BLOG 6. Competencia dixital. ¿Qué é? ¿Por qué é importante hoxe en día?

A competencia dixital defínese como o uso crítico e seguro das Tecnoloxías da Sociedade da Información para o traballo, o lecer e a comunicación e que supón un conxunto de coñecementos, habilidades, actitudes e estratexias que se requiren para o uso dos medios dixitais e das tecnoloxías de información e comunicación.  Ser competentes dixitalmente non comporta unicamente o dominio tecnolóxico senón que inclúe a capacidade de manexarse con seguridade e actitude crítica no uso das TIC ( Ferrari, 2013).

Con todo, a competencia dixital ocupa unha posición  indiscutida dentro das 8 competencias chave, pois se considera que na Sociedade da Información  é  imprescindible  contar  con novas    habilidades  técnicas  e  cognitivas  para  facer fronte aos  retos  de coñecemento    que  se expoñen    e  que,  por iso,    a  competencia  dixital adquire  un  rol  protagonista  en todos    os  aspectos  da  aprendizaxe  ao longo da vida ( Selwyn, 2013).

Dispoñer da competencia dixital é indudablemente imprescindible hoxe en día e para o futuro, xa que vivimos nunha sociedade dixitalizada e que cada vez está a crecer máis. No ámbito da educación, concretamente, o seu desenvolvemento é necesario para o éxito dos futuros traballadores/ as  xa que cada vez esta competencia está máis presente na maioría de empregos, e que de feito se estima que “para 2020, o 90% dos postos de traballo requirirán que aquela persoa que os desempeñe posúa habilidades dixitais e haberá entón 1 millón de vacantes que o mercado non poderá cubrir, se non educamos aos nosos alumnos nas devanditas habilidades”. É por datos como estes que cada vez se ten máis claro que hai que empezar a adquirir este tipo de competencias desde abaixo, é dicir, dentro das escolas desde os niveis máis baixos ata a universidade coa axuda dos/ as docentes para que os alumnos/ as empecen a desenvolver os procesos para reunir estas competencias dixitais.

Actualmente, neste estado de confinamento mundial que estamos a vivir é aínda máis importante dominar esta competencia non só para seguir o aprendizaxe a distancia senón tamén para saber buscar distintos recursos se algún falla. Por iso, non só os dispositivos electrónicos, computadores, conexións rede, software educativo… son recursos indispensables hoxe en día en calquera institución educativa para fomentar o emprego das TIC na aprendizaxe de todos e cada un dos alumnos/ as, senón que tamén a formación da mesma nos docentes ten que ser obrigatoria para o ensino ,tanto de novos métodos tecnolóxicos innovadores, así como para promover a aprendizaxe dos mesmos, e obter distintas habilidades dentro das dixitais como as participativas e comunicativas e tamén individualmente falando, a aprendizaxe autónoma dos mesmos.

En definitiva, dinme conta ao realizar este blog que grazas a materia de tecnoloxía educativa non melloraba nas miñas habilidades dixitais dende a secundaria,  xa que estou empregando recursos e programas que antes non sabía nin que existían. Por iso, considero importante dende a escola levar a cabo a aprendizaxe destas habilidades para que pouco a pouco e cada vez máis nos actualicemos como sociedade e máis cando ocorren este tipo de situacións onde hai que empregar sí o sí a tecnoloxía para non estancarse no aprendizaxe.

 

Referencias bibliográficas:

Gisbert,  M.,  González,  J.  y  Esteve,  F.  (2016).  Competencia  digital  y  competencia  digital docente:  una  panorámica  sobre  el  estado  de  la  cuestión. RIITE. Revista  Interuniversitaria  de Investigación en Tecnología Educativa, 0, 74-83. Doi: http://dx.doi.org/10.6018/riite/2016/257631

García, N. (2015). La importancia de la competencia digital. Comunicación, Social media y marketing digital. Recuperado de:  https://nagoregarciasanz.com/la-importancia-de-la-competencia-digital/

Merayo, P. (2018). Que es la competencia digital docente. Máxima formación. Recuperado de: https://www.maximaformacion.es/e-learn/que-es-la-competencia-digital-docente/

García, Ana. (s.f). Las competencias digitales en el ámbito educativo. Recuperado de: https://gredos.usal.es/bitstream/handle/10366/130340/Las%20competencias%20digitales%20en%20el%20ambito%20eductivo.pdf?sequence=1

    • Diego Cerviño Cerviño
      Diego Cerviño Cerviño

      Ola, Raquel! Coincido totalmente coa túa idea de que a competencia dixital é fundamental para o presente e o próximo futuro, tanto no ámbito profesional coma no social. Pero, entón, por que nas escolas e nos centros educativos esta competencia apenas se traballa? É curioso ver como os/as máximos/as dirixentes en educación do noso país se lles enche a boca falando da importancia desta competencia e dos cidadáns do fututo, pero, despois, ves o currículo da ESO ou da educación primaria e descobres unha realidade moi distinta, o que ti moi ben, dis que estás aprendendo moitos conceptos e ideas novas relacionadas co mundo das TICS grazas a unha materia de 3º dun grao universitario. Penso que esta formación debería darse de xeito transversal dende a formación primaria, non sei que opinas ti.

      Moi boa entrada!

      • Raquel Riobo
        Raquel Riobo

        Moitas grazas Diego. Opino o mesmo. A formación nas TIC debería darse dende as primeiras etapas educativas sen duda, xa non só para o desenvolvemento académico senon para a vida cotiá en xeral. Sí que é verdade que nalgunhas institucións dáse esta formación máis que en outras onde o alumnado comeza a adquirir as competencias dixitais antes que outros/as. Por iso, considero imprescindible que exista unha equidade nese sentido onde en todas as institucións educativas poida darse de forma igualitaria esta formación tanto para o profesorado como para o alumnado.