Que significa Stellae?

    Irene Pais

    Ola a todas e a todos unha vez máis! Nun primer momento esta entrada ía estar centrada no meu propio proceso de aprendizaxe ao longo da miña actividade nesta rede pero dinme conta dun detalle… parámonos a pensar na súa orixe e desenvolvemento?

    Antes de abordar a miña evolución persoal, considero relevante dedicarlle unha entrada para afondar sobre a principal ferramenta que me axudou neste proceso de aprendizaxe e para iso, debemos remontarnos á súa historia como grupo. Como ben se especifica na súa propia páxina (Grupo de Investigación Stellae, 2019) o Grupo de Investigación Stellae nace a principios de 1997 e atravesa diversas fases das que, a grandes rasgos, destacaría:

    • 1997-1999. Esta etapa caracterízase sobre todo pola realización de tesis doctorais e a estabilidade profesional. Un feito salientable deste período é o seu primeiro proxecto de investigación sobre “Las contribuciones de las instituciones a la profesionalización de los profesores: estudio de sus características en Galicia”. Ademais, no ano 1998, co poxecto do Programa Alfa da Comisión Europea, o grupo proxectouse a outros países, univesidades e grupos.

    • 2000-2004. O grupo Stellae consolídase e abre as súas portas a novos membros. Cabe destacar a realización do Máster Dime durante os anos 2000-2003, xa que pasou a ser o primeiro máster da USC blended-learning.

    • 2007-actualidade.Coordinan varios proxectos en colaboración con diversas universidades. Ademais, dende o ano 2007, o Grupo Stellae é recoñecido como o Grupo de Investigación Competitivo do Sistema Galego de I+D+I.

    Para coñecer un pouco máis sobre eles, deixovos o enlace ao seu vídeo de presentación: http://stellae.usc.es/images/presentacion.mp4

    Pero…cando nace a rede Stellae?  A Rede Stellae nace co cambio de século baixo a xa citada perspectiva Blended Learning (Gewerc, Rodríguez-Groba e Montero, 2016 en Fraga-Varela, F., Rodríguez-Groba, A., e  Alonso-Ferreiro, A., 2019 ).  

    Este concepto de Blended Learning fai referencia, segundo Bartolomé (2004), a unha combinación dun modelo de ensinanza presencial coa tecnoloxía non presencial e toma a súa orixe dos límites que mostraba o e-learning en canto ao seu posible alcance; este método só se podía levar a cabo naqueles casos nos que se posuían certas características necesarias, polo que xorde o interese en encontrar un novo tipo de ensinanza que permita o seu alcance a un maior número de persoas, xurdindo así o Blended Learning.

    Dende o ano 2006, o Grupo Stellae traballa nas asignaturas de diferentes titulacións da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela coa plataforma de código aberto EIGG, aloxada nun servidor institucional. Trátase dunha rede social que inclúe foros de discusión, blogs, micro-blogging no espazo central, detalles do perfil de usuario, listas de amigos, pantalla de actividades, muro persoal, calendario, favoritos e páxinas (Gewerc, Montero e Lama, 2014).

    Búscase romper coa idea do profesorado como unha figura que centraliza todo o coñecemento dunha forma unidireccional  (López-Fernández en Rodríguez-Illera, 2009 en Fraga-Varela, F., Rodríguez-Groba, A., & Alonso-Ferreiro, A., 2019)

    Esta experiencia desenvolveuse en diferentes materias ao longo dos anos, tendo unha maior continuidade na materia que agora mesmo estamos a cursar no noso grao polo que considero relevante ter en conta a súa historia e importancia na nosa rama de estudos.

    E vós, coñeciades a existencia deste grupo anteriormente ou comezáchedes a descubrilo neste curso?  

    Espero que vos resultase de interese!

    Bartolomé Pina, A. (2004). Blended learning. Conceptos básicos. Pixel-bit, (23) 7-20. Recuperado de: http://hdl.handle.net/11441/55455

    Fernández Tilve, M.D. (2007). ¿Contribuyen las TIC a hacer de los profesores mejores profesionales?: ¿Qué dicen los directivos escolares gallegos?. Pixel-Bit. Revista de Medios y Educación, (30) 5-15. Recuperado de: https://www.redalyc.org/pdf/368/36803001.pdf

    Fraga-Varela, F., Rodríguez-Groba, A., & Alonso-Ferreiro, A. (2019). Redes Sociales Académicas y E-Portfolio en el Grado de Pedagogía: oportunidades y resistencias en el proceso de innovación educativa. Barcelona: Octaedro. Recuperado de: http://hdl.handle.net/10045/98877

    Gewerc, A. Montero, M. L. &. Lama, M (2014). Colaboración y redes sociales en la enseñanza universitaria. Comunicar: Revista científica iberoamericana de comunicación y educación, (42), 55-63. Recuperado de: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=4524701

    Grupo de Investigación Stellae (2019) Historia. Recuperado de: http://stellae.usc.es/index.php/es/quienes-somos-28270-es/historia

     
      • Estefanía González Montes
        Estefanía González Montes

        Hola Irene! A verdade sí, o teu blog pareceme super interesante!

        Coma ben dis,  moitas veces pásanos, que comenzamos a utilizar unha ferramenta, aplicación ou obxecto por pura inercia, sen nunca pararnos a  pensar en como se orixinou, ou cales foron necesidades detectadas que a fixeron aparecer. Esto mesmo nos correu ca rede social, pois, simplemente comenzamos utilizala, al menos eu, para o desevolvemento da asignatura. 

        Na miña opinión, considero esta iniciativa bastante inovadora, e son partidaria do seu uso educativo para o desenvolvimento de materias coma esta, pois permite-nos experimentar de primeira man os recursos dixitais e todo o que o seu uso conleva, por non destacar tamén, como unha iniciativa creativa, diferente e motivadora na creación de material, así como, a súa pioneira forma de avaliar. ¡Espero poder manterme activa no futuro!

        Un abrazo virtual (:

      últimos comentarios