seu alumnado. Recuperado de: https://www.usc.gal/gl

últimos comentarios