Modificouse a forma na que aprendemos pola tecnoloxía?

As variacións que se veñen producindo nos últimos anos na forma de relacionarnos, recibir e compartir información, vivir certas experiencias e, sobre todo, aprender, están fortemente marcadas pola introducción das tecnoloxías na nosa vida. Dende o meu punto de vista, considero que este é un tema no que debemos afondar, posto que se trata dun factor que condiciona de forma radical as nosas aprendizaxes e, en consecuencia, a nosa forma de ser e de estar no mundo.

 

Un dos principais aspectos que se viron modificados na forma de aprender grazas á introducción das tecnoloxías é a autonomía dos educandos. Esta viuse profundamente incrementada e reforzada posto que o aprendiz pasa de ser un mero receptor de información a ser un suxeito plenamente activo na súa educación ó desenvolver os papeis de buscador, editor, adaptador e creador de contidos (Adell e Castañeda, 2010) nas plataformas que se atopan á súa disposición grazas ós novos recursos tecnolóxicos. Así mesmo, o suxeito autorganiza as súas aprendizaxes e adáptaas ás súas necesidades, polo que estas se ven personalizadas de forma que o educando sexa quen regula o que aprende tendo en conta os seus propios intereses, coñecementos e habilidades previas. Como podemos observar na Figura 1, cada vez as persoas somos máis autónomas nas nosas aprendizaxes, valéndonos da tecnoloxía para tal fin. 

 

Figura 1

A autonomía na aprendizaxe.

Fonte: varunkul01 (pixabay.com)

Por outra banda, debemos tamén destacar que as fronteiras entre o que se considera educación formal, non formal e informal se están vendo modificadas de modo que cada vez son máis difusas (Adell e Castañeda, 2010). Nun contexto dixital, ó contrario que nun espazo físico, resulta moi complicado discernir entre estes tres tipos de educación, posto que as características se misturan e complementan unhas a outras continuamente, sen necesidade de poñer barreiras a cada un deles segundo o tipo de apredizaxes que se adquiran. 

 

Por último, gustaríame facer fincapé en que mentres a tecnoloxía, a sociedade e, en consecuencia, a forma de aprender avanzan a un paso acelerado, parece que a educación formal non se adapta tan rapidamente ós cambios, intentando sempre trasladar as metodoloxías máis tradicionais a un contexto dixital. Deste modo, prodúcense situacións como as que están sendo expostas polo profesorado de Galicia durante este período de confinamento sanitario. Por exemplo, as dificultades que existen para utilizar as aulas virtuais, xa que moitos docentes non teñen experiencia para desenvolverse en plataformas dixitais deste tipo, o que nos permite comprobar a repercusión que toma a fenda dixital nas aulas galegas (Galicia Confidencial, 2020). Isto conduce a sospeitar que o profesorado non está disposto ou suficientemente formado para levar a cabo o cambio metodolóxico que resulta esencial para educar e facer posible as aprendizaxes facendo uso dos recursos tecnolóxicos.

 

En definitiva, creo que se modificou considerablemente a forma na que aprendemos pola tecnoloxía, incrementando especialmente a autonomía da que dispoñen os suxeitos na súa propia educación e as posibilidades que estes teñen para aprender dunha forma máis acorde coas súas necesidades. A pesar de que, polo momento, non todas as institucións se souberon adaptar á incorporación das tecnoloxías ó servizo da educación, é posible que esta fenda dixital se reduza formando ó profesorado en alternativas metodolóxicas que permitan educar ó alumnado más alá das formas tradicionais. 

 

Referencias bibliográficas

 

Adell Segura, J. & Castañeda Quintero, L. (2010). Los Entornos Personales de Aprendizaje (PLEs): una nueva manera de entender el aprendizaje. En Roig Vila, R. & Fiorucci, M. (Eds.), Claves para la investigación en innovación y calidad educativas. La integración de las Tecnologías de la Información y la Comunicación y la Interculturalidad en las aulas. Stumenti di ricerca per l’innovaziones e la qualità in ámbito educativo. La Tecnologie dell’informazione e della Comunicaziones e l’interculturalità nella scuola. Alcoy: Marfil – Roma TRE Universita degli studi.

 

Galicia Confidencial. (24 de marzo de 2020). Denuncian a inutilidade da plataforma virutal educativa da Xunta para educar ao alumnado a distancia. Galicia Confidencial. Recuperado de http://www.galiciaconfidencial.com/ 

 
    • Gabriela Moreira Pérez
      Gabriela Moreira Pérez

      Hola Miriam!!

      La tecnología claramente ha supuesto un cambio en la forma en que aprendemos, ya que trae consigo una inmensidad recursos que, bien empleados, suponen grandes ventajas en el proceso de enseñanza-aprendizaje.

      Hoy en día es muy sencillo acceder a blogs, investigaciones, páginas web, etc. Esto nos permite llevar a cabo aprendizajes autónomos, como bien comentabas tú. Asimismo, cabe destacar que son muchos los proyectos que se han llevado a cabo para integrar las tecnologías en las aulas. Y, a pesar de que no han sido del todo eficaces hasta el momento, si han obligado a realizar ciertos cambios. El proyecto Abalar es un claro ejemplo de ello. Igualmente, si te interesa conocer algo más sobre estos proyectos puedes echarle un vistazo a mis dos últimos blogs, donde hablo sobre los proyectos autonómicos y estatales. 

      Finalmente decirte que, al igual que tú, considero que una formación continua del profesorado permitirá que estos sepan llevar a cabo estrategias metodológicas acordes a los tiempos y necesidades actuales.

      Un saludo!

      • Miriam Otero Aguete
        Miriam Otero Aguete

        Ola Gabriela! 

        Tras ler os teus dous últimos blogs sobre os proxectos autonómicos e estatais para a integración das TIC, cheguei á conclusión de que ambas compartimos unha postura moi semellante acerca da necesidade dun cambio metodolóxico se queremos que a introducción das TIC nos centros educativos sexa realmente efectiva e proveitosa. Así mesmo, gustaríame facer fincapé en que, como ben dis, o profesorado é o piar fundamental para que estas iniciativas teñan éxito, polo que a única forma para asegurar un cambio metodolóxico en condicións é formar ó profesorado para tal fin. 

        Un saúdo!!