Brecha Dixital = Brecha Educativa (Actividade 4)

Neste blog, adicado a tratar o tema de brecha dixital en épocas de confinamento, falarei sobre o propio tema, así como unha pequena análise do preparado que está o sistema educativo público ante a diversidade de situacións e condicións socias do seu alumnado.

 

Estes días de cuarentena están servindo para que se manifeste de xeito xeral a gran brecha dixital que existe no noso país, onde o 13,2% da poboación galega (unhas 350.000 persoas, aproximadamente) teñen unha moi pobre conexión á rede, ou esta é inexistente (Compostela24horas, 2019). 

 

Esta realidade evidenciouse estes recentes días debido ó intento razoable de que os centros educativos seguiran a súa docencia de xeito telemático, a través da rede, e esta idea, na práctica, presentou problemas en todos os cursos académicos, dende a educación básica ata a superior, debido ó gran número de alumnos e alumnas que, por un motivo ou outro, non dispoñen dos recursos necesarios para continuar coa docencia de xeito telemático. Polo tanto, e como indica UNICEF (2020) o que antes era unha brecha dixital, agota tamén unha brecha educativa, xa que a primeira desigualdade social (dixital) desemboca inevitablemente na segunda (educativa).

 

Como indica o estudo de Gewerc, Groba e Martínez (2019) sobre as competencias dixitais do alumnado galego de 6º primaria, vemos que, sobre a mostra que se fixo a investigación, o alumnado dispoñía, na súa gran maioría, de dispositivos tecnolóxicos, onde predominaba a televisión, internet, ordenador e o móbil con conexión internet. Debido a isto, na resolución deste estudo indican que a falta de recursos non é un dos problemas para a competencia dixital do alumando galego, o que é certo se te guías polos datos recollidos. En relación con isto quero comentar dúas cousas: a primeira, a porcentaxe da mostra que dispoñía de internet e ordenador na casa non foi do 100%, polo que sempre que a totalidade do alumnado non dispoña das mesmas condicións, a brecha dixital vai existir; e segundo, nos casos que afirmaban ter conexión a internet na casa, habería que ver de que calidade é a mesma, porque a conexión que chega ó rural galego non é a mellor, podo decilo por propia experiencia, que na maioría dos días que chove (como é o caso de hoxe, cando estou redactando isto) internet caéseme seguido e perdo a conexión. 

 

Con todo isto, e como se indica no estudo xa comentado (Gewerc, Groba e Martínez,2019) e noutra investigación relacionada basada nun estudo de casos (Fraga, Pernas e Vila, 2019): a brecha dixital e o contexto familiar son dúas variables estreitamente relacionadas, como podemos apreciar nos dous casos estudados en profundidade na investigación de Fraga, Pernas e Vila (2019). Os dous casos estudados na investigacións caracterizábanse por vivir nun contexto socieconómico que, por decilo dalgún xeito, non é o ideal. A pesar de contar os dous con dispositivos tecnolóxicos, estes non era empregados do mellor xeito, xa que non había unha supervisión por parte do pai/nai/titor legal. Polo tanto, como ben se explica no informe, as circunstancias sociais, persoais e escolares xeran limitacións para participar de xeito crítico no mundo dixital. Polo tanto, a brecha dixital é unha realidade dos nosos tempos, o que, indudablemente, xera que a nosa educación sexa desigual.

 

Dito todo isto, chegamos á situación actual de confinamento, onde o único xeito para que siga a educación reglada é de xeito telemático, xa sexa envío de traballos a través de plataformas como moodle ou correo electrónico, aulas telemáticas mediante videochamadas…; o que está xerando unha desigualdade educativa debido á brecha dixital, a cal podemos ver todos os días nas novas dos xornais ou nas redes sociais. Sen ir máis lonxe, na nosa aula hai alumnas que teñen problemas coa conexión á rede nos seus fogares, o que lles dificulta enormemente continuar co docencia e a realización de traballos e titorías.

 

Como xa teño comentando en outros blogs, como son o de Como podería ser a ensinanza do futuro? Importancia dos espazos na educación. e o de COVID-19 e a cuarentena 'tecnolóxica', nos cales falo sobre a brecha dixital e que vos invito a ler, vivimos nunha sociedade desigual e, mentras que isto non se solucione, seguirá existindo unha brecha na educación. Por sorte, un do motores principais para conseguir este cambio é a propia educación, pero para iso precisamos uns e unhas profesionais da educación competentes e comprometidos co cambio social, así como tamén precisamos un sistema educativo con recursos, que tente reducir todas as desigualdades que existen nos fogares de todo o alumnado.

desigualdade (inequality)

Agora é o voso turno, que opinades vos sobre este complexo tema que é a brecha dixital? Estarei encantodo de ler os vosos comentarios! Saúdos e unha aperta.

 

Bibliografía:

 

 

Gewerc, A., Martínez, E. e Rodríguez, A. (2019) Nivel de competencia digital del alumnado de educación primaria en Galicia. La influencia sociofamiliar. RED. Revista de Educación a Distancia. 01(61), 1-25. 

 

Fraga, F., Pernas, E. e Vila,E. (2019) Aprendizajes ausentes en la Competencia Digital de preadolescentes: un estudio de casos pertenecientes a contextos socioculturales desfavorables. RED. Revista de Educación a Distancia. 04(61), 1-18.

 

La brecha digital todavía afecta a más de 357 mil gallegos (27 de xullo do 2019) Compostela24horas. Recuperado de: https://www.compostela24horas.com/texto-diario/mostrar/1480596/brecha-digital-todavia-afecta-357-mil-gallegos

 

UNICEF (2020) La brecha digital impacta en la educación. Recuperado de: https://www.unicef.es/educa/blog/covid-19-brecha-educativa

 

Imaxe de Creative Commons recuperada de: https://www.pexels.com/es-es/creative-commons-images/  1200px-Cc.logo.circle.svg.png

 

 
    • Estela Fuentes Regueiro
      Estela Fuentes Regueiro

      Hola Diego!

      En primeiro lugar gustaríame felicitarche polo teu blog, é moi interesante, con moita información complementaria para buscar sobre o tema, ademais de que deixas moi claro a que nos referimos co termina de brecha dixital así como de cal é a súa concepción real ao comparalo coa situación actual que vivvimos.

      Por outra parte os datos que aportas sobre a cantidade de xente que presenta dificultades para obter unha boa conexión ou a rede ou simplemente ter acceso a ela, xa que polo que nos contas incluso hai xente que en pleno século XXI  e en edio da era dixital non pode pusuir acceso a rede como os demáis.

      Tamén estou de acordo contigo respecto a que grazas ao confinamento e a situación de emerxencia que vivimos todo este problema saiu a luz cousa que leva anos pasando e que nunca antes se falara de iso ou se porcurara poñerlle solución, por eso espero que a partir de ahora todo iso cambie para poder facer así da brecha dixital = brecha educativa comparación por certo que tamen me parece moi inxeniosa e orixinal, xa que é unha ilustración real da situación que provoca a brecha dixital, porque como citas e indica UNICEF (2020) o que antes era unha brecha dixital, agota tamén unha brecha educativa, xa que a primeira desigualdade social (dixital) desemboca inevitablemente na segunda (educativa).

      Un saudo!

      • Patricia Rabuñal
        Patricia Rabuñal

        Hola Cerviño, me ha parecido muy interesante tu blog, la verdad que la frase de que la brecha digital, ahora pasa a ser brecha educativa, para mi parecer es demoledora, ya que es una realidad.

        Cuando me estuve informando sobre este tema para hacer mi blog, llegué a la conclusión que muchos artículos se centraban solo en las personas que viven en pueblos o aldeas, que son las que más sufren esta brecha educativa, que no les quito razón. Pero creo que también hay que recalcar que no es solo un problema que pase en pueblos o aldeas, que también pasa en la ciudad, y es raro que un estudiante que tiene internet no sepa de algún otro que no lo tenga. Por eso, creo que es importante que cuando acabe el estado de alarma, y volvamos a la normalidad, se trabaje mucho sobre esto, ya que, como pudimos comprobar no estamos 100% preparados, tecnológicamente hablando, para que todo el alumnado pueda realizar las actividades académicas a través de Internet.

        Un saludo amigo!

        • Claudia Ledo Gonzalo
          Claudia Ledo Gonzalo

          Buenos días Diego! Creo que has hecho un blog muy necesario, ahora más que nunca por la situación en la que nos encontramos (aunque siempre hayan existido) emergen las desigualdades y sus consecuencias. Igual que a Estela y a Patri, la reflexión de UNICEF (2020) sobre la brecha digital me ha parecido reveladora de una realidad que de ninguna manera debe obviarse; de la misma forma que como dices, se ha vuelto más que evidente, la urgencia de que el sistema educativo público analice su propia preparación para la diversidad de situaciones y condiciones sociales de su alumnado.

          Un abrazo.

          • Adela Abeijón Villanueva
            Adela Abeijón Villanueva

            Buenos días Diego. Al igual que mis compañeras creo que es un tema que tenía que hablarse y del que teníamos que dar nuestra opinión. Personalmente no estaba al tanto de los datos que aportaste en este Blog pero si conocía la existencia de problemas con la tecnología que muchas personas están teniendo en este momento para seguir su formación y aprendizaje. Creo que es algo que no se debe obviar en un futuro. Es cierto que, como dije en la clase interactiva de esta semana, todas las personas tuvimos que hacer una adaptación forzosa porque esta situación fue inesperada y rápida, pero no todo el mundo pudo adaptarse de la misma manera. En nuestra caso, como estudiantes de la Universidad de Santiago de Compostela, está claro que el análisis que se realizó para conocer nuestra dificultades como alumnos y alumnas, a mi parecer fue escaso, y en muchas ocasiones la empatia brilló por su ausencia. Son muchos los movimientos que estamos viendo a lo largo de este confinamiento por las redes sociales de muchas universidades sobre esta brecha digital que está dando lugar a cómo bien dices una brecha educativa. Creo que es muy necesario que cuando todo vuelva a la normalidad se hable este tema y se analice, como bien dice Claudia, las condiciones personales del alumnado y las condiciones del propio sistema educativo a la hora de estar preparado para proporcionar esa formación telemática. Más que una crítica esto es una reflexión de que nadie estaba preparado al 100% para esta situación: ni tecnológicamente, ni emocionalmente. 

            Espero que se reflexione sobre esto en un futuro. Gracias por tu Blog!!!

            • Diego Cerviño Cerviño
              Diego Cerviño Cerviño

              Moitas grazas polos vosos comentario, concordo totalmente co que me decides, Estela, Claudia, Patri e Ade! É un pracer ler as vosas opiniós e alégrome moito que vos gustara a miña entrada.

              Respecto ó que me comentades de que cando acabe todo isto (esperemos que pronto e ben) non podemos esquecer esta situación e temos que loitar para que esta brecha, dixital e educativa, vaia desaparecendo. Pode semellar unha utopía loitar por iso, pero como dixo Steve Jobs, 'son os/as tolos/as que pensan que se pode cambiar o mundo, son os/as que o cambian.'

              Moitos bicos a todas e grazas de novo polas vosas opinións.

              • Yago Couce
                Yago Couce

                Leer tú blog me hizo recordar a un tweet que leí hace no mucho, cuando se hizo viral #AsíNonUSC, de una chica que decía que cuando estudiaba de pequeña le repetían que siendo de un pueblo tan pequeño no podría estudiar medicina, y que por primera vez eso era una realidad. Estas situaciones tan fuera de lo común nos hacen darnos cuenta de que quizás nuestra realidad no es lo común y que la educación no es un privilegio, es un derecho y nos hace dudar de si es la educación la que no está preparada para un mundo tecnológico y si tecnología no está preparada para la educación.

                Dentro de un mismo país, de una misma comunidad, provincia, ciudad y cada familia son casos únicos y la brecha es palpable de una forma muy clara, debemos por tanto como futuros educadores reflexionar sobre donde reside la igualdad y que podemos hacer nosotros para que esta no se vea condicionada por los recursos económicos, donde vivas o la suerte que tengas.

                Muy buen blog, un saludo Cervi.

                • Diego Cerviño Cerviño
                  Diego Cerviño Cerviño

                  Moitas grazas polo teu comentario, compañeiro! Antes de nada decir que para min é un autentico orgullo recibir un comenterio do mesmo Yago Couce.

                  Agora xa en serio, está moi claro o que dis e penso que esta desigualdade cada vez é máis palpable debido ó emprego de nova tecnoloxía na educación, a cal é custosa. Está claro que mercar libretas, folios e bolis, dentro do que cabe, é factible para unha familia; pero pagar a tarifa de internet mes a mes e ter un ou varios ordenadores, non o é tanto. Por todo isto, e como ti comentas, temos que reflexionar sobre onde reside a igualdade para que esta non se vexa condicionada polos recursos económicos, ou outros factores.