Blog 6. Software aberto, coñecemento aberto, software libre, ou pechado e propietario?

Este blog vai a tratar sobre software libre e pechado, que significa cada un e a miña opinión

 

Primeiramente é necesario definir estes dous termos: software libre e software pechado/propietario. Pois ben, o software propietario fai referencia aos programas informáticos nos que os usuarios teñen limitacións á hora de empregalo, modificalo ou redistribuilo. Unha persoa física ou xurídica(compañía, corporación, funcación, etc) posee os dereitos de autor do programa negando ou non outorgando as seguintes catro libertades: os dereitos de utilizar o programa con calquer propósito; de estudar como funciona o programa e adaptalo ás propias necesiades; de distribuír copias; ou de mellorar o programa e facer públicas as melloras. Para o segundo aspecto e para este último é necesario ter acceso ao código fonte, pero aínda que este sexa público, o software segue sendo do propietario si este mantén a reserva de dereitos sobre o seu uso, modificación ou distribución.  Exemplos deste software poden ser: Microsoft Office, Windows Media Player, Internet Explorer, Photoshop, etc.

Pola contra, o software libre según a Free Software Foundation refírese á “Libertade dos usuarios para executar, copiar, distribuír, estudar, cambiar e mellorar o Software”. No software libre, ao contrario que no propietario, os usuarios teñen dereito ás catro libertades, xa mencionadas anteriormente. A miúdo cometese o erro de asociar “libre” a “gratuíto”, e isto non é así xa que ainda que soe estar dispoñible gratuitamente, tamén pode ser distribuído comercialmente(“software comercial”), ou pode ser “software gratis” pero non “libre” ao non se garantizar os dereitos de modificación e redistribución. Algúns exemplo deste software son: GNU/Linux, Mozilla Firefox, VLC, Moodle, etc.


 

Software libre:

Vantaxes 

  • Gratuidade ou baixo coste a descarga de software

  • Capacidade de mellorar do software si se contan cos recursos necesarios.

  • Improbable a limitación de exportación

  • Seguridade

Desvantaxes:

  • En ocasións, son máis complexos estéticamente.

  • Falta de eficacia do soporte técnico.

 

Software propietario:

Vantaxes 

  • Calidade garantizada

  • Persoal capacitado para o soporte

Desvantaxes

  • Gran coste

  • Imposibilidade de realizar copias

  • Modificalo é ilegal.

 

E agora chegou a pregunta clave, con cal destes software me quedo?

Pois ben, como futura pedagoga e educadora que serei, ou espero ser, opto polo software libre xa que este permite a toda a comunidade a oportunidade de aprender do traballo dos demais e así producir melloras no mesmo. 

Vivimos nunha sociedade tan competitiva que nunca nos paramos a pensar en por que nos restrinxen acceder ao coñecemento. Non hai cousa máis enriquecedora que coñecer algo, aprendelo, intercambiar ideas, innovar mediante estas, etc.

O software propietario só é un exemplo máis da sociedade capitalista e competitiva na que vivimos. As persoas teñen a constante necesidade de saber máis que os demais, de alcanzar máis metas, de chegar máis lonxe...

Como digo eu sempre: “compartir é vivir”. 

Cal é a vosa opinión con respecto a este tema?

 

 

Blanco, M.(2019). Ventajas y desventajas del software libre. Recuperado de https://www.geekno.com/ventajas-y-desventajas-del-software-libre.html

Software libre.EcuRed. Recuperado de https://www.ecured.cu/Software_libre

Software propietario.EcuRed.Recuperado de https://www.ecured.cu/Software_propietario

Software Propietario Ventajas y Desventajas. Recuperado de https://okhosting.com/blog/software-propietario-ventajas-desventajas/

 

    • Diego Cerviño Cerviño
      Diego Cerviño Cerviño

      Ola Noelia! A verdade é que entrei no teu blog para coñecer máis en profundidade as diferenzas entre o software libre e o propetario, xa que me interesa para resolver a práctica desta semana, e penso que grazas ó teu blog teño as ideas máis claras respecto ós dous temas, moitas grazas!

      En relación á túa reflexión, estou dacordo contigo. Eu tamén me quedo co software libre para temas e accións educativas, xa que non se pode permitir que persoas fagan negocios e se fagan de ouro grazas á necesidade educativas (que por desgraza, detrás da educación xa hai empresas facendo cartos, como as editoriais de libros). Ademais, o software libre permite unha maior adaptación e especialización ó contexto onde o queres empregar, non coma o propietario, que é estándar na súa gran medida.

      Gustoume moito a túa entrada, parabéns!

    últimos comentarios