Blog.6.Proxectos autonómicos e estatais para a integración das tecnoloxías nas institucións educativas. Ten sentido que se inverta o diñeiro dos contribuínte niso? (2º parte).

    Rocío Ramos Lamela
    Por Rocío Ramos Lamela

    Pouco a pouco parece que á situación vai mellorando e é grazas a labor de todas e todos os sanitarios e demais traballadores que cada día se esforzan máis para que todos nos sintamos seguros, pero tamén é importante recordar que o nos quedando na casa tamén estivemos axudando para nun mes xa nos podamos acercar máis aos nosos seres queridos.

    Hoxe subo a segunda parte do blog da semana pasada sobre os proxectos autonómicos e estatais para a integración das tecnoloxías nas institucións educativas, pero concretamente no blog de hoxe imos centrarnos nas competencias das Comunidades Autónomas.

    Cabe destacar, que cada Comunidade Autónoma desenvolve diferentes proxectos co fin de lograr unha introdución das TICs a través de infraestruturas adecuadas e plataformas dixitais.

    A integración das TICs non foi igual en todas as Comunidades Autónomas, nesta ocasión imos tratar só a Comunidade de Galicia.

    A política autonómica vixente en Galicia concretase no Proxecto SIEGA (Sistema de Información de Educación Galega) que nace no 1998, como unha resposta á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, tratando de conseguir a completa integración da comunidade educativa galega na Sociedade da Información. Trata de cubrir de forma integrada e integral todas as necesidades do sistema e servizos informáticos e de comunicacións tanto para funcións administrativas como pedagóxicas. Os seus principais obxectivos son:

    • Implantar as novas TICs para toda a comunidade educativa galega de modo xeneralizado e integrado.
    • Dotas aos centros docentes e á administración educativas das infraestruturas necesarias.
    • Adaptar o proceso de xestión académica e administrativa ás citadas tecnoloxías.
    • Dotar ao sistema educativo das ferramentas adecuadas para o aproveitamento didáctico e pedagóxico das TICs.

    O proxecto SIEGA da un servizo a 386.224 alumnos, 37.546 docentes, 1.200 funcionarios e a 1.732 centros educativos en 988 locais. Está integrado por cinco sistemas:

    1. Servizo Educativo Multimedia (SEM).
    2. Xestión Administrativa de Educación (XADE).
    3. Rede de Educación Galega (REDUGA).
    4. Portar de Recursos Educativos.
    5. Plataforma de Teleformación Galega (PL@TEGA).

    Outro proxecto importante na Comunidade de Galicia é o proxecto Abalar, este proxecto foi feito para a integración plena das TICs na práctica educativa de Galicia, como unha das áreas de intervención da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

    O proxecto Abalar inclúe e integra todas as iniciativas no ámbito educativo, xuntando os esforzos de cara á modernización e mellora da educación como parte da estratexia transversal do Goberno galego de promoción das TUCs a todos os sectores da actividade, recollida no marco da iniciativa da modernización.

    Abalar recolle, suma e incrementa os recursos existentes para alcanzar a resposta integral e de futuro do Goberno galego aos retos que presenta a educación das nenas e nenos da sociedade dixital do século XXII.

     

    Referencias bibliográficas

    Información del Proyecto Abalar. Una estrategia global e integradora. (s.f.). Recuperado de: https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/es/espazo/proxecto-abalar/introducion

    Martínez, M. (2006). Políticas autonómicas para la integración de las TIC en centros educativos. Revista Latinoamericana de Tecnología Educativa, 5(2). 97-112 https://core.ac.uk/download/pdf/72044255.pdf