Blog 5. Qué consecuencias ten a brecha digital en épocas de confinamento por coronavirus?

Bos días a todas e a todos! Tras este parón na materia de Tecnoloxía Educativa e na rede social de Stellae por consecuencias do Practicum I, gustaríame publicar unha primeira entrada sobre un tema bastante presente nesta situación que estamos a vivir a causa do COVID-19: a brecha dixital e as implicacións que ten co coronavirus. 

 

Primeiramente, imos tratar de definir o propio de concepto da brecha dixital a través dos autores Serrano e Martínez (2003): “A brecha dixital defínese como a separación que existe entre as personas (comunidades, estados, países…) que utilizan as Tecnoloxías de Información e Comunicación (TIC) como unha parte rutinaria da súa vida diaria e aquelas que non teñen acceso ás mesmas e que aínda que as teñan non saben como utilizalas”. De modo que as desigualdades se producen tanto no acceso a equipamentos -primeira brecha dixital- como na utilización e a comprensión das que xa se atopan ó noso alcance -segunda brecha dixital- (Anónimo, 2013). 

 

A través dos diversos documentos para a realización deste blogue, podemos analizar os resultados feitos dunha proba de avaliación da competencia dixital realizada en Galicia coa finalidade de coñecer o nivel do alumnado en cada unha das cinco áreas da competencia dixital, tanto en coñecemento como en actitudes, así como as posibles diferenzas entre eles en función do hábitat, o centro e as características sociofamiliares (Martínez, Gewerc & Rodríguez, 2019). Os resultados recollidos permítennos ver que:

  • Existe unha alta disposición de dispositivos dixitais (ordenadores, teléfono móbil, conexión a intenet, etc.), non obstante, a maioría do alumnado usan estes medios de forma lúdica e para o seu propio lecer e entretemento.

  • Algún destes datos poden servirnos para axudar ao alumnado a desenvolver a súa competencia dixital. Por exemplo, os videoxogos provén de recursos simbólicos para construír ou expresar a súa propia identidade, ao mesmo tempo que ofrecen a posibilidade de acceder a novas formas de lectura e escritura. 

  • Con respecto á competencia dixital, a peor área é a de creación de contidos, e as seguintes áreas similares en puntuación son a de resolución de problemas e a de información. 

 

Algúns factores como o contexto, o nivel académico da nai e algúns hábitos como a lectura, median no desenvolvemento desta competencia. É dicir, algúnhas das áreas da competencia dixital na que se observaron peores resultados, non son desenvoltas nas propostas curriculares, de modo que o aprendizaxe destas áreas queda en mans do contexto sociofamiliar, que depende do capital cultural das familias, das súas posibilidades e limitacións, etc. potenciando unha desigualdade de oportunidades que aumenta esta brecha dixital, como nos casos de Jaime e Bieito: dous preadolescentes pertencentes a contextos socioculturais desfavorables en 6º de Primaria que presentan dificultades en diversas áreas da competencia dixital. A maiores, a falta de coordinación entre as súas familias e a escola non axuda a esta situación, xa que é imposible un desenvolvemento integral desta competencia sen ter en conta o papel das familias (Fraga, Vila & Pernas, 2019).  

 

En relación a todo isto, o que ven agora a preocuparnos neste preciso momento é: qué pasa con esta brecha dixital ao incorporarse este Ensino Remoto de Emerxencia ante a pandemia mundial do COVID-19?

 

Esta pandemia que obrigou a confinarse nos fogares, pon de relieve a existencia da brecha dixital, pois nesta situación que obriga ós escolares a realizar as súas tarefas a tra´ves dos medios informáticos, a falta de ferramentos e coñecementos dixitais se converte nunha carencia de primeira orde. A maioría deste alumnado viven en poblacións pequenas, en familias monoparentais ou residen en domicilios de cinco membros/as ou máis, sendo este colectivos máis vulnerables (Anónimo, 2020). 

 

Ante dita brecha, a escola é a que ten un rol significativo nas compensación necesarias para mitigar as diferenzas. De modo que é necesario apelar a novos enfoques comunitarios que permiten a plena inclusión dos mozos e das mozas, independentemente das circunstancias e contextos donde crezan (Martínez, Gewerc & Rodríguez, 2019).

 

Referencias bibliográficas:

Anónimo. (2020). El coronavirus ahonda en la brecha digital. Recuperado de: https://www.esdiario.com/568480285/El-coronavirus-ahonda-en-la-brecha-digital.html

 

Anónimo. (2013). ¿Qué es la brecha digital?. Recuperado de: https://www.coaching-tecnologico.com/que-es-la-brecha-digital/

 

Fraga-Varela, F., Vila-Couñago, E., & Pernas-Morado, E. (2019). Aprendizajes ausentes en la Competencia Digital de preadolescentes: un estudio de casos pertenecientes a contextos socioculturales desfavorables. Revista De Educación a Distancia (RED), 19(61).

 

Gewerc, A. & Martínez-Piñeiro, E. (2019). Competencia digital y preadolescencia. Los desafíos de la E-inclusión. Madrid: Editorial Síntesis.

 

Martínez-Piñeiro, E., Gewerc, A., & Rodríguez-Groba, A. (2019). Nivel de competencia digital del alumnado de educación primaria en Galicia. La influencia sociofamiliar. Revista De Educación a Distancia (RED), 19 (61).

 

Serrano, A. & Martínez, E.(2003). La Brecha Digital: Mitos y Realidades. México: Editorial UABC. 

 

 

 
    Nerea Saavedra Fernández

    Nerea Saavedra Fernández

    Estudiante de 3º de Pedagogía en la USC

    últimos comentarios