BLOG 6: Modificouse a forma na que aprendemos pola tecnoloxía? Que din as teorías da aprendizaxe? En que influíu isto na situación que estamos a vivir?

Boa tarde a todas e a todos, como podedes ver, estou por aquí de novo para tratar un tema que me parece de gran interese, sobre todo dada a situación na que nos atopamos. O tema do cal me gustaría reflexionar nesta entrada é a importancia que ten e tivo a tecnoloxía co paso dos anos nos procesos de ensino-aprendizaxe, e polo tanto, como influíu no confinamento no cal nos atopamos dende hai máis dun mes. 

Para comezar a reflexionar sobre este tema, gustaríame remontarme anos atrás, antes de que a tecnoloxía formara parte das nosas vidas, concretamente, cando nacen as tan coñecidas teorías da aprendizaxe. Estas teorías, céntranse nos principios e nos procesos da aprendizaxe, sen valorar o que se está aprendendo, xa que estas reflexan os diferentes ambientes sociais. Deste xeito nacen as tres teorías principais da aprendizaxe: o condutismo, o cognitivismo e o construtivismo. Por un lado, o condutismo considera que a aprendizaxe expresase mediante o comportamento, e dicir, que é imposible entender as actividades internas que ocorren dentro dunha persoa. Mentres que o cognitivismo céntrase no procesamento da información, a aprendizaxe visualizase como unha entrada a memoria a corto prazo ata que é codificada pola memoria a longo prazo para a súa recuperación. Por último, o construtivismo considera que a aprendizaxe crea o coñecemento a través da comprensión das experiencias. 

Como podemos observar, e como mencionei anteriormente, estas teorías céntranse no proceso da aprendizaxe sen apreciar o que se está aprendendo, polo que soamente importa o como se aprende, sen valorar a calidade ou a importancia do que se está aprendendo e si é realmente importante ou necesario. Pero co paso dos anos, a sociedade foi avanzando, e con ela xurdiu a tecnoloxía, polo que consideraron necesario orientar e adaptar as teorías da aprendizaxe a esta nova situación, e de aí nace o conetivismo, o cal considera que a aprendizaxe é un proceso cambiante que non se atopa baixo o control dun individuo, senón que pode residir en dispositivos non humanos, e incluso propón a toma de decisión como un proceso de aprendizaxe en si. 

Como podemos comprobar, as teorías da aprendizaxe, así como a aprendizaxe en si foi avanzando e cambiando as formas de interpretar os seus procesos. Cando máis se puido apreciar este cambio foi coa aparición da tecnoloxía, o cal mudou a forma de ver a aprendizaxe, as teorías anteriores consideraban que esta aprendizaxe soamente podía observarse dentro da persoa, e dicir, na súa actividade interna, pero o conetivismo mudou este parecer, xa que considera que a aprendizaxe pode atoparse en calquera tipo de dispositivo, e incluso non se atopa baixo o control do propio individuo. 

Como todos e todas sabemos, a tecnoloxía modificou en gran medida a forma na que aprendemos, xa que gracias a ela, actualmente posuímos unha gran variedade de recursos para levar a cabo os nosos procesos de ensinanza-aprendizaxe. Dende o comezo dos estudos de pedagoxía, levamos traballando coas TIC practicamente en case todas as materias, en maior ou menor medida, facendo uso de diferentes ferramentas, como por exemplo os LMS (Learning Management Systems), destacando o campus virtual da Universidade de Santiago de Compostela como ferramenta principal. Por outra banda, tamén é necesario ter en conta e destacar a función que posúen as Contornas Persoais de Aprendizaxe (PLE) na ensinanza, xa que é un elemento que lle permite ao alumnado ser o protagonista do seu propio proceso de aprendizaxe, e deste xeito xuntar e gardar todas aquelas ferramentas, recursos, fontes..., que a persoa utiliza para a súa aprendizaxe. 

Por último, destacar a gran importancia que está tendo a tecnoloxía neste confinamento, xa que sen ela sería imposible seguir levando a cabo a nosa formación presencial, que tivo que mudar de maneira repentina a ser a distancia, debido a esta alarma sanitaria. Pero como os estudantes, moitas persoas que poden seguir traballando dende as súas casas gracias a tecnoloxía.

E tras esta reflexión... Que opinades? Sería posible levar a cabo a nosa formación sen a tecnoloxía? Gustaríame saber as vosas opinións! 

Referencias bibliográficas

Adell, J. y Castañeda, L. (2010). Los entornos personas de aprendizaje (PLEs): una nueva era de entender el aprendizaje. Recuperado de https://cent.uji.es/pub/sites/cent/files/Adell_Castaneda_2010.pdf

Siemens, G. (2006). Conectivismo. Una teoría de aprendizaje para la era digital. Recuperado de https://es.slideshare.net/lepirex/siemens2004-conectivismopdf-presentation

    • Cristina Longo Pérez
      Cristina Longo Pérez

      Ola Natalia! A pregunta que plantexas é moi interesante, dende o meu punto de vista, a formación a distancia sen tecnoloxía sería difícil e moi diferente a como a vivimos agora mesmo.

       

      Non dispoñer da posibilidade de comunicarnos a distancia implicaría utilizar recursos en papel. Os profesores poderían enviar semanalmente os contidos a dar explicados para que os alumnos tivesen que leelos pola súa conta na súa casa, e non é mala opción. Pero a inxistencia de comunicación virtual impediría a resolución de dudas inmediata, o intercambio de opinións entre umnos, etc. Tería que facerse todo en formato papel, mediante cartas e o tempo trasncurrido entre envíos sería maior. En conclusión, temos sorte de poder acceder a estes recursos para continuar coa nosa formación nesta circunstancia excepcional.

      • Natalia Paz Prego
        Natalia Paz Prego

        Gracias polo teu comentario Crisitina, é moi interesante a reflexión que fas acerca de como se levaría a cabo a ensinanza no caso de que non existira e tecnoloxía, xa que como ben dis, si podería facerse, pero sería moito máis complicado, conlevaría moito máis tempo e o gasto de recursos en papel sería moito maior, por non decir que a comunicación entre docente-alumnado e alumnado-alumnado sería inexistente. Polo que estamos de acordo en que a tecnoloxía facilitounos a vida en motivos aspectos, sobre todo esta situación tan complexa a que lle tivemos que facer frente. Volvo agradecerche que me fiexeras conocer a túa opinión sobre este tema, espero que te topes ben, saúdos!

        Natalia Paz Prego

        Natalia Paz Prego

        Considerome divertida, traballadora, amable e optimista

        últimos comentarios