Blog 7: Reclamando un cambio urxente

Ola de novo!

Aínda que me gustaría que fora de outra maneira, grazas a esta plataforma e a outras seguimos estando en contacto, e que mellor seguir informándonos e compartindo ideas e opinións. O tema que quero tratar hoxe como non ten que ver co COVID-19, pois dentro de todo o malo que trouxo esta pandemia espero que poidamos sacar todos algo en limpo, novos aprendizaxes que nos sirvan a crecer como persoa e tamén como colectivo, é dicir como cidadán.

Pois creo que todos puidemos darnos conta de moitas cousas como:

-          Que todos somos IGUAIS, que ningunha enfermidade entende de estatus sociais.

-      Que todos os traballos deben ser respectados por igual e que moitos deles merecen un salario moi superior do que posen

-          Valorar máis todo o que temos, disfrutar os pequenos detalles e sobre todo os momentos.

-     A investigación é imprescindible para a salvación humana, sen embargo os humanos non somos necesarios para que a natureza renaza.

-          Que sí e posible deter o cambio climático.

-          Que necesitamos un CAMBIO.

Ben podería seguir numerando moitas máis cousas, pero esa non é a cuestión, o que pretendo con isto é que este é o momento no que cando acabe esta pandemia ser conscientes de que non podemos volver a normalidade, bueno si se pode chamar normalidade ao que tíñamos antes, porque non creo que queiramos volver a cometer os mesmos erros, sen quitar importancia aos outros temas considero que a Educación tamén ten que ter un gran cambio, pois tanto falamos que vivimos nun mundo tecnolóxico que agora todo se pode facer a través das pantallas, totalmente certo isto, pero de que nos vale ter tantos aparatos se non sabemos usalos?. Se realmente estiveramos facendo un bo uso da tecnoloxía e da educación que recibimos esta situación que estamos atravesando non se nos faría tan dura, non teríamos a millóns de alumnos parados na súa formación, sen saber si van poder continuar co curso, se van ter clase, si se poderán avaliar... entre moitas outras cuestións.

Con isto recalco que o currículo ten que cambiar en todas as etapas, porque sí é certo que na educación superior abunda o uso dos ordenadores, pero ao fin e ao cabo estamos tan perdidos como nas etapas de primaria e secundaria. Pois coñezo algunha historia de que nenos de secundaria tiveron graves problemas para poñerse en contacto cos seus profesores e poder obter os materiais necesarios para seguir a súa formación, polo simple feito de non saber como mandar un correo, e moitas veces nos colexios ensínanos a montar vídeos, a editar fotos... pero sen embargo o esencial como crear un documento en word, montar unha presentación en power point ou mesmo buscar información verídica na rede, non o sabemos facer, e temos que aprender moitas veces pola nosa conta ou grazas a que tes unha prima ou un irmán que se lle da ben a informática. Polo que as políticas educativas tiñan que ser conscientes do que realmente é esencial na educación, e que moitas veces estas ferramentas son moito máis útiles e motivadoras para os nosos aprendizaxes, como por exemplo esta rede social que este ano estamos a usar, Grupo de Investigación Stellae, no meu caso nunca tivera contacto con algún tipo de rede parecida a esta e considero que a medida que a fun utilizando o meu interese e a  miña perspectiva cara ela foi cambiando, xa que a considero moi necesaria para mellorar a miña aprendizaxe e para incrementar a miña creatividade, ademais de outros aspectos positivos como a fluidez a hora de redactar.

En conclusión, quixen realizar esta pequena reflexión porque considero que os avances son necesarios en todos os ámbitos pero sobre todo no que nos estamos formando, e como nos dixeron ao principio da carreira que cando comezaramos a traballar todo ía ser pegas e negativas a hora de aplicar os nosos proxectos e iniciativas innovadoras, agora co aprendizaxe que obtiven e estou obtendo con esta situación, son consciente que temos que apostar polos cambios, polas iniciativas e polo progreso para así ver unha melloría tanto individual como colectiva, e outro aprendizaxe claro é que temos un déficit enorme en formación tecnolóxica que abarca todas as idades.
 
    • Natalia Varela García
      Natalia Varela García

      Ola Lara! Que interesante o tema que tratas neste blog! Viñemos falando estes últimos días das políticas educativas sobre as TIC's e dos diversos proxectos e programas que se levaron a cabo nos últimos anos para lograr introducir as tecnoloxías na educación. Pero cres que é cuestión de introducir estas no sistema educativo só de forma material?  Ou máis ben, sería cuestión de reorganizar e modificar o currículum de tal forma que estas tecnoloxías sexan parte do aprendizaxe do alumnado, fomentando a súa participación e colaboración,  e logrando os obxectivos académicos a través do aprendizaxe en rede? 

      Estou moi de acordo co que nos comentas nesta entrada, pero a parte dos problemas que está a ter o alumnado, quería facer mención ás numerosas dificultades que está tendo gran parte do profesorado para solucionar as necesidades da educación que se están demandando nestes tempos. Paréceme moi preocupante que un dos pilares básicos da educación, como son os profesores, non teñan esta formación continua e imprescindible sobre o uso das tecnoloxías para fins educativos. Gustaríame saber a túa opinión.

      Na miña última entrada falei un pouco sobre o e-learning, quizá che interese xa que a temática e moi similar.

      Un saúdo Lara!

      • Gabriela Moreira Pérez
        Gabriela Moreira Pérez

        Hola Lara!!

        Comparto totalmente tu opinión. Es un poco triste que haya tenido que llegar una pandemia como el Covid-19 para que la sociedad reaccione y se de cuenta de inmensidad de cosas que hay que cambiar. Respecto al ámbito educativo, que es el que nos compete, decir que a lo largo de los años se han ido implementando distintos proyectos tanto a nivel autonómico como estatal (que si te interesa puedes leer mis 2 últimos posts, donde hablo de ello), sin embargo estos no han sido totalmente efectivos, ya que como hemos podido comprobar, no se ha adquirido esa competencia digital que se pretendía. Bajo mi punto de vista, la principal causa de este fracaso es la falta de formación para llevar a cabo adaptaciones metodológicas que consigan una verdadera integración de las TIC en las aulas.

        No obstante, esperemos que esta experiencia nos sirva de lección para poder solucionar todas estas carencias que la situación del Covid-19 ha puesto en evidencia.

        Finalmente, felicitarte por esta entrada, me ha parecido muy interesante.

        Un saludo!

        • Lara García Santamaría
          Lara García Santamaría

          Ola chicas!

          En primeiro lugar  quero contestar a pregunta que me fai Natalia,non a miña idea non é introducir as TIC´s c só como algo material se non que lles sirva aos alumnos para mellorar e fomentar a súa aprendizaxe, é dicir facer un cambio case por completo do currículum.

          E comparto con vos a opinión que toda esta problemática vai da man coa falta de formación que existe sobre tecnoloxía.

          Grazas por compartir a vosa opinión e con gusto me paso agora polos vosos perfiles :D 

          • Diego Cerviño Cerviño
            Diego Cerviño Cerviño

            Está claro que durante esta crise social e sanitaria evindenciouse aínda máis a tremenda brecha dixital que esxiste no noso sistem educativo: alumnos que non dispoñen dos recursos ou competencias precisas, mestres que non teñen os coñementos e habilidades para continuar coa docencia... Como ti comentas, está claro que este necesita urxentemente un cambio, basta de políticas que se quedan na superficie e que se queden en algo anecdótico, como por unha pizarra dixital e dar 4 ordenadores portátiles. Necesitamos un proxecto educativo autonómico que, primeiro, entenda as necesidades e demandas do alumnado galego; segundo, proporcione as ferramentas precisas para a formación en clave tecnolóxica;e, terceiro, que exista unha formación continua para que os/as docentes teñan plenas competencias para realizar unha educación do século XXI en clave tecnolóxica.

            Interesante reflexión, Lara!

            • Lara García Santamaría
              Lara García Santamaría

              Ola Diego!

              Comparto por completo contigo a opinión que mostras, pois está claro que si se fai un proxecto educativo ten que atender todos os aspectos, e aquí en España, e máis concreto en Galicia, carecen de esta visión.

              Grazas por comentar :D