Blog 8: Software e os seus tipos.

En relación coa actividade que tivemos que facer esta semana, documenteime un pouco sobre o tema. Que é un software?, Qué tipos de software existen?, Cales son as súas diferenzas?.

En primeiro lugar é necesario entender que é un Software, o cal foi inventado por John W. Tuque en 1957, este sería como o cerebro no noso corpo, pois o Software é o equipo lóxico dun ordenador permitindo así a este o seu funcionamento. O Software componse por un conxunto de programas, os cales están deseñados para cumprir unha determinada función dentro de un sistema.

Existen varios tipos de Softwares primeiramente voume a centrar nos que tratamos na actividade os Software libre e o Software propietario.

Según GNU, entendese por Software libre, “é unha cuestión de liberdade dos usuarios de executar, copiar, distribuír, estudar, cambiar e mellorar o software. Os usuarios dos programas teñen catro liberdades esenciais.”

1.    Liberdade de utilizar o programa con calquer propósito.

2.    Liberdade de estudiar e cambiar o programa.

3.    Liberdade para axudar a outras persoas redistribuíndo copias.

4.    Liberdade de distribuír copias modificadas.

Mencionarei 3 vantaxes e 3 desvantaxes sobre o Software libre:

 

VANTAXES

DESVANTAXES

Baixo coste de adquisición

As veces o usuario debe ter coñecementos de programación

Seguridade en datos persoais e privacidade

Non pose garantía

Adaptación do Software

Necesidade de dedicar recursos a reparación de erros

 

Pola súa contra, a Fundación para o Software Libre (FSF) aplica o concepto de Software propietario a calquer software que non é libre, “ refírese a calquer programa informático no que os usuarios teñen limitadas as posibilidades de uso, modificacións ou redistribucións¨.

É dicir a diferencia do software libre, este non respecta a liberdade dos usuarios.

Mencionarei outras 3 vantaxes e outras 3 desvantaxes sobre o Software propietario:

 

VANTAXES

DESVANTAXES

Persoal moi cualificado

Secreto do código fonte

Control de calidade

Cursos de aprendizaxes costosos

Software para aplicacións moi específicas

Imposibilidade de compartir

 

Outros tipos de software poden ser :

·         Software de sistema: é o programa que permite a execución das aplicacións necesarias para que un sistema opere da mellor forma posible.

·         Software de programación: son todas as ferramentas que permiten o desenvolvemento dun novo software, permitindo programar ao programador, é dicir non soen ser utilizados polo usuario final.

·         Software de aplicación: son aqueles programas que realizan determinadas tarefas, facilitando o traballo aos usuarios.

 

Unha entrada diferente ao resto, aportando un pequeno resumo do esencial sobre información dos Softwares, espero que lle sirva de axuda aos meus compañeiros, ademais por outra tamén nos serve parte para reflexionar sobre que Software deberíamos usar, vendo as vantaxes e desvantaxes de cada un, aínda que existen moitas máis das que eu nomeei.

Espeleta,C.(2008, agosto 15).Diferencias, ventajas y desventajas entre Software Libre y Software Propietario [Mensaje en blog]. Recuperado de 
 

Significados (2019, agosto 1). Significado de Software. Recuperado de: https://www.significados.com/software/

EcuRed (s.f). Software libre. Recuperado de: https://www.ecured.cu/Software_libre

EcuRed (s.f). Software propietario. Recuperado de: https://www.ecured.cu/Software_propietario

 


 

    • Camila Andrea Sánchez
      Camila Andrea Sánchez

      Hola Lara, 

      gracias a tu post he podido comprender mejor las diferencias entre ambos software. Desde mi punto de vista tiene más libertad de uso el software libre ya que es más fácil compartir o difundir la información. 

      Un saludo 

      • Lara García Santamaría
        Lara García Santamaría

        Hola!!!

        Me alegro mucho Camila de que mi entrada te sirviera como aclaración y opino lo mismo, la mejor opción es el software libre.