Blog 7: Proxectos autonómicos e estatais para a integración das tecnoloxías nas institucións educativas. ¿Ten sentido que se invirta niso?

Boas! Neste blog centrareime no tema dos proxectos autonómicos e estatais para a integración das tecnoloxías nas institucións educativas. Van xa 53 días de confinamento, estudando na casa e realizando traballos diversos, e este feito fixome reflexionar acerca da educación e qué pasaría se isto pasara noutra época, cando non había nada de tecnoloxías … o que nos fai chegar á seguinte pregunta: ¿Ten sentido enton que se invirta en TICs? A resposta é un gran SÍ.

Para comezar farei unha pequena introducción histórica. En España a política en materia de TICs comeza no 1982 cando o goberno inclúe a primeira Subdirección Xeral de Documentación e Información Científica, no seo da Secretaría de Estado de Universidades, que dependía do Ministerio de Educación e Ciencia. Dende ese momento a política de información concíbese como outro elemento da política científica española; os plans de introducción das TICs concentraríanse de forma temporal da seguinte maneira: 

  • 1980-1985: “era informática”, caracterizada por experiencias illadas e proxectos pilotos no ámbito informático.

  • 1985-1988: as admnistracións educativas desenvolveron plans, programas e proxectos institucionais de introducción da informática nos centros educativos.

  • 1988-1992: tendencia a integrar os plans de informática educativa (inclusión dixital).

  • 1992-2000: comezan a realizarse accións coa finalidade de promover e facilitar o acceso a contidos e metodoloxías informáticas de calidade e a xeneralizar o seu uso nas institución educativas.

  • 2000-actualidade: defensa unha política de integración dos medios en xeral e as novas tecnoloxías en particular, onde prime o pedagóxico sobre o tecnolóxico. (integración dixital).

Na Comunidade Autónoma de Galicia destacar neste senso o Proxecto Abalar: Abalar é o proxecto que fundamenta a estratexia para a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia, como unha das áreas prioritarias de intervención da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Esta iniciativa está cofinanciada polo FEDER (Fondo Europero de Desenvolvemento Rexional) e debe ofertar: un ultraportátil para cada alumno, un portátil por aula para a tarefa docente, unha pizarra dixital interactiva, un proxector, un armario para a carga dos equipos e unha rede wifi de alta velocidade.

Como xa dixen anteriormente noutros blogs a sociedade na que vivimos está inmersa de novas tecnoloxías en todas as esferas da vida: laboral, social, educativa, etc. e estaríamos cometendo un gran erro se deramos a espalda a este feito. Actualmente podemos observar que nada sería igual se non tiveramos ao noso alcance internet e diferentes aplicación para continuar coa “ensinanza remota”. Sen embargo existe moitas diferenzas (brecha dixital), tema do que falaremos no seguinte blog.

En conclusión dicir que é preciso que se invirta tanto con recursos económicos como humanos en con respecto á tecnoloxía. Creo que o e-learning debería introducirse e planearse profundamente dadas as circunstancias e en vista de que hoxe en día non estamos ben preparadas.

image




Referencias bibliográficas:

Imaxe recuperada de: https://www.pexels.com/es-es/

 

Martínez Figueira, Mª.E. (2006).   Políticas autonómicas para la integración de las TIC en centros educativos, Revista Latinoamericana de Tecnología Educativa, 5 (2), 97‐112. 

 

Xunta de Galicia. Espazo Abalar. Recuperado de: https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/es/espazo/proxecto-abalar/introducion

 
    • Marta Cerqueiras Cardama
      Marta Cerqueiras Cardama

      Boaas Aroaa!! Concordo contigo en que a inversión pública na integración das novas tecnoloxías é moi importante, sempre e cando se organice dunha maneira correcta e otorgando unha formación tanto instrumental como pedagóxica aos docentes. 

      Creo que actualmente esto último non se está facendo dunha maneira adecuada xa que todas as políticas estatais e autonómicas non responden a estos criterios. E a Administración debería de manter unha comunicación fluida cos docentes para saber as súas necesidades.

      Noraboa polo blog e moi importante a túa reflexión!!

       

      • Lara Celis Núñez
        Lara Celis Núñez

        Moi boaas Aroaa!! 

        Como dicides tanto ti coma Marta, considero que é necesario que se produza unha inversión para integrar as tecnoloxías nas aulas, de feito xa se leva facendo varios anos. 

        Sen embargo a pesar de que xa van varios proxectos tanto a nivel nacional coma autonómico neste ámbito, coma o recente proxecto Abalar, realmente cumpriron a súa función? Houbo realmente moitos cambios no uso das tecnoloxías nas aulas e por parte do alumnado nos seus fogares?

        Con esta pandemia estamos a comprobar, que a pesar de que xa se pasou por varios proxectos deste estilo, séguese sen facer un uso pedagóxico das tecnoloxías nas aulas, a parte de xerar buscas e enviar traballos. Isto en parte, considero que é porque, ademais de invertir nas propias políticas, deberíase invertir tamén en formar ao profesorado para facer un uso efectivo destas, e sacarlle o seu máximo potencial. Así como ter en conta os contextos e necesidades específicas aportadas polos/as docentes á hora de elaborar este tipo de proxectos, para que sexan verdadeirament efuncionais.

        Un saúdo! E espero que todo vaia ben!! 

        Aroa Fiunte Blanco

        Aroa Fiunte Blanco

        Estudante de 3º de Pedagoxía na USC.

        últimos comentarios