Blog.5.Proxectos autonómicos e estatais para a integración das tecnoloxías nas institucións educativas. Ten sentido que se inverta o diñeiro dos contribuínte niso? (1º parte)

No blog de hoxe voume centrar especificamente nos proxectos autonómicos e estatais levados a cabo para a introdución das tecnoloxías nas institucións educativas, ademais de mostrar a miña opinión sobre dito tema.  

Nesta ocasión dividirei o blog en dúas partes para que se faga máis amena a lectura. Na primeira parte falarei da integración das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TICs) e as súas diferentes etapas; e a próxima semana na segunda parte deste blog tratarei a importancia das Comunidades Autónomas na integración das TICs.

As tecnoloxías están presentes na nosa vida diaria polo tanto é comprensible a súa incorporación ó ámbito da educación. Dada a variedade de alumnado presente nas aulas, é importante contar con iniciativas en materia de TICs. Neste sentido, as TICs pódense entender como un elemento decisivo para normalizar as condicións de ensino- aprendizaxe. Ademais de incorporarse nas aulas, tamén é importante a súa integración no currículo e que o seu uso se converta nunha actividade contextualizada. Cabe destacar, que a postura das administracións é realmente importante para promover unha boa infraestrutura e dispoñibilidade de materiais educativos, baseados nas novas tecnoloxías, de calidade para garantir o seu uso efectivo das mesmas nos centros educativos.    

A política en materia TICs comeza na década dos 80, unha época na que o sector da información en España estaba atrasado respecto do resto de países desenvolvidos. O que provocou que no 1982 se incluíse a primeira Subdirección Xeneral de Documentación e Información Científica, no seno da Secretaria do Estado de Universidades, que dependía do Ministerio de Educación e Ciencias (Caridad, Méndez y Rodríguez, 2000).

Para analizar e entender a situación actual sobre as TICs no estado español considero que é necesario coñecer cales foron os procesos polos que pasou ata a actualidade. Martínez (2006) recoñece a seguinte clasificación:

  • 1980-1985: período “era informática”, caracterizada pola realización de experiencias aisladas e proxectos piloto no ámbito da informática.
  • 1985-1988: promove os plans, proxectos e programas institucionais de introdución da informática nos centros educativos por parte das diferentes administracións educativas.
  • 1988-1992: intégranse os plans de informática educativa (inclusión dixital).
  • 1992-2000: promoción do acceso a contidos e metodoloxías informáticas de calidade e xeneralización do uso das institucións educativas.
  • 2000- actualidade: política de integración das das tecnoloxías, onde prime o pedagóxico sobre o tecnolóxico (integración dixital).

E en canto á pregunta de se ten sentido que se inverta o diñeiro dos contribuínte niso, na miña opinión si, sempre que repercuta de maneira positiva na mellora da calidade da educación. Pero gustaríame destacar que as innovacións educativos non teñen que vir sempre dadas pola administración tamén é importante considerar as necesidades e criterios dos profesionais da educación. É fundamental formar ao profesorado para que teña formación suficiente para sacarlle todo o seu proveito.

 

Referencias bibliográficas:

Martínez, M.(2006). Políticas autonómicas para la integración de las TIC en centros educativos. Revista Latinoamericana de Tecnología Educativa, 5(2),97‐112. https://core.ac.uk/download/pdf/72044255.pdf

    • Adela Abeijón Villanueva
      Adela Abeijón Villanueva

      Buenas tardes Rocío, con respecto a la temática de tu Blog creo que es muy importante conocer los recursos que tenemos a nuestra disposición tanto como estar en formación permanente como (futuros) profesionales de la educación. Uno de los problemas que se están encontrando actualmente personas que tienen que seguir teletrabajando es que no tienen unos conocimientos mínimos de las tecnologías y los recursos con los que tienen que trabajar. Y esto dificulta en gran medida este período.

      Gracias por tu Blog!!