BLOG 7. Proxectos para a mellora da competencia dixital

Seguindo na mesma liña do blog anterior e da importancia das competencias dixitais hoxe en día, nomearei algúns dos proxectos actuais para a mellora e adquisición destas competencias tanto para o alumnado como para os/as docentes.

En primeiro lugar nomearei ao proxecto CRISS que ten como obxectivo brindar a mestres/as e estudantes a oportunidade de ter as habilidades e competencias dixitais necesarias nos campos académico e profesional do século  XXI, incluída a demanda do uso das TIC para operar a través dunha plataforma online á que, previa inscrición no proxecto, poden acceder tanto estudantes como profesorado. As principais materias tratadas son Informática, Xeografía, Historia e Matemáticas, e tamén se tratan outras como Educación Cívica, Física, Artes, Ciencias Sociais, desenvolvemento sostible e educación audiovisual. Con isto, na situación de confinamento que estamos a vivir é unha forma de que o alumnado a vez que aprende das materias curriculares tamén adopta esas competencias dixitais que necesita sen perder a continuidade do curso; por iso, é unha boa oportunidade de que as institucións educativas o puxeran en práctica.

O compoñente principal fará uso das solucións tecnolóxicas existentes:

-ePortfolio , é o lugar onde converxen todas as actividades realizadas.

-Magellan, unha plataforma para experiencias de realidade mixta baseada en xeolocalización.

-Portabily, unha ferramenta de creación de contido multimedia.

Un dos obxetivos educativos que pretende é poner a disposición da sociedade novos componentes, ferramentas e servicios para o uso en escenarios de aprendizaxe dixital e de carácter aberto.

Por outra parte temos ao proxecto Talking  pictures.  É un proxecto  eTwinning  que involucra aos estudantes de educación infantil a empregar fotos e vídeos como linguaxe para comunicar e interpretar as historias que lles gustaría contar. Os nenos aprenden que as cousas non sempre son o que parecen e as fotos pódense manipular para mostrar diferentes puntos de vista.

Como diciamos no anterior blog é imprescindible que o desenvolvemento da competencia dixital debíase de comezar a unha idade temperá, pero as decisións sobre os tipos de tecnoloxías e o tempo que se dedica a elas debería considerarse coidadosamente sobre todo nos nenos/as. No video amósase a metodoloxía do proxecto dunha maneira mais visual (https://youtu.be/zOr4u61KUGI)

Este proxecto pode ser unha ferramenta útil sobre todo en tempos de confinamento xa que os nenos e nenas poden empregarla para contar cómo están vivindo o estar encerrados na casa, a qué xogan, qué fan para entreterse e ata poden empregar a fotografía para sacar fotos dos seus debuxos e compartilos cos seus iguais.

Por outra banda, tamén existen distintos proxectos para que os/as docentes desenvolvan as súas propias competencias e como aprenden a utilizar o conxunto de recursos, ferramentas e programas que se utilizan para acceder, producir, editar e compartir información a través de diferentes soportes e en diferentes formatos.

Neste caso, presentarei o Proxecto  metp 2.0. E- Twinnig ofrece unha plataforma aos equipos educativos (profesorado, equipos directivos, persoal de biblioteca, etc.) dos centros escolares dos países europeos participantes, para comunicarse, colaborar, desenvolver proxectos e compartilos. A través desta iniciativa axúdase a identificar o nivel de competencia dos docentes coas TIC supervisando os seus avances no tempo, inspirando aos docentes para pensar nas distintas maneiras que se pode ensinar coas TIC e identificar en que área poderíalle interesar mellorar tanto dixitalmente, pedagóxicamente e de maneira colaborativa.

En definitiva, considero que é imprescindible invertir tempo neste tipo de proxectos innovadores e que poden sacar moito partido a formación dos estudantes no seu ensino-aprendizaxe.  Como pedagogos/as temos que lograr crear proxectos deste tipo para promover a capacidade de construír nas persoas, que tomen as súas decisións para solucionar problemas de forma individual e grupal facendo uso reflexivo das TIC para o desenvolvemento destas competencias ademáis de promover o aprendizaxe personalizado gracias a unha tecnoloxía aplicada que se adapta as demandas educativas específicas do alumnado.

Referencias bibliográficas:

(11 de septiembre de 2017). Desarrolla tus competencias docentes con eTwinning gracias a MeTP 2.0. Recuperado 26 de marzo de 2020, de eTwinning website: http://etwinning.es/es/desarrolla-tus-competencias-docentes-con-etwinning-gracias-a-metp-2-0/

(s.n.).(11 de junio de 2018). Proyecto criss: una iniciativa pionera para impulsar las competencias digitales en el aula ¡súmate! [Andalucía es digital]. Recuperado de:  https://www.blog.andaluciaesdigital.es/proyecto-criss-competencias-digitales-en-el-aula/

Webgrafía:

Recuperado de: https://ourtalkingpictures.wordpress.com/

 

    • Miriam Otero Aguete
      Miriam Otero Aguete

      Ola Raquel! 

      Este blog pareceume especialmente interesante e curioso por dous motivos. O primeiro deles é que eu mesma descoñecía este tipo de iniciativas, e o segundo, moi ligado ó primeiro, é que me chama a atención que propostas tan interesantes e útiles como as que acabas de presentar non sexan coñecidas e empregadas por unha grande cantidade de centros educativos. Considero que proxectos como CRISS ou metp 2.0 deberían estar á orde do día, xa que a competencia dixital resulta fundamental tanto para o alumnado como o profesorado e, aínda a pesar de estar boa parte do noso tempo en contacto con recursos tecnolóxicos, non temos desenvolvidas todas as competencias dixitais que son necesarias para facer un uso adecuado deles. 

      Para finalizar direi que a nosa labor como pedagogas ten que incluir a creación de proxectos coma este, coma ben dis, pero tamén promovelos e facer fincapé na súa importancia, xa que, tal como me acaba de pasar a min, da igual que existan se os seus destinatarios non son coñecedores deles e da súa relevancia. 

      Un saúdo!